O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 29, 2010

OS DOUS ABERTOS DISTE FIND UNIDOS POLO APADRIÑAMENTO DO POLBO PAULIÑO DE PORTONOVO DO ABERTO DO FESTIVAL-ON DE REMOURELLE!!


A gran película dista find arrinca cunha tripla sesión billardeira producidada nos estudos Remourelle-Films e coa participación das grandes estrelas do universo billardeiro chegadas dente tódolos seos do firmamenteo galaico dará arrincque ontra as 16,00 horas a sesión non-stop de cine, billarda e canfurnada , o primeiro pase será o explosivo aberto de billarda do FESTIVAL-ON que será gravado para realizar a tan agardado e desexado "O gran golpe II" , e á noitiña despregaremos a alfombra vermella no camedor da Taberna de Lola para facerlle os honores ó "año Mouro da Parroquial" e outras especialidades de Lola, 8,00 € por barba para unha velada que se pode alongar ate a madrugada de troula polos baretos de Ribadeo acompañado ó Xabarín da Chaira e á Polbiño Pauliño que atención apadriña iste Aberto do Festival-ON aportando uns premios sorpresa dende o máxico e exquisito sul galaico. >> Contacto: 605.316896

E O SÁBADO O POLBO PAULIÑO AGARDA POR TI EN PORTONOVO, NON LLE FALLES E ACHÉGATE Ó PICADEIRO DA ADINA!!


O Auténtico Sanxenxo rebólvese e plántalle cara ó turismo colonial cun atronador golpexo na mesa das terrazas co I Aberto de Portonovo na parroquia de Adina .Os compañeiros da emerxente tribo das Rías Baixas botan a casa pola fiesta para esta ocasión, na que agardan premios a aeito con productos autoctonos tanto do mar como da terruña nun sinfín de categorías, facéndose o gañador absoluto este Sabado , cun auténtico polbazo do sur, porque xa se base, sábado sabadiño , camisa nova e polbiño ...... akí esta o picadeiro billardeiro da ADINA!! Contacto>> 659.553543

AXENDA BILLARDEIRO-ALTER-NATIVA:

-XOVES 29 >> MAGHUA EN LUGO Maghúa , hoxe ás 21 h estarán os pandereteiros da conferencia noroeste bourando no CULTURA ABERTA 2010 nos Xardins da Deputación de Lugo (San Marcos, Lugo) ,

-XOVES 29 >> ZENZAR en directo no Planeta Furancho da Radio Galega Música a partires das 23 h sintoniza o teu dial para sentir o concertazo de fin de temapada no que ademáis é posíbel que escoites o temazo que os xenios de Cerceda realizaron para a República Billarda....dálle!! [ impresionate actuación, pecharon o concerto co temazo adicado á billarda , xa podes escoitarlo akí máis só a hora de concerto e non o total que chegou á hora e media e non se recole íntegro polo momento na web do Planeta furancho ]

-VENRES 30>> , ás 23 hrs, concerto-presentación de "A noite dos cans" na Sala Moon (R/República Arxentina, 35, Santiago), 3 euriños de entrada. Por alí andaremos: Miguel Alonso (voz, guitarra, harmónica e piano), Javier Santana (guitarras), Víctor Méndez (baixo) e David Dapena (batería). E xa vos poderedes facer cunha copia do discoooo. Apertas e vémonos mañá!!!

-SÁBADO 31 CUCHUFELLOS NO ANTROSPINOS DE TARAGOÑA>> Os de Manzaneda andan de esceario en esceario e festival en festival apresentando en directo o seu espectacular single de apoio á revolución billardeira, iste sábado farán chimpar á xente en Taragoña e xa anucian a súa inminente entrada en estudo dentro de dúas semanas para inmortalizar o seu podroso estalo billardeiro no disco República Billarda.

-SÁBADO 31 DE XULLO. Manifestación Antitouradas baixo a lenda “A tortura non é arte nen cultura”. Touradas fóra de Pontevedra. Praza da Peregrina. 20h

quarta-feira, julho 28, 2010

COAS BILLARDAS ENTRE OS DENTES , ASÍ SE APRESENTOU O PODER BOUBA DA LNB EN LITUANIA!!


Sen verbas posíbeis para expresar a emoción por outra victoria sen paliativos ó bloqueio deportivo imposto á LNB dende os medios públicos , só co poder da alianza imaxinativa entre os irmáns de Brisas do Quenllo e da LNB se puido levar adiante ista histórica acción no chan radioactivo de Iganalina ( Lituania ) , o poder das imaxes fala por si mesma, coas billardas entre os dentes así chegaron as pandereteiro-palanadoras das Bouba , con isa irresistíbel actitude quen lle pode dicer que non á poderosa equipa galega??


Refregade os ollos antes de entrar no FOTO-VARAL completo do Aberto de Lituania.


Aquí temos á equipa local Lituana diante das típicas guaguas do país que agardamos pronto translade ó potente equipo ate as nosas terras .


E adiantándose á conexión árabe - billardeira que se está a producir na universidade Aberta de Verán da Gentalha do Pichel donde xa podes adquirir coñecementos de ambas linguaxes , a equipa Turca apresentou o seu potencial no Aberto de Iganalina e incluso temos constancia que varios dos seus palanadores e palanadoras estudan inscribirse na Conferencia NorOeste da LNB para declarar definitivamente a jihad billardeira na Coruña.

E non podía faltan a gran equipa Letona, os veciños querían estar presentes apoiando iste puñetazo na mesa da LNB na europa do Leste e vaia por diante que non será o único, en Compostela xa nos comentou Aitor , o seleccionar xermano de Billarda que está na galiza coma director do equipo técnico de mestres de billarda da Universidade de verán da Gentalha do Pichel, que os seus palanadores están adestrando coma feras para dar o chimpo da Bundesliga á LNB ..... forza estornela , adiante co Varal!!

terça-feira, julho 27, 2010

A LNB , EPICENTRO ABSOLUTO DO NOVO CINEMA INDÍXENA GALAICO!!


KIM JI EUN e Suso dos Remourelle Bulls, dúas entidades fundamentais no movimento do novo cine indíxena billardeiro , a primeira xa a podemos considerar coma a gran exportadora ó continente asiático da forza visual e temática do galiwood e o segundo , convertido xa Remourelle no epicentro indiscutíbel do novo cinema indíxena galico con platós e con enclaves naturais a eito só resta mutalo no Beberlihils Billardeiro donde as estrelas diste novo cimena brutal constrúan as súas paiozas indíxenas , se non o cres , iste venres a partires das 16 h, achégate para o Aberto e filmación do Aberto do Festival-ON ...vas levar que contar!!


Impresionate , o comandante Sardinha invadido pola febre do audiovisual máis salvaxe e extremo e consciente dos pasos históricos que a serpe multicor está dando coa gran presenza no Seixo ( Mugardos ) tamén saca a cámara e ponse a rodar, imaxes que de seguro poderemos ver no seu espazo feisbuk , unha acción que ten que contaxiarse a todos os palanadores e palanadoras para infectar de billardas e paláns as redes sociais e os espazos dixitais nos que cada un habite, one man revolution cantaba Tom Morello dos Race Agaings the Machine , cada muller cada home unha revolución subxace en cada Aberto, se ti podes a LNB tamén pode!!

DE MUGARDOS A SEUL, KIM JI EUN E ERIC OS GRANDES PROTAGONISTAS DA GRAN ARROUTADA GALAICO-KOREANA DAS TERRAS DE BEZOUCOS!!


Kim Ji Eun , a referencial video creadora experimental Koreana puido finalmente chegar á Galiza e asistir ao aberto Bezouqueiro de Mugardos . Alí filmou unha explicación do Subcomandante Daniel da tribo do NorLeste sobre a billarda para depois inmortalizar con imaxes o aberto no que mesmo tomou parte facendo boa isa mítica canción dos diplomáticos de Montealto que se titulaba Arroutada Koreana . Ficou coma toda a tribo Bezouqueira infectada polo perigoso virus billardeiro e adoecendo por continuar practicando tanto na Galiza coma na súa terra natal Koreana para donde leva a semente LNB para nun futuro próximo realizar un posíbel Aberto Galaico-Koreano donde os irmáns da veciña Korea do Norte poderán optar a participar por mor dun visado especial froito das excelentes relacións entre Os Ancares - Pyongyang ambas capitais executicas da República Billarda e da República Popular Democrática de Korea do Norte.


E por se alguén dubidada que a LNB tiña canteira , os acontecementos cada día e cada aberto demóstrano coa forza do xabarín da chaira ferido cunha billarda no pescozo, a gran estrela do NorLeste Eric impúxose aos puntos a Iván palandor de Sanxenxo da mesma idade e fisionamía case clonada ca o palanador ribadense, aquí vos deixamos co gran crónico de acción-reacción que Jose Luis dende o seu zulo de Sanxenxo nos envía , co aviso que un comando disas terras vai estar no Aberto do Festivalón de Remourelle iste venres para tomar impulso de cara ó gran aberto do sábado na súa terra mae , ahí vai a billarda informativa do acontecido no I Aberto bezouqueiro de Mugardos: Semifinal 1: Daniel-Eric (moi desputada, con desemtape, e reempate)Semifinal 2: Reyes-Iván-MarcosFinal: Eric-Iván (moi desputada, con desempate)Campión: Eric (que gaña por primeira vez a Daniel nunha eliminatoria, e depois tivo que suar para vencer a Iván)Subcampión: Iván (na sua segunda participación nun aberto consegue o segundo posto)Resumo: Triunfo da xerazón de 1996. A xente de Ribadeo e a xente de Sanxenxo dominan nos últimos abertos do verán.

segunda-feira, julho 26, 2010

XOSÉ RODIÑO...UNHA GRAN ESTRELA QUE SE REAFIRMA PISANDO FORTE NO ABERTO DA PATRIA EN COMPOSTELA!!


[FOTO-VARAL] Sen dúbida nengunha, niste Aberto Zoqueiro do día da Patria , se tivo un protagonista por activa e por pasiva , ise foi o palanador de Portonovo XOSÉ RODIÑO, moitos pensaban que a alongada sombra de ter un apelido tan sumamente poderoso podería ocultar a súa carreira cara ó estrelato do universo billardeiro por mor de ser irmán de tal , mais o terríbel golpe de XOSÉ RODIÑO, arrincou no fantástico xantar de irmandade LNB no mítico Xa Chegou Compostelán en cuxas esquinas aínda se gardaba o intenso bruar do apoio a Corea do Norte no mundial Sudafrican . Xosé Rodiño inxeríu dinate do seu irmán unha fantástica ración de Zorza untada con queixo derretido que á postre, como se verá no espectacular estalo de Tele-Varal foi fundamental para dar forzas e sobre desetabilizar a Xan nunha hitórica final entre irmáns que catapultou a Xosé ó olimpo das megaestrelas do universo billardeiro.

Mais nas sesión da mañá a LNB estreaba na Alameda Compostelá o seu esplosivo SET-LNB, munición no chan para lista para os kalansnikov galaicos!!

Un Set-LNB no que a estrela absoluta foi o VaralRede hacia o que os palanadores e palanadoras disparaban os seus proxectís, unha sistema de acción que multiplica cada segundo os seus adeptos abríndono camiño cara a intervención billardeira en moitos eventos que ate o de agora por espazo tiñamos betada, ademáis Santi , o criador da criatura montou , un epectacular posto de merchandising billardeiro con chapas, gorras e billardas e paláns que debería podería estar en calqueira festa , mercado mediaval ou futurista. Ponte en contacto e fai que o Set-LNB se achegue á túa vila, aldea ou cidade....

A LNB apunta , e ti disparas!!


E no serán arrincaba no forno de Belvis o Aberto Zoqueiro da Patria , represntación de tódolos frontes na pista de terra , Rafa dos Xarutos , abandoaba por uns instantes a pandeireta e collía o palán para loitar pola Zoca patriótica, atentos porque se estás por lugo iste xoves Rafa e os Maghua todos estarán na cidade das murallas zoupándolle duro.

E non só palanadores militando nas conferencia da LNB , desde Catalunya chegaba Ánxelo, o palandor que xa está movendo os fíos para ise tan desexado primeiro Obert en terras dos paisos cataláns

E de catalunya a Lituania, recen arrivadas da aventura musical-billardeira en Ignalina , as palanadoras de Brisas do Quenllo achegábanse ate Belvís desafiando os jet lag posébel e imposíbel para loitar pola Zoca Patriótica.

Festa á esgalla e ambientazo nun Aberto que se consolida coma referente absoluto nista día da patria en Compostela. a LNB ademáis estuda a posibilidade de en sucesivas edición achegarse máis á carpa do xantar para realizar o Aberto na herba entre o esceario e a carpa.

Xosé Rodiño un gran campión que se viste polos pés e se non o cres , atento ó video estalo de Tele-Varal que se coce dende o hemisferio Rías Baixas donde tantas cousas estan surxíndo, adianto informativo: iste luns no Aberto bezouqueiro de Mugardos Eric dos outros resultou campión e será un dos favoritos pois para o venres loitar no Aberto de Festivalón en Remourlle , un previo de luxo para o sábado invadir Sanxenxo no tan agardado e desexado I Aberto de Billarda das Rías Baixas , palán ergueito adiante co Varal!!

ILUSTRANDO E BILLARDEANDO QUE SON XERUNDIOS!!

Fai uns días saíu no diario Faro de Vigo unha entrevista co colectivo bipolar galico-catalá que responden ó nome de RuAn por mor da inmersión das súas ilustracións no libro "ilustrando que es gerundio" un proxecto editorial a nível estatal que responde ó exemplar fin de buscar fondos para o tratamento de enfermidades raras. Polo momento o doenza billardeira ainda non está diagnosticada como tal pero por se acaso Antón , a parte galega do dueto e aborixe de Vilagarcía , xa adiante que un dos seus proxectos no horizonte é o libro xuvenil ilustrado por el e con textos do gran Xan Rodiño , un Xan Rodiño que xa sabedes publicou varios libros infantís sendo O Lobo , o máis idolatrado por toda a tribo , un lobo que de deseguro pasaría moita fame se agardara a que Xan lle ía proporcionar a comida , atentos á ultimo vontade do gran Palador de Portonovo referida ó seu polémico triunfo no Xabarín da Chaira: Xan Rodiño despois de recibir a información negativa sobre as posibilidades de supiervivencia do xabarin da chaira en livertade transpasa o trofeo ó segundo clasificado que é Daniel, tan só pide que o sacrificio do animal sexa o máis respetuoso posíbel.

DO ABERTO ZOQUEIRO DO DÍA DA PATRIA Ó GRAN ABERTO BEZOUQUEIRO DISTE LUNS DE RESACA EN MUGARDOS!!


Cando menos desacougante o que se vivíu ontes en Compostela , cada quen que faiga o seu análise porque a LNB xa chegaba con el feito da casa , atención á espectacular reportaxe sobre a primeira explosiva acción do Set-LNB que xa ten un feixe de peticións para seguir zoupándolle ás súas maxestades polo país adiante e atención ó acontecido no Aberto Zoqueiro do día da Patria porque a xénese e a xenética Rodiño comeza a facer extragos xa que a revelión carnívora dun dos irmáns DeBoer Galaicos se fixo valer convertindo a XOSÉ RODIÑO en gañador absoluto da exclusiva Zoca Billardeira, ademáis non queda ahí a acousa xa que o centro de alto rendemento de Sanxenso está funcionado a todo trapo , só falta ver a José Luís que chama xa ás portas de ceo e nos informa que o da billarda na Rías Baixas é algo así xa coma a sarna nos coellos: Será Sanxenxo o lugar onde a billarda se profesionalice? En pouco menos dun mes o interés pola billarda multiplicase. Nos perfís das redes sociais os rapaces comezan a usar como fotos principais fotos xogando á billarda, armados cun palán ou en pose de golpeo. Cabe dicir que hai unha gran rivalidade local e que o aberto do polbo vai ser unha auténtica guerra.

José Luis que vai servir de sherpa galaico á video-creadora experimental Coreana Kim Ji Eun , que por problemas na viaxe non puido estar no día da patria con todos nós pero que si vai estar iste luns no Aberto Bezouqueiro de Mugardos para amosarlle o mundo no seu estalo galaico o xeito de vida intenso do indíxenismo billardeiro , Jose Luis , de alimentación vexeta pero de acción omnívora prepara tamén o espectacular estalo de Tele-Varal do Aberto Zoqueiro da patria á vez que nos envía a foto coa maxistral pintada que adorna o coliseum donde iste vindeiro sábado vai haber unha tremenda ensalada de xostregazos por comer ou ceivar o polbiño Pauliño: Envío tamén unha foto da pintada que preside a pista, que por certo é de asfalto, do mesmo que nos leva hoxe a Mugardos do Aberto Zoqueiro á Conferencia Bezouqueira , adiante !!

sábado, julho 24, 2010

MOI MALAS NOVAS....


NÓS NON PECHAMOS!! , todas as pantasmas que alimento fuxiron cando soñei como xogan os deuses e os demos....á billarda [ do tema de Miguel Alonso para República Billarda ] , a morte duns camaradas non se chora, cóllese o palán e síguese a partida!!

sexta-feira, julho 23, 2010

A REALIZADORA KOREANA , KIM JI EUN , ESTARÁ EN COMPOSTELA COA LNB FILMANDO CADA UNHA DAS ACCIÓNS BILLARDEIRAS!!


Por unha ética e estética galaica, é o berro que subxace na exclusiva zoca trofeo diste II Aberto da Patria un estalo patriótico que vai ter coma gran previo a instalación do Set_LNB ( con zoa de gopexo incluida ) dende primeiras horas da mañá mais a gran sorpresa que agarda en ambas accións billardeira é a presenza de calado internciaon é a que nos chega dende o continente asiático xa que podemos confirmar que a referencial realizadora coreana Kim Ji Eun e o seu equipo van estar iste 25 en Compostela para descubir Galiza ós ollos do sol necente dende a brutal prespectica da tribo LNB nun explosivo e inaudito documentário sobre o indixenismo galaico que situará á gran realizadora experimental asiática no Set LNB entrevistando e gravando cada estalo e movimento dos palanadores e palanadores embravecidos e que a levará ate o inferno de Belbís nun serán patriótico no que as billardas da LNB buscarán no hotizonte Kosovar o noso tan desexado Varado. Pes descalzos ou zocas galegas...dá o paso ao fronte , vémonso en Compostela!!

quarta-feira, julho 21, 2010

SET-LNB NA ALAMEDA + II ABERTO DA PATRIA EN COMPOSTELA + ABERTO DA REFESTA DA PATRIA EN MUGARDOS>> PÁSAO!!

ACTOS DE MAÑÁ:
Set-LNB situado Na Alameda dende as 11:00 h

- Exposición de Carteis da billarda
- Mesa de xestión para a Organización e Planificación de Abertos , fai que a sepre multicor da LNB chegue á túa vila, aldea ou cidade....
- Lanzamento de varados contra a Saba-LNB instalada na Alameda
- Venda de material – Billardas e paláns + merchandasing
- No set LNB poderás sentir en exclusiva mundial as xostregadas do recopilatorio República Billarda

ACTOS DO SERÁN:
17 h. Aberto de Billarda no Parque de Belbís

Causa Galiza - Novas da Galiza e a LNB organizan iste segundo aberto nacional de billarda para depois de finalizado o xantar de irmandade en Belbís armar festa rachada co bruar das billardas polo ar donde ó poder e ó brilo das grandes estrelas diste desporto que arrinca chantos e invade leiras se lle unirán tod@s aqueles que queiran achegarse por primeira vez a ista revolución imparábel que percorre o país para loitar pola exclusiva Zoca Galega , trofeo que somboliza o apego absoluto da billarda á terra e á estética propria e autóctona dun país en continua loita contra o colonialismo político , social e económico que sistematicamente sacude as nosas costas....o 25 Atopámonos en Compostela!!

LUNS 26 DE XULLO :

Aberto da Re-festa da Patria no Seixo ( Mugardos) >>O luns depois do día da Patria a tribo Billa non contenta con desfrutar só en Composlela do coctel Patria -Billarda organiza o Gran Aberto da Re-festa da Patria no campo da festa do Seixo (Mugardos). Aí polas 18.00 h materializarase unha nova proposta de aberto bezouqueiro: 1* Aberto do Seixo . Alí nos vemos! . Contacto>> 660.285643 / xmps@hotmail.com

terça-feira, julho 20, 2010

VEXETAS VS CARNÍVOROS , UNHA GRAN LOITA NA CHAIRA QUE REMATA EN POLÉMICA CEIVA!!


Non se pode reflexar mellor a histórica enganchada na chaira que na espectacular descipción diste xa mítico estalo , o equipo de Tele-Varral permanece asexando na porta da corte do xabarin para informarnos do seu futura ceiva mais antes tiveron folgos suficientes para deixarnos iste auténtica xoia da literatura comprima da que tanto gostamos: Titánica loita polo Xabaril de Baltar. No festival da Chaira, Xan Rodiño, escoltado por un exército de vexetas, consegue arrincar das fauces dos carnivoros da LNB o soboroso porco bravo.

CUCHUFELLOS , XA LANZAN A SÚA IRRESISTÍBEL BILLARDA SONORA DENDE O ESCEARIO!!

Mais se á ceiva do xabarín lle emos que por unha B.S.O isa non pode ser outra que o explosivo tema que os Cuchufellos de manzaneda teñen adicado á revolución billarda e co que están facendo zoupar a todo o país en cada un dos seus concertos e a moitos dos que incluso dende a distancia atraidos polos son que desprendes os celulares na madrugada fanlle incluso chimpar da cama e arrobolarse polos sofás coma un burro fariñeiro gañando a cebada. Desfrutade pois dista impresionate video-xoia no que os de Manzaneda se tornan cidadáns de pleno dereito da perigosa República Billarda , disco que xa se poderá escoitar dende as 11:30 no Set-LNB instalado iste domingo día da patria na Alameda de Compostela para despois no serán a iso das 17 h. arrincar co II Aberto da Patria no Parque de Belbís....iste domingo , a pola Zoca galega do II Aberto da Patria!!

A LNB PREPARA A SÚA NOVA E IMPACTANTE PERFOMANCE BILLARDEIRA PARA ISTE DÍA DA PATRIA, ÚNETE Á ACCIÓN!!


Se o ano pasado foi impactante a instalación que a LNB preparou o día da patria na Praza da Galiza xunto cos irmáns de Ceivar, prepárate para iste ano participar activamente na acción que temos preparada dende primieras horas da mañá na propia Alameda de Compostela para continuar espallando o lema de Billarda , patria e loita que cada aberto vimos sostendo e abrazando. Atentos porque o II Aberto da Patria arrincará na Alameda a iso das 11:30 h coa instalación do Set-LNB donde poderás practicar e realizar as xestiósn adecuadas para que a serpe multicor se instale na túa vila, cidade ou aldea.


Un Set-LNB previo ó esplosivo II Aberto da Patria que se desputará na pista de Belbís apartires das 17 h , espazos ambos nos que zoupará como é natural os estalos da máis rabiosa actualidade de música galaicia coma o agardadísimo novo traballo do cantautor-rock e poeta ferrolán con pasaporte da República Billarda que istes días publica e apresenta polo país A Noite dos Cans , O disco pode mercarse en fomato físico (xa á venda en tendas) ou en dixital (dispoñíbel en iTunes, Amazon, E-music...) O vindeiro sábado 30 de xullo Miguel Alonso presentará o seu traballo na sala Moon de Compostela. Podes escoitar aquí algúns dos temas de "A noite dos cans" e se iste domingo te pasas polo set-LNB é moi posíbel que poidas atoparte con el e cos seus cans da noite perpétua....

domingo, julho 18, 2010

O ECOLOXISTA E PALANADOR XAN RODIÑO FAI HISTORIA LIBERANDO DO COITELO O XABARÍN DO ABERTO DO FESTIVAL DA CHAIRA!!


FOTO-VARAL / De Aberto mítico se pode considerar xa o realizado iste sábado 17 nas bravas terras da Pastoriza no espectacular marco do Festival da Chaira , varios círculos que se viñan trazando dende fai xa moito tempo tiveron a súa definitiva trazada, o que moitos se temían no festival da Chaira de producíu...se o coello de Remourelle xa estivo a piques de acadar o seu indulto vai ser o xabarín galaico do festival da chaira quen se libre do coitelo nunha espectacular chanza do sector defensor a ultranza da liberación animal e da alimentación vexeta que colle unha espectacular forza e transcendencia depois que o seu referente absoluto, a mega estrela da LNB, XAN RODIÑO, gañase o porco bravo galaico do Aberto do Festival da Chaira e decidise nun acto inaudito e sen precedente nigún indultar e considerar a súa posibel ceiva nos montes da Pastoriza ....

Calquera acción relativa ó ceiva do xabarin e do seu posibel futuro en libertade será transmitida por medio dun espectacular operativo de TELE-VARAL que xa está custodiando a porta do corte na que o porco bravo galaico agarda xa a súa inminente ceiva.


Unha ceiva que tivo o seu previo cun gran xantar de irmandade na que o Xulio , o representante da LNB en Becerreá e en nome de Causa Galiza realizou unha arenga que veu a por a guinda á petición anterior do gran palanador Flores , veciño e íntimo amigo do histórico nacionalista Antón Moreda , na que lle pedía ó povo galego que abrirá os ollos para alcanzar o máis axiña posíbel a cada vez máis preta meta dun futuro estado galego.

Un xababín galaico que se xogaba en territorio da conf. norleste pero que contou con palanadores e palanadoras chegadas de medio mundo, á palanadora sudafricana nativa da cidade de Durban , uniuselle a equipa italaina que compaxinou a venda de coiro coa practica da Lippa, denominación maioritaria do desporto da billarda na Italia. Mais a delegación con maior preparación e concentración chegaba bañada polas augas do atlántico, O poderoso SanXenxo Palam Systema dirixido pola perigosa dóbel X ( Xan e Xosé ) Rodiño-s , fixo estragos e logrou situar ós seus elementos no máis alto da clasificación , atención porque xa podemos confirmar que o vindeiro 31 de xullo se celebrará o I Gran Aberto das Rías Baixas, entra en contacto para inscribirte e apoiar a iste poderoso golpexo riba da mesa das terrazas de SanXenxo: xmeataxex@hotmail.com


Non tan lexos coma sudáfrica pero cargados coa mesma forza e bravura co povo irmán indíxena zulú que habita aquelas terras , chegaron os palanadores da franquicia asentada en Muimenta que coa súa actitude e co seu xogo que lles fixo acariñar o porco bravo confirman a súa conversión absoluta en Franquicia LNB xa estábel....benvidos e adiante a revolución na Chaira!!


E se o SanXenxo Palam Systema tivo un referente na pista de herba , ise foi José Luis , o palanador que consegíu o terceiro posto e con el un espectacular queixo ecolóxico realizado na mesma Pastoriza, apreséntase coma un valor a ter moi en conta na conf. sur ambito no que vai competir xunto coa súa poderosa equipa nun futuro inmediato.

Outro círculo que se trazou na pastoriza foi a presenza do irmáns de ültraqánsän lanzando as súas consignas billardeira-quimbumneiras dende o esceario...

sen dúbida podemos berrar que nengún festival sen Aberto de Billarda e nengún Aberto sen música galaica!!

Marco impresionante para un Aberto que deixou pegada.

José Luis , coma todos os presentes no Aberto unha vez máis molláronse por ista revolución , e moita atención porque o palanador de SanXenxo está disposto a non só a facer frotar as billardas no atlantico piscina senón que a súa ollada está pista no horizonte do enigmático e excitante continante asiático.

Todo un luxazo de tribo é a que ten a LNB , Daniel ista vez non puido parar na final á frenética ansia de livertade que Xan Rodiño quería agasallarlle ó xabarín galaico , é pois un intre histórico e unha actitude que xa ten moitos adeptos na LNB e que corre o perigo de contaxiarse para a cración do parque zoolóxico de especies billardeiro-autóctonas galaicas...a resposta está no ar, nos paláns e nos bandullos dos campións de cada aberto!!

sexta-feira, julho 16, 2010

SE TES MONO ...ISTE SÁBADO NA PASTORIZA SOBREDOSE DE BILLARDA E MÚSICA NO FESTIVAL DA CHAIRA!!


Son moitos palanadores e palanadoras que súan en frío e tremen por mor de non poder participaren en nigún Aberto de Billarda, un feito acusado sobre todo nos palanadores e palanadoras da conf. noleste que iste sábado poderán curarse de todo mal co espectacular Aberto de Billarda que a partir das 17 h se porá en marcha no marco do festival da Chaira de Pastoriza, tención porque estrelas do firmamento LNB de toda o país estarán aloitando polo xabarín da Chaira que o vencedor ou vencedora poderá elexir o que fai con el , ou o leva no colo, ou o quere listo para cociñar ou incluso lle pode outorgar a liberdade ceivandoo da opresión humana. Contacto: 619.570976

... E EN MARÍN MÁIS LEÑA AO MONO!!

E como non podía ser doutro xeito temos que botar máis leña ó mono , son moitos os palanadores e palanadoras da LNB que practican o matraquinho coma un xeito de mellorar as súas prestacións co palán e se ademáis , coa practica diste gran desporto axudas a condear a presenza do herdeiro da coroo e das institución monárquicas en Marín pois moito mellor aínda , unha gran festa republicana e un espectacular campoinato de futbolín é que van armar os irmáns de Almuinha de Marín para iste venres deixar claro que o único rei ao que respeitamos é o xíbaro....República Billarda xa !! >> E non vos esquezades , se ista noite estades fronte ó televisor á media hora de comzar o Luar na Galega haberá unha explosiva acción dos padereterios de Maghua!!

quinta-feira, julho 15, 2010

PROJECTO TREPIA , MAGHUA E ULTRÄQÄNS ....A ÚNICA B.S.O POSÍBEL PARA O XABARÍN GALAICO DO ABERTO DO FESTIVAL DA CHAIRA!!

Espectacular o tratamento que os irmáns do Festival da Chaira está a someter ó xabarín para que estexa en perfecto estado físico e mental á hora de ser adoptado polo campión ou campioa do Aberto que iste sábado a partir das 17 h vai facer tremer a Pastoriza enteira . Recordamos que os que queiran asistir ó xantar de irmanade que se celebrará na propia área do festival en Baltar, prezo 10 euros , confirmar: ovaral@hotmail.com / 619.570976 . Confirmanos tamén dende a organización que ó vencedor se lle entregará unha espectacular figura de xabarín en chocolate para que poida ir pensando como en días posteriores queren recibir o xabarín , ou vivo , ou xa preparado para cociñar , naturalmente dende O Varal pedímoslle ó campión ou campioa que non sacrifique ó extraordianrio exemplar e que o adopte como animal de compaña para vivir con el ou ela en salvaxe harmonía no fogar. Mais antes de botarnos á loita temos que lanzar espectaculares e sonoroas novas que teñen coma protagonistas ós grupos da República Billarda:

Projecto Trepia : hoxe xoves poderemos desfrutar dunha espectacular intervención sonora diste grupazo pontevedrés no programa que Xurxo Souto presenta en VTelevisión chamado Música de Ambiente, o adianto da intervención sonora é impresinante , unha pista atletismo invadida polos tecno-sachadores e sachadoras que poran a funcionar a súa terrofícia máquina de meter medo.

Maghua Pandereteiros: e o venres moi atentos a ise programa que se emite dende a idade de pedra na Galega , estamos a falar do Luar que vai ter como prato absolutamente estrela a actuación dos Pandereteiros de Maghua , estade moi atentos porque nos informan que a súa explosiva acción terá lugar á media hora de arrincar co programa.

Ulträqäns: Fai uns anos Papaqueixos non se lles permitíu entrar no xabarín club , o seu único delito ser galegos e realizar música instrumental , hoxe mutados en ulträqäns vingaranse ista sábado cunha explosiva actuación no Festival da Chaira xunto con toda a tribo billardeira bailando danzas de guerra co Xabarín Galaico da LNB.

quarta-feira, julho 14, 2010

FESTIVAL DA CHAIRA, ISTE SÁBADO NA PASTORIZA I ABERTO DO XABARÍN!!


Xa case podes osmar coma un can de caza o intenso olor a bravío que desprendo o espectacular xabarín que os irmáns do Fesival da Chaira teñen xa na corte para agasallar ó campión ou campioa do explosivo Aberto que iste sábado 17 no serán se vai desputar no espectacular espazo festivaleiro da Pastoriza .... un aberto cunha festa final das que fan história xa que cun cartaz con La Limoncello , Kogito, Ulträquáns , Zootropa e Chotokoeu o xabarín que tod@s levamos dentro sen dúbida isa noite sairá a pacer...... sigue a rastro!!

Un Aberto do Xabarín do festival da chaira que arrincará cun xantar de irmandade organizado polos irmáns da Franquicia luguesa dos Madia-Leva e ó que todoa a tribo está convidada, un xeito ademáis de que a LNB exprese a súa total conceda ós brutais ataques que uns cobardes realizaron fai uns días á súa sede na cidade de Lugo , vai afiando os dentes e reserva o teu prato comunicando asistencia ó xantar en ovaral@hotmail.com / 619.570976 : O custo do jantar serám de 10 euros (lacom asado, churrasco, chouriços, salada,empada, omelete e sobremesa,vinho e licores. Também teremos opçom vegetariana)Para anotar-se temos de praço até o dia 15 de julho poidendo anotar-se no local, enviando um mail ou bem no tlf.627232479. Organizaremos a viagem para que aquelas pessoas que nom tenham carro poidam vir até Baltar e também haverá carros de volta para quem nom fique pola noite no festival .

terça-feira, julho 13, 2010

PRIMEIRO FOI LITUANIA , AGORA É SANXENXO QUEN SUCUMBE Ó BRUTAL ENGAIOLAMENTO DA LNB!!


Despois de gañaren o campinato do mundo de futbol os medios españois comezaron a abvertir á xente que non acudiran ó aeroporto a recibir ós xogadores unha mostra máis de desprezo en toda regla a toda a xente que os apoiou durante o mundial, no lado totalmente oposto a isa desfachachez española está a LNB , hoxe martes aterra a expedición galaica procedente do festival folk jammin´ de Ignalina en Lituania , todos os que queiran recibir cos paus en alto ós palanadores e palanadoras de Brisas do Quenllo poden facelo dende as 18 h no aeroporto de Lavacola , niste intre o comando LNB está no ar polo que non podemos con exactitude estipular a hora esacta pero non importa , moitos rían cando a LNB invadían as estacións de Buses agora xa non rin tanto cando invadimos os aeroportos....pois que se vaian preparando!!

SANXENXO ...XA PRACTICA!!

Xa o viñamos comentando fai unhas semanas , a presión insoportábel dos turistas fixo que un poderoso comando LNB en valeiroso chan se revirase e se botase a andar , Sanxenxo , non te chamarás xamais Sanjenjo , atención porque a tribo das Rías Baixas amosa unha forma impresionate e conta cun sherpa de auténtico luxo, Xan Rodiño, aborixe disas terras xa se puxo man a obra e depois dunha serie de adestramentos dos que amosaremos unhas espectaculares fotos e crónico praparan terreo para ise ten desexado Aberto que vai facer tremer as tapas de marisco dos turistas, se habitas ou transitas pola zona , ponte en contacto co tribo LNB-Sanxenxo >> xmeataxex@hotmail.com

segunda-feira, julho 12, 2010

NICOLA, A GRAN ESTRELA DA BILLARDA LITUANA, PECHARÁ CUNHA EXPLOSIVA PALESTA LNB EN LITUANO O FOLK JAMMIN´ DE IGNALINA!!

Mentras o presidente galego e o seu lacaio de deportes chantaban os seus ollos de Huski na pantalla xigante de pontevedra seguindo a final do mundial nunhas disas televións coas que moitos concellos galegos lamentabelmente queiman os nosos cartos , noutro punto de europa, nun outro concello , iste si con dignidade e cunha valentía da que moi poucos galegos poden presumir , preparábanse para que iste luns a partir das 19 h , a LNB na praza de Ignalina , realice o sensacional peche ó Folk jammin´ festival cunha apresentación a todo o público asistente do noso deporte que será executada por Nicola, o palanador Lituano que realizou xa un varado no Aberto Internacional do sábado e que se postula coma a gran estrela da Billarda Lituana , a LNB xunto co poderío brutal das Bouba deixa unha fonda pegada en territorio lituano e incluso xa se fala que no escudo do concello de Ignalina que ilustra iste estalo xa hai moita xente, sobre todo nostálxicos do antigo réxime soviético , esixíndolle ó alcalde que sitúe paláns e billardas ó xeito dos tan añorados fouciños e martelos. Preparádevos para os espectaculares crónicos con fotos, videos e verbas acendidas da irrupción das billardas en Lituania , para que faigades boca, akí vai o último mensaxe radiocativo enviado por Brais dende a voráxina de Ignalina: Hoxe pedíronnos que no concerto final do Folk jammin´na praza do concello de Ignalina ás 19h. lle aprendamos a billarda ao público! Nicola, lituano será o master!!

sábado, julho 10, 2010

TEIS, MANIÑOS E LITUANIA .....A TREMENDA COMBINACIÓN!!


Ao pombal da LNB chegan desafiando a propahganda propagandística que invade ista find o noso país os desidratados pichóns portando refrecantes e ilusionates > Lituania, Maniños e Teis.....Tremenda combinación!!

-Aberto de Teis: O pichóns sen alento e sen prumas para anunciarnos que o vencedor do Aberto foi Quintela palanador Faisca, equipa que o domingo vai realizar un explosivo terceito tempo no Bar Ciclon de Ortigueira para seguir a final do mundial antes de mergullarse no histórico festival de folk.

-Aberto do Río Baa (Maniños) : O serán ártabro tiña anunciado a presenza de palanador@s da Conf. Central que ó final non puideron acudir pero que deixa claro como o resto de conferencias da LNB o apoio toal á nova conferencia bezouqueira que se alvisca no horizonte que medra e medra a cada segundo que pasa.... O Comnadante SARDINHA converteuse no campión diste multitudinario aberto que deixa semente de victoria nas terras ártabras.....atentos á xogada BEZOUQUEIRA porque se está armando unha moi gorda!!

-ABERTO INTERNACIONAL DE IGNALINA ( LITUNIA):
Esquivando as balas , os misis , os radares ..... Stalin foi o último pichón en chegar para traernos a espectacular nota que Brais nos envía dende Ignalina:

clasificación individual:

4º posto: Petra ( slovenia) , 3º posto: María ( gz ) , 2º posto: Nicola ( lituania) , 1º posto: Maca (gz)

clasificación por equipos:

5º posto : Letonia 5 puntos, 4º posto: Turquía 10 puntos, 3º posto: Slovenia 11 puntos, 2º posto: Litunia 14 puntos, 1º posto Galiza 15 puntos.

Victorias ambas da delegación galaica encabezadas polas pandereteiras Bouba que atención nos comunican a súa espectacular chegada ó aereoporto de Compostela para o vindeiro martes 12 de Xullo , atentos porque anunciaremos a hora para que todos aqueles que queiran recibir ó poderoso comando galaico poidan achegarse a Labacolla e darlle as apertas e os bicos que tod@s se merecen....atentos á xogada!!

sexta-feira, julho 09, 2010

XOHANNESBURGO?? NON .....IGNALINA, TEIS E MANIÑOS!!


Sabemos que xa bruan as billardas por Lituania impulsadas polas pandereteiras de Bouba , Brais e toda a expedición galaica pertencente que a asociación Brisas do Quenllo desprazou ate Ignalina , a imposibilidade a un acceso á rede do comando LNB alí instalado imposibilita coma Brais xa non contaba no primeiro estalo dende chan da antiga unión soviética que poidamos comontar en tempo real no espazo lartica da LNB como se producen os acontecementos. De tódolos xeitos manteremos informados a toda a inmensa larada da LNB famenta de info no caso que recibamos algunha sinal por telégrafo ou pichon mensaxeiro co que Brais poida rachar o cerco de espiños informativo que o imperialismo tece sobre nós.

ABERTO EN TEIS : CONSTRUÍNDO UN PAÍS A PAUS!!

A sangue ferve polo sur e iste sábado vai verter a regos xa que varios dos equipos da LNB, a Revolta, O Guindastre e o Faisca, organizan distintas actividades lúdicas e culturais no centro cívico e na carballeira de Teis, e como é natural alí non podía faltar un aberto de billarda. Non o dubides, este Sabado de Sol non te queimes na praia e ven incediar Teis para axudar a constuír coas túas billardas.... Aid , Rojo2 , Saiba e os 3 trebóns porán a festa, pon ti os paláns para que o lume de Teis se espalle polos Barrios da Galiza.

1º ABERTO DO RÍO BAA ( MANIÑOS) : billa, billa...Tribo Mara-billa!!
Aire, vento e lume son os elementos naturais nos que se move a serpe multicor da LNB máis iste sábado a tribo Billa que se move polas terras do Eume incorpora o líquido elemento ó explosivo coctel molotov da LNB. , comandante Sardinha transmítenos iste comunicado: Billas e Paláns o sábado na SCDR O Pote de Maniños! Aí polas 18.30 h achegarémonos a facer un novo aberto bezouqueiro antes das semifinais do mundial.1* Aberto do río Baa , Alí nos vemos! Pásao! , contacto directo co comandante sardinha: xosemanuel.sardinha@uvigo.es