O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 29, 2010

A FORZA DOS VARADOS DE HERMINIO DE CASTRELO GUÍA A BRUTAL XEIRA INTERNACIONAL DA GRAN SERPE MULTICOR!!


Hermino , a gran estrela do universo Castrelo de Miño amiaza xa con unirse ó furacán Batea para ista find arrasar Moaña e seguir zoupándolle ó carabullo ate as mesmas terras de Lourenzá para facerse co saketo de auténticas fabas galaicas.....e moi atentos porque a serpe multicor da LNB coma Herminio amiaza tamén saírse das irreais fronteiras que esnaquizan o noso laio polo se entramado internacional billardeiro traballa areo en diferentes frontes que van deixar ó inimigo bicando a lona para sempre....Billarda sempre , adiante co varal!!

terça-feira, setembro 28, 2010

PALANOTRÖNIC, O MANOXO DE CHATARRA E CARRAXE RETORNA CONVERTIDO EN CIBOR-PIQUETE INFORMATIVO DA LNB !!


En vista da imposibilidade manifesta de establecer uns servicios mínimos durante a xornada de folga alertamos da posíbel presenza do temido PALONTRÖNIC , o piquete informativo da LNB que en nome da CUP ( Central Unitaria de Palanadores-as ) resérvase o dereito de aparecer nos habituais centros de adestramento das diferentes conferencias para paralizar toda a actividade como xeito de protesta , ademàis é posíbel que moitas portas de palanadoras e palanadores amenzan coas pechaduras inundadas de silicona xa que Palanotrönic e o gran Basiliev teñen, como ven de afirmar o gran palanador dos Trouleiros no espectacular video-estalo da primeira xornada da conf. centro, ós responsábeis dos trofeos que se reparten en cada Aberto......PALANOTRÖNIC , POLA FOLGA PERO DE FAME XA!!

BURELA , BONITO E PRETO É!!


Se aínda non desfrutache da espectacular visión do estadio Nacional de Billarda de Castrelo de Miño repleto dun fervente público seguindo as evolucións de Herminio de demáis estrelas locais e internacionais pásate xa polo espazo Bilharda do feisbook e desfruta da paixón , a mesma que podes experimentar ó visualizar iste arrepeiante adianto do traballo que Nachock está a realizar na LNB para o República Billarda e para a exposición itinerante que se está a cociñar en centros sociais e casas okupadas.



E por se non fora pouco sabor en Tele-Varal xa tes á túa disposición unha fenomenal roda do mellor bonito de Burela recén capturado polo arpón de Daniel na 1ª xornada da tempada 2010.11 da LNB, conferencia NorLeste.

segunda-feira, setembro 27, 2010

PINTO E MAFIA GALEGA , TRABOADAS DE RAIBA NAS PISTAS DA LNB E NO FESTIVAL LIET INTERNACIONAL!!

Sen lugar a dúdidas iste pasado find será dos que van deixar pegada, fouciños, traboadas de cans coa raiba necesaria, billas ardentes, aniversarios con billardas na vez de velas , irrupcións hitóricas coma a producida en Castrelo de Miño cunha multitude nas gradas dun billardódromo municapal xa candidato a acoller o tan desexado 24 h Nom Stop de billarda e por se non fora pouco a iso as 22 h do domingo nos micros de Radio Oceánica da RGM se confirmaba o iso que vai retorcer os cimentos da sociedade galega , Mafia Galega por medio da xestión da LNB representará á lingua galega no festival internacional do Liet Internacional co tema "Billarda Sempre" como sabedes himno da LNB escrito polo poeta Xabier Cordal . Coma o can de Flores, Pinto .... a LNB e Mafia Galega traboadas de raiga e carraxe galaica!!


A soñada e tan gardada primeira xornada no universo Bezouqueiro producíuse iste domindo en Porto ( cabanas) en Tele-Varal xa podemos desfrutar da primeira Xeira Bezouqueira e no seu web oficial das clasificacións e emocións comapertidas dunha xornada histórica para a Billa......Pablo dos Apachaca e Dani do Festifolk-laranxa. Desputada final entre Xan Rodiño e Pablo que repetiron os empates ata unha terceira e última carreira de desempate, nervos e emoción ata o final que deixou como gañador a Xan Rodiño. Chegou a hora do remate dúas horas despois do comezo de tan grandioso día billa para os anais da billa bezouqueira!



No I Abertode Billarda de Riotorto, o 26 de setembro de 2010, enfróntanse na final Geni e Daniel, ambolos dous veterans palanadores do Norleste. Geni como agasallo de cumpleanos tivo un fermoso xesto e deixouse gañar polo seu home: "Prados non temos, pero si fai falla segar, o fouiciño e teu" - Mais a extremecedora análise do acontecido en Riotorto é a radiografía coa que nos agasalla o premiado coma a palanador máis combativo do Aberto, dalle Marcos>> Tremendo onte o aberto en Riotorto . A presencia dos rodiño deulle un plus a competicion.
Ai que destacar a presencia tamen dos de buril, q pese a q ao final so xogou Roberto xa estaban ali no pabellon cando cheguei eu. Tamen destacaria a nula colaboracion por parte da organizacion do festival das asociacions. ninguen se achegou por alí nin entregar o premio nin nada, pero bueno, entregueillo eu a daniel e pista!!jaja. Ganou Daniel, pa non variar moito na final a Geni. eu fun semifinalista logo de facer tres varados, mais q no resto da miña vida!!por iso, Xan Rodiño me nomeou "palanador mais combativo" nova categoria de premios emulando ao ciclismo!jaja.
Pero sin dubida o feito mais sobresainte da tarde ven relacionado con Pinto, o indomable can de Flores. Cando Gines ia aguantar o can para q andres poidese tirar, Pinto non aguantou e botoulle a boca a perna! tremendo!! Logo, Salgueiro, como integrante dos Bulls casi non pode seguir xogando como mostra de compañerismo,jajaja. O titular podia ser: "A Ekipa Bitere ficha a Pinto pra acabar cos Remourelle Bulls"jaja. Ata houbo ali tension co can!!jaja. So a Flowers se lle ocurre levalo pa ali oh!! , / Dende a LNB queremos deixar claro que pase o que pase nunca impediremos que os cans e cadelas compartan cos palanadores e palanadoras espazos nas pistas de liverdade nas que se practica a billarda e queremos resaltar o intre de emotividade brutal cando Flores , pide desculpas polas traboadas do seu compañeiro de fatigas Pinto, alguén debería facer o mesmo co seu tocaio txakurra dos Faisca.....LNB raiba en cada Varado e traboada!!

domingo, setembro 26, 2010

HERMINIO, A GRAN ESTRELA DA LNB EN CASTRELO DE MIÑO , AGARDA TAN SÓ 90 ANOS PARA REALIZAR O SEU PRIMEIRO VARADO!!


Bateas chegaron a Lugo para arrasar, metendo os seus 3 representantes na final. O vencedor foi Xosé Rodiño. Sanxenxo é Galiza e o resto terra conquistada. Istas son extremecedoras verbas que verberon o comando Bateas despois de arrasar no Aberto do II Aniversario do Madia-Leva de Lugo , unhas hora antes que racharan filas e os Rodiños tiraran cara á área bezouqueira na mañán e no serán cara Riotorto e José Luis tirara de Lugo cara o Sul para prantar a poderosas semente en Castrelo de Miño ( Ourense ) donde as novas son máis ca alentadoras para o definitivo implantameno das billardas e da filosofía de ataque da LNB .

Un feito apaoiado tanto dende as máis altas esferas políticas do concello coma dende a xuventude máis alegre e combativo da vila encabezada polo palanador convertido xa en estrela e referente absoluto da LNB en Castrelo que tivo que agardar tan só 90 anos para realizar o seu primeiro , espectacular e memorábel Varado co que xa están flipando os seus propios bisnetos...Hermino somos todos como deixa claro o gran crónico que nos envía o PaTEIRO Nômade dende a súa infranqueábel batea móbil >> CRONICO I ABERTO DE CASTRELO DE MIÑO: Chegamos 3 membros de Bateas a Castrelo un pouco antes da hora. Na pista atopamos un par de varais que fixo o concello. Nada mais por alí. Chegamos a pensar que só xogariamos nós. Co tempo foi aparecendo xente que ollaba para nós mentres nos preparabamos. Comezamos a falar con eles e contaronnos como xogaban eles na sua época. Pouco a pouco fomos convencendoos para xogar, e así até ter un número bo de parcitipantes para comezar. Hai que destacar que case todos superaban os 60 anos, e algúns os 80 ou 90. Eran palanadores expertos e así o demostraron con grandes golpes e moitos varados. Herminio, duns 90 anos, fixo o primeiro varado do seu grupo na sua primeira intervención. Un home que xogou na sua infancia á billarda e que tivo que esperar 80 anos para facer o seu primeiro varado. E non foi o único. Despois da fase de grupos e dos cuartos de finais chegaron as semifinais onde por un lado Cristian Bateas venceu a Cigoño e Iago a Antonio. E na final gañou Iago. Este último de procedencia americana, mais de orixe galega, converteuse en gañador no seu primeiro aberto. Destacar que tiña experiencia nun dos deportes fillos da billarda, o béisbol. Despois desa experiencia quere seguir a xogar, así que se hai algunha equipa na zona de Vigo e Ferrol interesada en fichalo, que o fagan.
Hai que agradecer a gran colaboración por parte do concello que puxo todos os seus medios á nosa disposición. E que se converte no primeiro en ter material de xogo propio, xa que ademais de construir uns estupendos varais, fixeron 6 paláns. O alcalde manifestou o seu desexo de formar unha equipa local, e falou da posibilidade de facer mais abertos nun futuro.

sábado, setembro 25, 2010

A RESPOSTA ESTÁ NO AR, NO VIDEO ANTI-VIOLENTO DOS BATEAS E NA RADIO OCEÁNICA DISTE DOMINGO ÁS 22 H. DA RGM!


Sen dúbida a equipa revelación da tempada , os tapadiños da conferencia sul que na arrincadeira de Salvaterra xa se destaparon e amiazan xa incluso o liderato na área estornela....e por se non fora pouco destapar, destapan agora un novo video-estalo-resposta de xeito non violento ao video anti-bateas co amiazante subtítulo de >>Ninguén é obrigado a entrar en Bateas . Mais unha obriga para toda a tribo LNB tórnase necesaria para iste domingo ás 22 h sintonizar co programa Radio Oceánica que se emite na frecuencia da Radio Galega Música porque unha nova de calado internacional para o futuro da LNB , da música e do idioma nacional do país vai ser anuncada polos altofalantes dos vosos receitores....arrima a orella e afía as billardas!!

quinta-feira, setembro 23, 2010

O PATEIRO NÓMADE A POLO RECORD GALAICO DE PRESENZA EN ABERTOS NUNHA FIND!!


Nun contexto de video-comunicados e contundentes respostas por parte do Vingador da LNB ista find temos que facer pública tamén outra desacougante amiaza, é a verquida polo Pateiro Nómade que ista find amiaza coa omnipresenza en case tódolos Abertos que se producirán no país , unha tarefa reservada só para palanadores mutados en semideuses. Insistimos na barbaride>> O explosivo arrinque da Conferencia Bezouqueira iste domingo 26 ás 11:30h en Porto ( Cabanas ) capitaliza o brutal find que sitúa a Castrelo de Miño en Ourense, Lugo cidade e Riotorto coma brutais epicentros da serpe multicor que repta imparábel coa forza dun xabarín ferido. Contacto directo e inscripcións na Bezouqueira>> 636.280513

- sábado 25, Aberto do III aniversario dos irmáns de Madia-Leva, no autèntico pulmón da cidade das murallas, o Parque de Rosalía de Castro>> O dia 25 de setembro celebramos o nosso terceiro ano de vida e trabalho na comarca de Lugo. Um jantar popular , bilharda e apresentaçom dos cursos para este ano. Se queres participar no jantar cumpre confirmar antes do dia 24. ás 17h00. Aberto de bilharda. Parque Rosalia de Castro. Contacto directo: madialeva.gz@gmail.com / 671.216213

-Domingo 26:

E por se non fora pouca acción simultaneamente ó arrinque da Bezouqueira, no Planeta Ourense e pola maxistral acción do palanador nómade iste sábado ao mediodía e coma aceituna alternativa do vermut da Feira en Castrelo de Miño apartires das 12 h do entorno da feira no corazón da vila de Castrelo de Miño, contacto>> 988493000 e preguntar por Marta / dinamiza@castrelo.org / LNB castrelo de miño: 650341114

Mais a movilidade da conferencia mae do Norleste se torna tan afabante que non suficiente con atrapar un espectacular bonito en Burela iste domigo os irmáns do Buril confirman por todo o alto a súa inmersión na LNB coordinando o Aberto do Ferro no marco da Feira das Asociacións en Riotorto , apartires das 17 h. no campo de futbol do Riotorto , contacto directo>> 616.995013

AXENDA ARTE-NATIVA: ISTE VENRES MAGHUA A POLO QUEROSTAR EB CARRAL!!
Os concertos empezarán ás 23:00 horas e na seguinte orde: Chotokoeu, Maghúa e por útlimo La Senda de Afra. Todas as entradas venderanse a partir das 21:00, a 5€, até completar aforo.
Final do certame de música en directo QUEROSTAR, organizado pola Sala The Star. Despois dos concertos dos tres grupos finalistas (La Senda de Afra + Maghúa + Chotokoeu), o xurado decidirá quen é o primeiro, segundo e terceiro clasificado, que levará...n respectivamente 1.000, 500 e 300 euros>>Máis info: http://www.querostar.com/

A RESPOSTA NON SE FIXO AGARDAR.....CHEGA O VINGADOR DA LNB PARA IMPARTIR XUSTIZA!!


A tan só unhas horas do incio da ofensiva bezouqueira e dun find. de infarto recibimos en exclusiva mundila un aterrador-video estalo que supón a primeira aparición do Vingador da LNB un ser misterioso que segundo a lenda habita polas terras do Salnés de existencia normal polo día pero que pola noite se transforma superheroe para defender ós palanadores e palanadoras dos ataques dos terrorístas, se flipaches co aforcamento de Sadam niste video-estalo de presentación do Vingador da LNB podemos velo asistido ó suicidio do encarapuchado do xa mítico video-estalo-resposta...., o Vingador pregunta, quén quere ser o seguinte??

quarta-feira, setembro 22, 2010

O BRUTAL ARRINQUE DA CONFERENCIA BEZOUQUEIRA FAI CHIPAR Ó ESQUÍU BILLEIRO DE CAVANAS A LUGO E DE RIOTORTO A CASTRELO DE MIÑO!!

O explosivo arrinque da Conferencia Bezouqueira iste domingo 26 ás 11:30h en Porto ( Cabanas ) capitaliza o brutal find que sitúa a Castrelo de Miño en Ourense, Lugo cidade e Riotorto coma brutais epicentros da serpe multicor que repta imparábel coa forza dun xabarín ferido. Contacto directo e inscripcións na Bezouqueira>> 636.280513

Tomade nota para unirvos ó grande chimpo do esquíu billeiro:

- sábado 25, Aberto do III aniversario dos irmáns de Madia-Leva, no autèntico pulmón da cidade das murallas, o Parque de Rosalía de Castro>> O dia 25 de setembro celebramos o nosso terceiro ano de vida e trabalho na comarca de Lugo. Um jantar popular , bilharda e apresentaçom dos cursos para este ano. Se queres participar no jantar cumpre confirmar antes do dia 24.
As actividades programadas para o dia:
12h30. Sessom vermouth
14h00. Jantar popular.
17h00. Aberto de bilharda. Parque Rosalia de Castro.
20h00. Apresentaçom dos cursos 2010/2011 , música e petiscos.
Contacto directo: madialeva.gz@gmail.com / 671.216213

-Domingo 26:

E por se non fora pouca acción simultaneamente ó arrinque da Bezouqueira, no Planeta Ourense e pola maxistral acción do palanador nómade iste sábado ao mediodía e coma aceituna alternativa do vermut da Feira en Castrelo de Miño apartires das 12 h do entorno da feira no corazón da vila de Castrelo de Miño, contacto>> 988493000 e preguntar por Marta / dinamiza@castrelo.org / LNB castrelo de miño: 650341114

Mais a movilidade da conferencia mae do Norleste se torna tan afabante que non suficiente con atrapar un espectacular bonito en Burela iste domigo os irmáns do Buril confirman por todo o alto a súa inmersión na LNB coordinando o Aberto do Ferro no marco da Feira das Asociacións en Riotorto , apartires das 17 h. no campo de futbol do Riotorto , contacto directo>> 616.995013

terça-feira, setembro 21, 2010

OS RODINHO BROTHERS E A SÚA HORTA NO PUNTO DE MIRA!!


Dende terras do Sul chega iste video-comunicado en resposta á provocación mascullada dende o seu zulo e o seu campo de adestramento dos irmáns Rodiño , TELE-VARAL dixit>> Chegaron ás nosas mans este video que debe ser publicado en resposta ao video dos irmáns Rodinho.


Se entras en calquera Kioske verás como na portada do mítico Jueves se analiza o alto o fogo decretado fai unhas semanas en Euskal-Herria , Tele-Varal ó igual que o admirado el jueves analiza e parodia en clave antivexeta ista restra de comunicados.....

NA LNB FAINO , PERO DESFRÚTAO CON SEGURIDADE....PONO, PONLLO!!

Co inicio de tempada sobre a mesa como sabedes a LNB realizou un chamamento a extremar as medidas de seguridade vista a intensidade coa que de xoga en cada Aberto , ó cordón de seguridade que suxeita o palán á boneca queremos facer extensibel a necesidade inminente das protección faciais e da testa e non é por un simple capricho estético senón pola gravidade do acontecido iste pasado sábado no Aberto do Bonito en Burela donde na sempre perigosa sesión de adestramentos e nunha pista-gaiola coma a Burelesa se producíu o impacto brutal dunha billarda contra a fronte dunha palanadora que menos mal non temos que lamentar males maiores mais aló do susto no corpo non só para ela senón de todo o colectivo. É por elo que lanzamos ista idea do casco de protección para palanadores e palanadoras e sobre todo facemos un chamamento a toda tribo da LNB que nas sesión de adestramento antes de iniciar os torneos se extremen as precacucións porque o perígo pálpase ás léguas e non queremos lamenar nengún percance se temos medias á man para evitalo é por elo que berramos alto e claro nas pistas da LNB desfrutra pero con seguridade ....PONO, PONLLO!!

segunda-feira, setembro 20, 2010

LANZAMENTOS DE LONGA DISTANCIA, 37´60 M. PLUSMARCA GALAICA DA DISCIPLINA ACADADA NO CASTIÑEIRIÑO!!


Luxazo absoluto o que temos enriba da mesa, por unha banda xa temos en marcha as fichas de inscripición para participar na nova e dinámica Conferencia Bezouqueira , entra no seu web-Blog e deixa as túas señas para porte a funcionar de contado se habitas ou transitas polas terras do Eume , e por outra banda dende a Conferencia Centro guindan o excitante crónico do inicio de andaina no Castiñeiriño estreando ademáis espazo de Comentarios no que tes que verquer a túa emoción ou raiba, no Norleste xa temos tamén o crónico co Bonito de Burela pedindo un prato a berros ó seu compañeiro Daniel , mais en exclusiva mundial desclasificamos o Dosier Castiñeiriño realizaso polo plusmarquista Galaico de lanzamento de longa distancia , o Bateas Xose Rodiño, desfrutade do estalo porque en breves imos destapar outro escalofriante documento , o video-estalo resposta dende o Sur ós Irmáns Rodiño>> Na primeira xornada de liga na conferencia centro confírmase que a terra e o elemento no que os trouleiros desenvólvense coma lombriga na mesma, A final entre Basilio e Hugo di as claras que o subcampión nacional e o campión de varados en Santiago e en Terra son case invatidos. O tercer e carto posto xogárono Toño e Ruben gañando iste último. Decir tamén que as medidas do campo eran 50X20, unhas medidas que non se suelen dar en moitas xornadas, o cal axudou a realizar o maior evento da historia recente da LNB o Lanzamento de billarda de longa distancia. Istas medidas foron tomadas por un xuez do libro jines dos recors pra que as marcas foran homologadas. Tamen se está a espera do parte de vento nas horas dos lanzamentos xa que non podra superar os 2m por hora a favor. Debido a falta de experiencia coma e normal nun primeiro evento, xa houbo unhas pequenas discusions que non chegaron as mans, en relacion as medicions do primeiro e segundo clasificado 5 centimetros arriba ou a baixo e terase que pasar a os milimetros. Xa que os varales e billardas con microchipe estan en fase de estudo o medidor laser pasará a ser un artiluxio habitual dos arbitros da LNB.

Xan Rodiño tamén vai a empezar unha estadistica de resultados de enfrentamentos entre palaneadores victorias e derrotas acumuladas, asi cando se volvan a enfrontar sabrar si e certo que as estadísticas están pra rompelas.

Lista de palaneadores e palaneadoras e as suas plusmarcas de billarda:
1º Xose Rodiño..........37m 60 cm
2º Xan Rodiño............37m 55cm
3º Cesar......................37m 20cm
4º Dubra.....................36m 70cm
5º Diego.....................31m
6º Ruben....................28m
7º Hugo......................25m 40cm
8º Basilio...................24m 50cm
9º Ivan(bateas)...........24m 30cm
10º Xose.......................23m 80cm
11º Raquel....................20m 25cm
12º Toño.......................19m 80cm
13º Coton......................19m 40cm
14º Yolanda...................19m
15º Ruben Martinez......17m
16º Luis.........................16m 50cm
17º Santi........................16m
18º Begoña....................15m
19º Ivan(furabolos).......14m 60cm
20º Raquel(trouleiros)...14m 55cm
21º Ramas......................10m 10cm
22º Carmela...................10m
23º Sheila.......................8m

sábado, setembro 18, 2010

NÔS TERRA, TERRA A NOSA .....DO CABO VERDE GALAICO Ó CASTIÑEIRIÑO COMPOSTELÁ!!


O arrinque da competición regular na Conferencia Norleste e na Centro non podía ser mais intensa , polo norte confirmase absolutaqmente cun Bonito de dimensións descomunais a entrada do Buril coma franquicia LNB establecendo en Burela un campo base e sincronizando os reloxos pola hora galega para participar nos Abertos da LNB. Mais non foi só no norte donde as billardas lanzadas dende Burela chegaron ate Cabo Verde senón que o que se coceu na arrincada na Conferencia Centro foi do que fai história , implicación de novas fraquicias e asentamento das bases do concepto da Billarda Total coa posta en marcha do Lanzamento de Longa distancia donde sen o límete dos Varados e unicamente contabilizando a distancia xa temos plusmarquista galaico , é Xosé Rodiño cun lanzamendo de 38 metros.


Mais xa o sabedes os mundos paralelos da LNB móvense ó xeito tan brutal ou aínda máis incluso ca propia serpe multicor polo que na pista do Parque Rosalía de Castro tivemos o luxazo de novo de contar coa presenza do creador Nachok que xa está traballando na dimensión visual do disco República Billarda. Un actividade paralela que se torna frenética se falamos da actividade no eido dixital xa que temos que dar a gran nova da aparición do espazo na rede dun moi agardado blog que á imaxe do mítico programa o último supervivinte , relatará as experiencias extremas dun palanador de Aberto en Aberto e de Varado e Varado .....Benvido PATEIRO NÓMADE!! . E non é a única novidade que vai aparecer no activo universo dixital da LNB , atentos que moi pronto anunciaremos o tan agardado blog oficial da Conferencia USC e por se non fora pouco xa está no formo un bombazo en forma de Blog con contidos propios relatando a actividade e a filosofía LNB en lingua exclusivanebte inglesa para buscar os puntos de encontro sen perder un minuto co resto das comunicades mundiais que practican e disfrutan co desporto da billarda.


Bonito é , mais Tabeirón semella o impresionante exemplar co que os irmàns do Buril recollen o pasaporte de entrada na LNB, Daniel en Burela e Basilio no Castiñeiriño estrean o màis alto do pódium nista primeira xornada de liga da LNB , mención especial hai que facer ó gran palanador Hugo que pese a querer non pode desengancharse diste marabilloso vicio nen toda a LNB desexa separarse del polo que lle pedimos que remate a súa definitiva conversión ó islamismo para que entre a competir coa equipa que xa sabemos se está perfilando no Ribadeo Kebab....a verdade, qué bonito é formar parte dista gran tolemia colectiva!!

sexta-feira, setembro 17, 2010

BURELA E O CASTIÑEIRIÑO .... ARRIBA , ABAIXO AO CENTRO E ADENTRO!!


Posibelmentre un dos cartaces máis impactantes da Hitória da LNB é o que sirve para anunciar o II Aberto do Bonito diste sábado que os irmáns de Buril e a Conf. NorLeste da LNB porán en marcha apartires das 16 h. Se os Diplomáticos de Montealto retornan en Allariz no Reperkusión que se celenrará tamén iste sábado , outro ser mítico como é Edelemiro no universo LNB rotorna deixándonos a súa poderosa imaxe para servir de reclamo ós palanadores e palanadoras de Cabo-Verde , Indonesia , Sudamericanos e Galaicos que dende as 16 h. van tomar pola forza e a Praza do Concello de Burela >> contacto directo: ccburil@gmail.com ou no telefone 616473366


Comeza a tan esperada Liga Nacional de Billarda (conferencia centro), todos aqueles que esteades por Santiago tedes unha cita no Castiñeiriño no campo do Atlético Fátima.
Ás 16:00 comezamos a anotarnos e comezaremos a xogar ás 16:30. Os que chegen tarde poderanse anotar pero empezarán de cero.....afía e faille bruar á túa estornela!! > contacto directo: 659.553543

-AXENDA ALTER-NATIVA>> SÁBADO TODOS A XIL NA FESTA DA XUVENTUDE!!

HOXE , A PARTIRES DAS 23.47 HORAS, NO ENTORNO DA CAPELA DAS ANGUSTIAS EN XIL........................FESTA DA XUVENTUDE. ACTUACIÓNS DE NAO( coas túas mans), RECAMBIOS TUCHO( antes herdeiros da crus), M.R. HIDE, M- 80 e DJ. JJ FATT. ESTADES TODOS CONVIDADOS..........................

- OS DIPLOMÁTICOS , O JARBANZO E O NORTEC COLLECTIVE TOMAN ALLARIZ ISTA FIND NO FESTIVAL REPERKUSIÓN!!

O Festival Reperkusion deste ano, celébrase os dias 17, 18 e 19 de Setembro, como todos os anos na vila de Allariz, xunto ao rio Arnoia.Este ano sorpréndennos com a volta de Os Diplomáticos de Monte-Alto e os Jarbanzo Negro, também estarám GalegoZ, Chotokoeu entre outras moitas bandas estupendas como O'Funk'illo, Hilight Tribe, Ojos de Brujo Sound System, Funky Style Brass, Poutrelles Fever, Sargento García, Nortec Collective, Proyecto Luisbo, NonLinear, ...Este ano também haberá Circo, foro, e obradoiros.

quinta-feira, setembro 16, 2010

TELE-VARAL BOLIVIA >> CHEGAN AS EXTREMECEDORAS IMAXES DO I ABERTO DE SORATA EN BOLIVIA!!



A máis de 3.000 metros de altitude tamén experimentan a mesma sensación que ó nivel do mar experiemtamos todo nós : la sensaçion de que Xan juega con algo de ventaja , TELE-VARAL DIXIT>> RodiñoXan Rodiño iniciando a xogar á billarda na comunidade de San Isidro en Sorata, na Cordilleira Real dos Andes en Bolivia.

O VELENO DA SERPE ESPÁLLASE ISTE FIND NA CONF. CENTRO E NORLESTE!!


Ide preparando os artiluxios de combate porque a sepre multicor bota andar iste vindeiro sábado no Centro e no Norleste, como anunciaba o Aymara -galaico Xan Rodiño na Radio galega a cita na zona estornela será no Campo do Fátima no Castiñeiriño ás 16 h do sábado / contacto directo >> 654.232108
E no Norleste será en Burela e coordianado polos irmáns de Buril confirmados xa coma nova franquicia LNB , donde as billarda escorrenten ós Bonitos no II Aberto Boniteiro celebrado na Vila....Atención porque en vista das multitudinarioas previsións e para evitar posibles problemas Buril e a LNB estudan transladar o Aberto do Parque Rosalía de Castro á Praza do Concello a moi poucos metros donde alí si se poderán facer dúas pistas para xogar co dinamismo axeitado o tan desexo Bonito. Contacto directo>> ccburil@gmail.com ou no telefone 616473366.

quarta-feira, setembro 15, 2010

BILLARDAS NA LAGOA, NA RADIO-GALEGA E NAS CONSOLAS INDIAS >> preme!!



Xan Rodiño estivo no Aberto da Rá de Cospeito mais tivo tempo para reporse do impacto e uns días máis tarde asaltar coas billardas-aymaras na boca o estudo da radio galega, xa poder virar co espectacular radio-estalo capturado por Radio Varal. Unha frenética actividade que leva a Tele-Varal e Radio varal traballar a reo sen descanso , Tele-Varal dixit>> 11 Setembro 2010. Feira do Monte-Cospeito. Neste 1º aberto de billarda, organizado por Ana Carballeira, os irmáns Rodiño (Xan e Xosé, Xosé e Xan, que tanto monta) amosaron mais unha vez asúacategoría de grandes campións, e tamén que son uns parrandeiros de carallo.

BILLARDA.... GAME OVER!!


E dende a Conf. Bezouqueira o Comandante Sardinha lanza a extraordinario nova que debe por en alertas ós programadores de xogos galaicos para que se deixen de merdas e faigan o mesmo ca os seus compañeiros indios : Sony xa ten un xogo para PSP e PS2 coa billa indú: atención ó 2'30" >>Gameplay video of Desi Adda: Games of India for It's an assortment of Indian games like Gilli Danda and Kabaddi with a Bollywood-like story. Developed by Gameshastra, published by Sony Computer Entertainment Europe

terça-feira, setembro 14, 2010

XAN RODIÑO NA RADIO GALEGA>> CONVIVIR EN DES-IGUALDADE!!


Iste marte apartires da 19 h poderá senitr ao vivo o alento aymara de Xan Rodiño no programa da Radio Galega , o adianto sonoro nas ondas do agardado libro "O diario de Xan Rodiño en Bolivia" .

segunda-feira, setembro 13, 2010

GULI DANDA , O PODER IMPARÁBEL DO FUNDAMENTALISMO BILLARDEIRO!!

Coa ollada aínda perdida no horzonte asiático e coa boca aberta despois de sentir as verbas no Aberto da Ra de Cospeito da espectacular corresponsal asiática de Tele-Varal Jang Jiyun , os sustos no cesan , a inxente laboura de etnografía e intensidade billardeira que se está a cocer no espazo oficial da LNB no Feisbuc levounos nun primeiro intre ate as rúas dunha vila da India para ver unhas crianças practicando o desporto da billarda mais o comboio da LNB aínda tiña combustíbel para chegar ate o distrito Pakistaní de Bahawalpur e botar unhas carreiras nista terra tan lexana fisicamente mais tan preta no sentir pola súa tamén fonda raigame billardeira dos mulladíns. Despregamos iste xostragazo a xeito de documento histórico no que se amosa o nivelazo dos palanadores Pakistanís cos que xa estamos iniciando os trámites para establecer contacto para accións conxuntas, unha man no palán e outro no corán , isa pode ser unha das consignas dos irmáns islámico-billardeiros pakistanís que coa súa actitude e golpexo amosan a firmeza dun pobo ó igual ca o galaico a ser apaciguado pola forza das armas das forzas de ocupación internacional , para que están as tropas internacionais en chan Pakistaní? para aplacar o terrismo? non.... están para impedir que a febre billardeira do Guli Danda se espalle por Afganistán porque se iso acontece saben que están perdidos....fundamentalismo billardeiro adiante no mundo enteiro!!

DAS RÚAS DA INDIA, Á SELVA BOLIVIANA ... XAN RODIÑO ISTE MARTES NOS MICROS DA RADIO GALEGA!!

Aquí tendes ós cativos indios zoupándolle duro e contradecindo coa súa acción ó mesmo ó Ghandi xa que coma a LNB sabén que o ataque é a mellor defensa , un ataque que, Atención iste martes 14 terá a súa máxima expresión na intervención que o gran profeta da LNB Xan Rodiño realizará nos micros da Radio Galega no programa "Convivir en igualdade" que se emite entre as 19-20 h , alí Xan comentará os entresixos da súa convivencia coa tribu Aymara na selva boliviana e como a práctica da billarda lle supuxo un lazo de unión e comunicación tan forte que calquera que fale con el nota perfectamente que sigue a ises máis de 3.000 metros de altura nos que tivo habitando durante un mes da súa intensa vida. Para facer boca dixámosvos coa verbas que aluméan o impactante estado billardeiro nas rúas da India>> This is a traditional game played in most villages of India. Requires a small wooden stave and a smaller stick. The objective is to send it as far as possible away from the point of start. Great fun and keeps you occupied

domingo, setembro 12, 2010

OS IRMÁNS COEN?? ....NON!! , OS IRMÁNS RODIÑO!!


Alguén podería imaxinar como explicaría O Nota as normas de seguirdade que vai adoptar a LNB para ista tempada? pois deixa de facelo , Xan Rodiño desfaise da cuadratura do plano americano e inventa o plano galaico a corpo enteiro para explicar sen o pixama esfarrapado do gran Lebowski mais co pucho andino-boliviano que caracteriza xá o gran palanador de Portonovo as tres principais medias para non perder a vida ou matar a alguén sen querer nun partido de billarda. E por que non pensar nun Jesús Quintana galego cando vemos as estranas maniobras de escapismo apoiando xestualmente as verbas do seu irmán , un idoma o xestual que Xosé Rodiño remata a segunda entrega dos video-comunicados dos Rodiños axeonllado realizando exercicios de reanimación a un ser, polo momento sen rostro e sen identeidade. Mais Xosé niste segundo asalto televisado non só enviou a xoia post-docma recollida pola cámara de video senón que nos envía as estremecedoras fotos do ASÍ SE DES-FIXO e unhas raias sobre as incidencias tóxicas da rodaxe e adiante emoción futras que poderán desfrutar a tribo da Conf. Centro iste sabado 18 de septembro no campo do fatima en Santiago e organizado po Bate As.

- ASÍ SE DES-FIXO!!


Para tranquilizar a todo o mundo billardeiro quero demostrar que o palaneador ferido está en fase de rehabilitación despois dunha recuperacion milagrosa. A volta a vida puido ser debida a un grolo na taberna cancela que tomara unhas horas antes e que fixo de curación interna debido as suas propiedades mineromedicinais de interese turístico internacional.


As feridas parece ser que non foron tan graves dispois dunha primeira observación verificouse que o palán probocou unha ferida limpa con orificio de entrada pola rexión ocular dereita e saida polo pabellón auditivo esquerdo a cal non produxo ningún daño apreciable a simple vista e oido.
Por todo isto e de importancia xeral que se impoña a corda de suxeción para o palán, medida que xa se está adoptando na conferencia norleste.Nas conferencias que non adopten ista medida probeerase os palaneadores de casco integral con orificio para hidratarse.


Cambiando de tema, o aberto que se celebrará iste sabado 18 de septembro no campo do fatima en Santiago e organizado po Bate As será o aberto que pasará a historia da liga nacional de billarda coma o primeiro que organice unha nova modalidade, paralela o propio aberto, chamada lanzamento de billarda de longa distancia no que se conseguirán marcas mundiais, estade atentos durante a semana teredes noticias novas....ate logo!!

DA LAGOA DE COSPEITO Á PISTA DE XEO DE PYONGYANG!!


Cospeito tan preto mais tan lonxe, ate Korea nos dispoñemos a lanzar as billarda da LNB que iste sábado invadiron a praza da festa dista vila Luguesa intre que a reporteira máis internacional de Tele-Varal Jang Jiyun aproveitou para na súa lingua mae explicar ás dúas Koreas a mecánica diste desporto que paso a poso e golpe a golpe nos achega uns km máis ó tan desexado Aberto de billarda de Pyongyang na querida Korea do Norte, Jang non hai palabaras nen en galego nen en coreano para describir iste fenomenal e histórico video-estalo asiático-cospeités , mais só podemos dicer que menos mal que temos bares e tascas suficientes para celebralo, beizóns Jang porque o teu sinceiro alento e compromiso coa filosofía da LNB nos dá aínda máis forza para seguir adiante.


Unha LNB que coa rá de Copeito coma invitada de luxo confirmou o que xa se viña albiscando dende fai temo , o poder feminino que o invade todo e que colle as rendas definitivamente en tódolos eidos do universo billardeiro, se aínda nos esatamos a recuperar do tremendo impacto do video-estalo conducido por Jang temos que salientar a espectacular acción que supuxo a reaalización do Aberto da Rá dirixido e coordinado maxistralmente pola aborixe disas terras e disa lagoa a gran palandora Ana Carballeira que suma e sigue e que debería ser un exemplo para que as palanadoras continúen pondose á fronte sen pedir permiso a naide para realizar abertos donde sexa e donde lle pete.


Cospeito territorio Rodiño , de novo os irmáns nunha final man a man, ó saír da casa Xan pensou no ben que lle quedaría a Rá de Cospeito ó carón da gran figura do Xabarín da Pastoriza e dito e feito non tivo piedade nen con un ser da súa mesma sangue.


Mais na LNB como sabedes ten unha dinámica de acción na que os triunfos se miden única e exclusimante entorno á colectividade e ó espazo percorrido antes durante e posteriormente a cad abarto ou acción realizada, é por elo que non hai mellor premio que confirmar , que si , que entre todos e só co noso músculo e forza vital estamos a realizar algo histórico e inaudito nistas terras, que corra a sangue e as billardas a regos de Cospeito a Pyongang!!

sábado, setembro 11, 2010

A VICTORIA DOS BM+OS OUTROS Ó RESTO DO MUNDO ABREA AS PORTAS DO MERCADO ASIÁTICO Ó DESPORTO DA BILLARDA!!



O peixe xa está vendido , istas foron as extremecedoras declaración de Marcos o palandor do resto do mundo, ós micros de Tele-Varal a modo de defensa das acusación de intromisión no face-libro que lle verqueron o equipo técnico da al jazzira billardeira, a vendetta dos BM+ Os Outros foi das que marcan época xa que o combinado do resto do mundo formado por palanadores e palanadoras do norlestes + as incorporacións das estrelas do centro tiveron o gran reforzo da gran panadora Koreana Jang Ji Yun que recolleu o premio ós perdedores nunha espectacular cerimonia de clausura que amiaza con inaugurar as campañas asiáticas para as franquicias da LNB. TELE-VARAL dixit>> Desafio anual no que os "Billardeiros Musicais"+"Os Outros" compiten contra unha selección de palanadores do "Resto do Mundo". Nesta ocasión e por 2º ano consecutivo os anfitrións acadaron a victoria.

sexta-feira, setembro 10, 2010

CHEGA O ABERTO DA RÁ DE COSPEITO E A EXPOSICIÓN DA VENDIMIA NA TABERNA DA CANCELA!!


Posibelmente un dos cartaces maìs impactantes e espectaculares de todo o circuito e que deseguro estará entre os elexidos para isa explosiva irrupción artístico-billardeira que se está plantexando no Museo do Povo Galego , é o co que nos agasallan dende Cospeito para a nunciar a primeira gran acción billardeiroa nista vila da terra cha luguesa, polo tanto abstéñanse moscas e moscóns se non queren quedar atrapados pola lingua implacábel da mítica rá de Cospeito , iste sábado tod@s á Lagoa de Cospeito e a partires das 17 h . tod@s na praza das festa da feira do monte. Contacto directo e inscripción>>aacarballeira@gmail.com / 659.749388
TABERNA DA CANCELA >> EXPOSiCION DE PINTURA SOBRE A VENDIMA!!


E coa maxistral obra do cartaz de costeito a nosa axenda alter-nativa da find tiña que vir en clave artística polo que non podemos máis que comentarvos e invitarvos a pasar e botar uns grolos do mellor albariño cos irmáns da mítica Taberna da Cancela de Xil en Meaño , con Abel e Paula á fronte ademáis dos mellores caldos , a mellor música as paredes da Taberna da Cancela albergan dirante tode setembro unha espectacular exposición sobre a vendima , imperdíbel xa que será a única exposición na que poderes gostar e olfatear o que os teus ollos ven...tod@s á Taberna da Cancela!!

quarta-feira, setembro 08, 2010

A SERPE MULTICOR DA LNB SUMÉRXESE NA LAGOA DE COSPETO NA BÚSQUEDA DAS MÍTICAS RÁS DA TERRA CHÁ!!

Cos motores rumbando en tódalas conferencias a serpe multicor da LNB torce a ollada ista find cara á fronte primaria da Conferencia Mae do NorLeste , por iso dende boca do furacán billardeiro anuncian xuntanza de equipos para iste xoves no Resturante Asador de barreiros apartir das 20 h, establecer as dinámicas de acción dunha conferencia a Norleste que ista tempada está disposta a chegar a Conxo para facer pleno absoluto de títulos nacionais incluido os premios de disfraces , mister Palán e Miss Varado. E como con palabras non se conseguen os títulos senón que son os feitos e suores dunha tempada os que marcan a ruta , iste sábado en Cospeito haberá unha poderosa intervención billardira nunha vila aínda virxe da terra cha , falamos de Cospeito e ás 17 h no campo da festa da feira do monte realizarase o explosivo I Aberto da Rá de Cospeito , inscripción e contacto directo>> aacarballeira@gmail.com / 659.749388 / 649.325103

E como non podia ser doutro xeito lanzamos unhas pinceladas para apoiar ise berro e isa acción billardeiroa que consiste en que con cada Aberto poidamos coñecer mellor e descubrir o maravilloso país no que habitamos e sobrevivimos , outro turismo tamèn é posíbel, Tod@s á lagoa , tod@s a Costeito!!

A lagoa de Cospeito é un humedal permanente situado no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital

provincial, Lugo.

Englobada dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, é un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño.

Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso meramente agrícola.

Neste humedal existen aves coma avefrías, ánade silbón, ánade real, cercetas, galiñas de auga ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos.

Con respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas com

a o Eryngium viviparum.

CASA LATINO , XANTAR DA TERRA CHA E DA LAGOA EN MUIMENTA!!



"Queremos facer de Casa Latino un lugar onde se poida xantar ben e degustar unha boa comida elaborada con produtos tradicionais, todo nun ambiente de tranquilidade». Esta é a filosofía de
Manuel Ángel Rodríguez Fontao, propietario da citada casa de comidas de Muimenta, con dous pratos estrela : O Terra Chá e O lagoa de Cospeito. O prezo é o mesmo para cada un: 14 euros. Os dos menús comparten o pan -da panadería de Muimenta, por suposto-, a bebida, o café (de pota-madre) e a queimada, con conxuro incluido.

O Terra Chá leva revolto de grelos Obenfield con xamón e ovos (de Casa Latino); polo campeiro (tamén da casa) con patacas á festa da Terra Chá, e de postre, filloas (de Muimenta, como non).

Para o Menú lagoa de Cospeito os pratos elexidos son: unhas troitas do Miño, unha carne de tenreia da serra de O Xistral, e quiexo de San Simón con membriño. Naturralmente atopamos unha gran eiva que é a falta das tan delicioas e saborosas ancas de rá da lagoa polo que un xeito de tentar subsanar isto é pasarse polo Latino para esixir que iste manxar sexa incorporado urxentemente no menú da Lagoa de Cospeito xa....

segunda-feira, setembro 06, 2010

ARRINCA O "QUÉN É QUEN?" O NOVO E DESCONCERTANTE CONCURSO NO UNIVERSO PARALELO DA LNB!!

Co lume ardendo intenso en tódalas conferencias e cun concurso de caracter mundial percorrendo as rúas do planeta a LNB bota a andar un novo e aterrados concurso baixo o nome de QUÉN É QUÉN?? Fotos de palanadores e palanadoras realizados fai anos en contextos alleos á LNB para que ti adiviñes de quen se trata e como non podía ser doutro xeito rachamos o xeo cunha espeluznante foto dun barbudo hoxe convertido en estrela absoluta da LNB a nivel nacional que cada golpexo del só pode ser comparábel ós tiros do Che Guevara na súa misión no Congo. Dispara pois e descubre ó primeiro palanador do QUÉN É QUÉN para conseguir os agasallos sorpresa diste espectacular concurso , non te cortes e descubre a identidade do palanador misterioso!!

Jang Ji Yun LIDEROU Ó RESTO DO MUNDO NO GRAN DESAFÍO MUNDIAL DOS BM+ OS OUTROS!!


Ó igual ca o director Koreano Park Chan-wook reinventa o noso tan amado subxénero cinematográfico de vampiros con 'Thrist' a palandora da mesma nacionalidade reinventou iste pasado domingo en Ribadeo iste noso gran desporta da billarda e dispara cara o contiente do sol nacente a forza e o lume das estornelas ardendo da LNB , atención a ista nova brosada-audiovisual conducida polo aymara-galaico Xan Rodiño que cunha amalgama brutal de idiomas consegue que a gran palanadora Jang Ji Yun amose a súa emocion total ó convertirse na primeira xogadora asiática en conseguir gañar unha carreira na LNB e que dispara as espectativas cara un posíbel encontro brutal entre palanadores e palanadoras Koreanos e Galaicos >> Play Tele-Varal : Entrevista a Jang Ji Yun, residente en Lyon e natural de Busan (Corea do Sul) puntúa por primeira vez nun aberto de billarda, concretamente no reto dos billardeiros ribadenses contra o resto do mundo.

domingo, setembro 05, 2010

MANU DO FAISCA CHEGA A TEMPO Ó INICIO DA SUPERLIGA EN SALVATERRA E ETA DECLARA UN AGARDADO ALTO O FOGO UNILATERAL!!


Sen dúbida nigunha ista find produxéronse case simultaneamente dúas das novas máis agardadas pola comunidade billardeira e internacional , despois do mítico video emitido por TELE-VARAL baseado na confusión de camiños do mítico palanador da Faisca Manu por fin logrou atopar a pista de Salvaterra donde a Conf. Sur arrincaba andaina , case á mema hora na redacción da BBC recibían un video dende Euskal Herria no que se anunciaba un moi agardo alto o lume para tentar unho solución dialogada e sen armas ó mal chamado conflico basco.

Mais a find troixo innumerábeis emcións compatidas, na pista de Salvaterra tomaba terra a palanadora Koreana coma reforzo da nova franquicia LNB , Bateas de Portonovo , un traxecto que levou á palanadaora asiática e a tribo bateeira rematar traxecto en Ribadeo formando parte da selección Resto do Mundo no desafío que puxeron riba da mesa un ano máis Os Billadeiros Musicais + Os Outros. Coa pantasma dos ladróns de trofeos sobrevoando o horizonte despois do atraco perpetrado en Salvaterra , en Ribadeo dous espectaculares copexos doados polo concello foron custodiados para evitar o posíbel roubo que deixara unha vez máis ós participantes sen trofeos. Cun exercito de palanadores do Norleste xunto con unha importantísima presenza de xogadores e xogadoras da conf. centro ( trouleiros e furabolos ) que lles servíu de test preparatorio para inciar en breves a competición regular no Castiñeiriño Compostelán + a participación de Sak o palanador dos Filloas de Sangue da NorOeste exerceu ademàis de Dj cunha espectacular sesión de sons galaicos preludio dos xostregazos que o vindeiro domingo nos ofrecerá na vindeira tempara do Radio Oceánica que tan maxistralmente pilota polos carreiros de toxo e lama da RGM , iso unido ó poder asiático da tribo bateeira de Portonovo formaron o temíbel equipo do RESTO DO MUNDO que pese a todo non puido batir ó muro de billardeiro construido pola temíbel tandem ribadense de BM+Os Outros que levaron a victoria que adicaron a Hugo o gran palandor do Norleste que guinda o palán ista tempada nun lapsus que todos agardamos temporal , sumerxete na espectacular crónica do acontecido no web oficial do Norleste.. .
Coa Bezouqueia quentando motores en Fene e construíndo estrelas coma a do Palandor Nelsón que fixo o sábado un hat trick ó imporse por terceira vez nun aberto bezouqueiro , Moaña confírmase coma o próximo destino da serpe multico do Sur e alí poderemos ver ó gran reforzo que o Faisca selou na madrugada do sábado no festival de Salvaterra , xa que Viana , o coñecido negociador Vigués chegou a un acordo con Aída, palanadora que vai entrar a competir de xeito regular na mellor liga de billarda do mundo coa camisola da estrela do Faisca para xunto con Yeyo tentar achegarse a ise tan desexado status de "normalidade" que a día de hoxe por sorte aínda teñen moi lonxe. Se o xa mítico video estalo dos Rodiño trocou para sempre o noso saudo e a nosa conciencia solidaria atención á entrevista en francés-galego e koreano a pé de pista de Xan coa palanadora Koreana d@s Bateas que vai deixar fondísima pegada no mundo occidental e oriental , nun intre no que hai un intenso ruxe ruxe sobre unha posíbel resposta en formato video ó estalo-aymara dos Rodiño chega tamén o bule dunha posíbel intervención billardeiro-teatral para levar a obra Aymara ós escearios estábeis e inestábeis do país enteiro, como podedes intuír unha marabillosa loucura colectiva invádenos niste arrepiante inicio da Superliga Galaica de Billarda, non te cortes e xunguete á serpe multicor porque aquí hai molido e toxo abondo para tod@s!!

sexta-feira, setembro 03, 2010

COMEZA O ESPECTÁCULO, QUE CORRA O SANGUE A REGOS DE SALVATERRA Á SELVA BOLIVIANA!!


Era algo cantado , a LNB abraza o compromiso poético-nacional que emana do mítico festival da Poesía do Condado para iste sábado en Salvaterra arrincar ista nova edición da Superliga Galaica de Billarda, unha edición que co impactante video-estalo da entrevista de Xan Rodiño emitida por TELE-VARAL tinxe xa irremediabelmete de indexenismo galaico cada un dos golpexos que en cada pista da LNB se produzan. Velas negras acesas , galiñas decapitadas.....o vudú e a máxia negra entra definitivamente nas nosas vidas e acompañará ós espectaculares estalos paralelos que ista edición se lanzan dende as cabezas fumeantes do Sur por se non fora pouco conseguir trofeos para os campións nacionais xa hai novas e espectacular categorías ás que premiar: Mellor Video-estalo, Palanador-a revelación, Mellor Lacón e como non as tan desexadas Mister Palán e Miss Varado da LNB. Arrincamos , moita sorte a tod@s e que corra o sangue a regos dende Salvaterra ó selva Boliviana!! >> contacto: 647.190789

SÁBADO BEZOUQEIRO EN FENE : I ABERTO ABERTO DA PANCETA E O CRIOLLO!!

Este sábado a partir das 17h no campo da festa de San Xoán de Piñeiro: I Aberto da Panceta e o criollo. A billa segue prendendo en Ferrolterra despois da chuvia de abertos de verán.
Todas as palanadoras e palanadores terán a súa cita no campo da festa, á procura da panceta que lamberá quen mellor lle atine. A darlle duro!! Contacto directo>> 636.280513

DOMINGO / RIBADEO 17 H : BILLARDEIROS+OS OUTROS VS RESTO DO MUNDO!!


Non pode haber mellor quencemento antes de comezar a Superliga Indíxeno-galaico Billardeira que saudala de xeito aymara-ribadense co mítico desafío mundial dos Billardreiros+ Os Outros no torneo das festas patronais posterior ó xantar de irmandade do xabarín da Pastoriza, polo Norleste tamén se nota falta de oxíxeno pola altitude emocional na que se reside....Agardamos por todos vos!! >> 636.843.377 (Daniel) - 605.316.896 (Marcos)

BILLARDA RASTAFARI EN CULLEREDO!!


E como gran recomentación musical dista find temos que facer referencia obrigatoria ó espectacular e referencial festival de música reggae que se celebra na Galiza, en Culleredo X edición do Fundation fest. cun cartaz que bota para atrás, cos locais Skarrallados despois de atopar baixista e co gran Fidel Nadal apresentando disco despois de destrozar escearios con Todos Tus Muertos imponse realizar un chamamento para que a vindeira edición poidados realizar no Fundation o 1º Aberto Rastaffari de Billarda con premio dunha follas de MARIA para poder fumar en libertade no dance hall de Culleredo.

quinta-feira, setembro 02, 2010

EXCLUSIVA MUNDIAL: XAN RODIÑO NO FACE A FACE INDIXENISTA DE TELE-VARAL!!



A cada paso , a cada respiración a cada intre unha cuestión no ar...chegou Xan Rodiño de Bolivia? Hoxe e en exclusiva mundial temos a resposta, se flipaches cos Mundos de Wayne o que nos propoñen os Rodiño nista impactante entrevista-estalo é un diamante en bruto que despois de darlle ó play é moi posibel que os directivos da CNN se despracen ate Portonovo para fichar ós brothers e mercar o formato do programa , sen oxíxeno te podes quedar despois distes aterradores 9 minutos, abvertimos tácticas vudú , saudos indíxenas , desengaño vegano e un sen fin de impactantes e históricos intres que converten o documento en algo mais terríbel ca as fotos do che fusilado na escola boliviana da La Higuera

SORATA-NEWS , A LNB CO INXENISMO MEDIÁTICO DIXITAL BOLIVIANO!!


O 9 de agosto de 2010 celebrouse o primeiro torneo aberto de billarda en Bolivia, a máis de tres mil metros de altitude sobre o nivel do mar. O municipio chámase Sorata, e a comunidade San Isidro. Situados no departamento de La Paz.


Nas fotos no espectacular crónico guindados polos irmáns indíxenas de SORATA , medio dixital boliviano de recente criación que en alianza co indixenismo mediático galaico do Varal amiazan con espallar a febre billardeira dende as alturas de Sorata por toda América do Sul , en Sorata relatan o acontecemento mundial da irrupción billardeira no que se apreza a precariedade de medios, pero tamén se percibe por riba de todo a versatilidade desde deporte indíxena boliviano-galaico , que se adapta a calquera terreo e ferramenta de xogo.


Xan Rodiño coma represntante da LNB en Bolivia actuou coma un palanador ou palanadora da LNB actúa, respeitando á cultura e á natureza do povo aymara co se fundíu durante un mes de irmandade e plenitude , vencedor no I Aberto indixéna aymara-galaico de Sorata en Bolivia Xan Rodiño acupou o máis alto peldaño de podium natural para no seu agardadísimo libro " O diario de Xan Rodiño en Bolivia " transmitirnos isa poderosa visión e o milleiro de accións de loita , vivencias en solidaridade e reflexións internas e externas que durante o seu periplo Bolivián o activista billardeiro de Portonovo puido ter experimentado. Xan Rodiño , indixenismo en cada varado!!

quarta-feira, setembro 01, 2010

O WEB-BLOG E O ESQUÍU BEZOUQUEIRO CONFIRMAN A NOVA CONFERENCIA LNB NA GRELLA DE SAÍDA DA GRAN SUPERLIGA GALAICA DE BILLARDA!!

Mentras que os chineses se preparan para o vindeiro ano convertelo segundo o seu horóscopo no ano do coello , lebre e do gato a LNB xa se adianta e confirma de xeito oficial a denominación dista nova edición da Superliga Galaica de Billarda coma o edición do esquío bezouqueiro xa que será o ano no os palanadores e palanadores pola Banda de Ferrol Terra e das terras do Eume poidan participar de xeito oficial nista gran tea da araña que é a Superliga Galaica de Billarda. Apresentamos pois o seu espectacular web-blog oficial no que tes que mergullarte xa de xeito total para coñecer con pelos e sinais cada un dos chimpos do esquíu bezouqueiro que iste sábado anuncia xa acción preparatoria cun explosivo Aberto ás 17 h no campo da festa de San Xoán de Piñeiro: I Aberto da Panceta e o criollo , Benvid@s irmans bezouqueiros porque entre tod@s tende por seguro que imos darlle duro de carallo a todo aquel se nos poña por diante , contacta e inscríbete xa na Bezouqueira >> 636.280513 / xms@hotmail.com