O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 30, 2010

ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET!!


Sobran palabras para comentar ista aterradora portada....Mafia Galega puña pé na Bretaña coas metralletas cargadas e con sede de vinganza para dirixirse ó esceario do Liet reventar o cargador , chegaban a Lorient os representes do idioma galego e da linguaxe dos paus!!

Na furgoneta as maletas e dentro as nosa ilusións para compartir con outros grupos e xentes da europa extrema unha mesma filosofía de resistencia con linguas e linguaxes de paises sen estado mais coa dignidade e forza suficiente para rachar os chantos que calqueira outra lingua allea e colonial nos queira impor.

Coa ollada ó fronte comezamos a viaxe cara ó teatro de soños no que se converteu o palco de Liet, a luz de Lorient e a brisa acariciaba o noso pelexo para empurrarnos sen medo cara o noso destino marcado pola gloria.

Galiza, Xenebra, Paris Charles de Gaulle>>Orly , Lorient ....e por fin colliamos os micros e pisabamos o esceario que ó día seguinte nos vería chimpar cara ó infinito coas nosas billardas e os nosos berros...billarda sempre, Adiante co Varal!!

ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET >> COMENZABA A TENSA E DESACOUGANTE CONTRA A TRÁS!!

A tension máxima producíuse no ensaio xeral a primeira hora da tarde antes da gran gala que agardaba apartires das 20:15 h . Vestidos para matar saíu a Mafia autóctona para desenfundar da maleta o noso Fracaso Tropical, os Chourizos de Meira e as Cebolas de Masma.

Suores compartidos dos tres Mafiosos e das xente que formoron o maxistral equipo humán , todos a unha estabamos inmersos na sempre tensa e desacougante contra atrás cara o avismo.


A proba de lume final consitía en realizar un semi varado sobre o esceario , durante a proba o resutado foi o previsto mais coa tensión do directo como o califiaron os xeniais comentarista de Gz en Varados , realizouse un retro-varado que á postre foi definitivo para deixarlle as armas a man a Paco para que fora el quen dera ise tan desexado Tiro de Graza e deixase desangrándose ó inimigo

segunda-feira, novembro 29, 2010

ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET >> CHEGOU A GRAN HORA!!

Orka petaban nos bidón e combinaban o seu brutal son cos desconcertantes berros foroces en lingua Feroesa, vibraba o público mantras Mafia Galega se preparaba no camerino antelasa do esceario antes de pasar ó matadeiro.

Só restaban uns minutos , Sak estaba cos tres sicarios antes de perpetrar o gran axustamento para o percorreran miles de km, soou por derradeira vez a base do telefono do noso dj e responsábel de Radio Oceánica , ó cesar a música olladas tensas e do silencio aterrador so roto polos golpes dos bidóns feroeses saíu unha voz da gorxa xa quente famenta de micro - Sak , deixanos ós tres sós porque agora a iste home temos que matalo nós!!

E así foi, con actitude como tiñamos prometido, defendemos unha lingua , un país ardendo dentro doutro país morto e murcho e unha filosofía de acción ensinando os dentes e sen ninbgún tipo de complexo, Paco dende Xenebra dirixíu toda unha perfomance que o sitúa nos altares do indixenismo galaico para sempre. A Chuvia fina de antaño converteuse en treboada brutal que inunda para sempre os nosa inmensa nave de buxo!!

Pasaban os segundo sobre o esceario e a Mafia afianzaba o seu atentado sonoro , só faltaba darlle o tiro de gracia.

E así foi , cun arrinque da actuación rachando moldes da man da visión extrema do fotógrafo Nachok que deixou á sala impactada por amosar unha praia das Catedrais embravecida coma nunca antes o mundo a tiña visto xamais , despois unha pequena escolma da súa apabuiante obra que deixou ó público boquiaberto e disposto para que a Mafia abria lume dende os curutos dos penedos bretóns. Se alguén tiña pensado vir á Galiza para desfrutar dos estereotipos da beleza da paisaxe e paisanaxe despois de ver ista proposta non dubidarán rexeitar isa patraña vendida dende os medios públicos para chegar ó país armados con paus e billardas e desfrutar da irmandade e paixón nos campos de concentración e adestramentos que a LNB está artellando construir para acoller a avalancha de turismo solidario-billardeiro que se prevé chegue ó país despois da acción de Mafia Galega


Diso xa se encargaron Paco e Felipe , os francófonos de Mafia galega deixaron un listón ó máis alto nivel na súa locución cos presentadores da Gala e na súa acción xa que foi o internacional coa Auténtica Paco, quen demostrou o seu dominio do deporte da billarda mediante o golpexo aproveitando que diante do esceario estaba a billarda e o palán co que xermán realizara o seu retro-golpexo que á postre foi fundamental para que Paco puidera ter o material a man co que asestar o tan desexado tiro de gracia no Liet Internancional 2010.

ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET >> A EXPLOSIVA FESTA DE CELEBRACIÓN NO SET GALEGO DESPOIS DE BAIXAR DO ESCEARIO!!

Respiracións entrecortadas, cigarros consumidos cunha sóa calada, vasos valeiros dun único grolo, a adrenalina non quería baixar dos corpos e das mentes dos membros de Mafia Galega desfrutando ó máximo despois de descargar as pistolas , metralletas e gorxas sobre o impoluto esceario do Liet.

Mais aló do exitazo sen paliativos da acción billardeiro-sonora de Mafia Galega no Liet unha outra estrela elmerxeu sen dúbida ó firmamento LNB, falamos claro está da estrela do hip hop suizo Felipe , con orixes indíxenas no concello pontevedrés da Estrada foi unha das locomotoras imprescindibeis para sacar adiante iste gran soño feito realidade, Paco e Xermán estaría espidos no esceario de non ser pola actitude brutal e o compromiso billardeiro de Felipe que nos deixou a todos impresionados.

Sak , nun arrebato de emoción , trocou por un instante os seus cascos de Radio Oceánica pola restra de chourizos de Meira que formaban parte da explosiva perfomance de Mafia Galega durante a súa actuacion , arrincaba a festaza con káterin galaico no camerino da expedición galaica...

E se Sak acendeu a mecha Paco colleu o coitelo e o prato para serviro o gran manxar das cortes galaicas misturado con pan tradicional bretón para ofrecer a todas as delegacións e grupos instalados no noso mesmo corredor, como non podía ser doutro xeito o irmán Dom Duff o representante de lingua bretoa estivo na festaza saboreando o país qiue de seguro e dende logo co impulso da LNB se seguro que logo pisará para realizar a súa tan desexada xira galaica.

A tension acumulada ficou consumida en cada petisco mascado e deixou paso á incredulidade e a exitación máxima por todo o acadado.

falar e rir coa boca chea mentras as nosas linguas minorizadas botaban a bulr quentadas polo chourizo , pan e licor que bulía na festa do set LNB no Liet , unha pegada imborábel para tod@s os músicos da europa alternativa que desfrutaron dise histórico intre.


Un final de festa que marcado no esceario pola espectacular actuación do mítico grupo breton de punk-folk Les Ramoneurs de Menhirs , unha apoloxía absoluta do indixenismo bretón que nos mandou cargados de raiba ó peirao de Lorient á festa final no barco-pub donde entre grolos e desexos de irmandade despedimos ós grupos irmáns para moi pronto de seguro voltar atoparnos en calquera parte disto noso infranqueábel universo paralelo.

ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET >> A GRANDE APERTA DA BRISA NO ADEUS BRETÓN!!

O solpor bretón saía para despedir á espedición galaica no seu ate logo embravecido , a combinación da friaxe xélida e a infernal calor das experiencia vividas forxaron unha inolvidábel e perpétua aperta coa terra e coas xente que niste Liet nos acolleron.


O aeroporto de Lorient resistíase á despedida e non quixo abrir as súas portas ate que o noso avión estaba prepararo para engulirnos.

Tampoco a Mafia quería despedirse da brisa xeada bretoa polo que Felipe fundiuse coma o queixo nunha aperta a varios metros da terra co vento mareiro de An Arient

A sección helvética de Mafia Galega agardaba o seu embarque cara centro europa cada día máis galaica lendo as crónica do derby Bretón entre o Lorient e o Stade Rennes desputado iste mesmo sábado a escasos metros de nós mentras as billardas e as nosas gorxas esixían billarda sempre.


OVARAL AIRLINES traía de volta á sección da Mafiosa que reside na terra , iste enorme viaxe cara ó centro do universo logrou abrir moitos flecos e innumerábeis e perpétuas alianzas externas e sobre todo internas e fíxonos ver que calquera acción por desproporcionada que semelle nun principio realizando con impetu , ilusión e cunha tripulación axeitada e implicada nada é imposibel, porque ó ollar o mapa e ver a Lesoto dámonos conta que a contrucción dunha auténtica República Billarda nisto que algúns chaman Galicia ou Galiza tamén pode ser posíbel...beizóns a toda a tripulación militante da LNB e atopámonos no camiño co palán ergueito e no brazo unha estrela... BILLARDA SEMPRE ADIANTE CO VARAL!!

A NAVE DE BUXO CONQUISTA A MAÑÁ!!

MOBILIDADE CON TEMPERATURAS EXTREMAS , UNIDADES OPERATIVAS ACTUANDO A TODA MECHA NO SUR E NA BEZOUQUEIRA ATIAZANDO LEÑA A UN LUME INMENSO QUE PERCORRE O PAÍS E O UNIVERSO, RETORNARMOS DO LIET-BRETÓN E VER E SENTIR TODO ISTO, FAI CONVENCERNOS A TOD@S AÍNDA MÁIS QUE ESTAMOS INMERSOS NUNHA XIGANTESCA BOLA DE NEVE MARABILLOSA E IMPARÁBEL, NORABOA DANIEL , NORABOA SALGUE E NORABOA A TODA A TRIBO LNB , HOXE ÁS 21 H. GALIZA EN VARADOS DESAFIANDO A BARÇA-MADRID E DESPOIS TODOS NA NAVE DE BUXO PARA CONQUISTARMOS A MAÑÁ...PALÁN ERGUEITO , ADIANTE CO VARAL!!

SÁBADO 27 , 20:38 H ....MAFIA GALEGA ASALTA A TIROS E PALABRAS O ESCEARIO BRETÓN DO LIET 2010!!


Detrás dista cortisa repousa un soño realizado , unha amalgama se sensacións e instantes vididos por un grupo de rapaces e rapazas ilusionados cunha causa e unha filosofía de ataque e respeto ó alleo , diferente e minoritario surxido das pistas e das xentes todas que poboamos os campos liberados da LNB. O bruar das bestas bravas invadíu ó esceario do Liet iste sábado 27 ás 20:38 h. para amosar ó mundo o noso alento sen complexos , unha punta de lanza formada por Francisco , Felipe e Xermán armados no palco que baixo o temíbel nome de Mafia Galega que a tan só uns metros de distancia contaban co impulso sen tregua do comando deprazado ate Lorient, Sak, Maria Teresa , Marta e María formaron iste gran equipo de valentes que sen eles non tería sentido nada do realizado. No país , Nachok , Xabier Cordal , Xavier Campos e Moises formaron o outro pilar de apoio sen o cal sería imposíbel realizar o salto mortal sen redes ó esceario do Liet.

Atentos porque haberá un especial Mafia Galega no Liet donde a única eiva foi non acadar os resultados deportivos desexados que eran ou primeiros ou últimos . Orka das illas feroe cunha explosiva e experimental mistura de música industrial extrema realizada con instrumentos reciclados e cantos tradicionais feroeses fixéronse con premio do xurado e os Friulianos de Resistence in Dub acadaron o premio do público ....moitísimas grazas a todos os que apoiástedes a Mafia Galega cos vosos votos e o voso alento dende a Galiza e dende tódolos recunchos do universo e refregade os ollos para o especial e histórico Mafia Galega no Liet, Billarda sempre adiante co Varal!!

quarta-feira, novembro 24, 2010

MAFIA GALEGA , ARRINCANDO OS CHANTOS E INVADINDO AS LEIRAS... ASÍ CHEGAMOS Ó LIET!! [ preme ]


Francisco Fernández, o padriño galaico-suizo da temida Mafia Galega manda unha mensaxe para toda a tribo da LNB dende o seu zulo en Xenebra horas antes de partir cara Lorient>> A VOTAR!! FORZA ESTORNELA!!



O sábado ás 20 h. abriranse as portas da sala de concertos de Lorient para ás 20:30 h. comezar a show . Poderalo escoitar en directo por livestream en http://www.liet.nl/internationaal espazo no que terás enlaces para velo ao vivo e donde tamén poderás votar para apoiar a revolución billardeira que representan Mafia Galega que imparábel se espalla coma o lume na herba seca , a orde de saída ó esceario será a seguinte que expomos a continuación, monta na nave de buxo para tod@s xuntos reventar a mañá, iste sábado todos os paláns ergueitos.... adiante co Varal!!

ORKA
Mafia Galega
Stephane Casalta
Jousnen Jarved
Rachel Walker
Xera
Pia Maria Holmgren
Equal Souls
Dom Duff
R. Esistance in Dub
The Temporary

Podes seguir tamén o Liet International no facebook do festival e no feis da expedición galaica de Mafia Galega.

ESPECIAL LIET>> ISTE MÉRCORES ÁS 23 H. NO PLANETA FURANCHO ....MAFIA GALEGA A CONTA A ATRÁS!!

ORKA , ILLAS FEROE>>

ATENT@S>> Cando sintades os bidóns e o son espectacular da chatarra reciclada preparaivos porque faltarán só uns intensos minutos para que Mafia Galega invada o esceario do Liet, efectivamente un pouco despois das 20H. diste histórico sábado o sorprendente grupo ORKA das Illas Feroe rachará o xeo en Lorient para deixar paso acontinuación á ensemble Galaigo-Helvética de I love i do e da LNB que realizarán o seu set baixo os designios da perigosa e temida Mafia Galega. Ademaìs hoxe mércores en Planeta Furancho da RGM ás 23 h. da noite unha parte da expedición mentras enche as maletas de paláns, billardas e unto radiactivo falará con Vituco para expresar como se están a viver istas horas previas antes do asalto ó esceartio do Liet.

DOM DUFF , A BRETAÑA

E como sabedes os màis espelidos , a querencia polo representante Bretón nista edición do Liet xa ven de lonxe. Dom Duff e a Mafia Galega xa conectaron antes incluso de cruzar os alentos coma os bois da chega en An Oriant, interconexións breton-galaicas que obraron a miragre de sacar á luz a xente tan espectacular coma a traductora viguesa Carolina Díaz de galego ó breton e viceversa que fixo posíbel que a filosofía da LNB e o son de Mafia Galega xa esteña bruando no ar bretón dende as ondas da irmán Radio Kerne , beizóns Carolina por todo iste esforzo ademàis de amosarnos o brutal son do Breizh 'n' Bass e Dom vémonos en An Oriant para botarlle isas cervexas!!

STEPHANE CASALTA, CORCEGA>>

A loita Corsa sempre foi unha causa irmá nos xeitos e nas formas, incluso a proposta do seu representante Stephane Casalta tratará de amosar a cara màis amábel e perigosa dos barrenos corsos contra ferreo xugo francés imposto nista preciosa illa da costa azul.

R.ESISTENCE IN DUB, FRIULI >>

E se de afinidades estilísticas temos que falar , aquí están os representantes do Friulio , dende o estado italiano chegan ó Liet R.esistence in Dub , un sound system que percorre toda europa amosando o seu espectacular Dub con raigame xamaicana e pegada hiphopeira. Dende logo cando eles sáian ó esceario toda a Mafia Galega de seguro está en primeira fila!!

terça-feira, novembro 23, 2010

ESPECIAL LIET>> TELE-VARAL LIVE ESTUDA REALIZAR UN PROGRAMA ESPECIAL DE APOIO A MAFIA GALEGA!!

JOUSNEN JARVED , Vepsisch DA RUSIA

Sen lugar a dúbidas a aposta favorita do director de Gz en Varados son as representantes do microcosmos Ruso que se expresan en lingua Vepsia , pode ser un dos motivos ademàis que empurrasen ós responábeis diste referencial programa de tele-varal para organizar un tórrido e exitanteTele_varal deluxe no serán do sábado para comentar ao vivo a gran acción billardeira que vai realizar Mafia Galega no esceario do Liet

RACHEL WALKER. ESCOCIA >>

A opsicion pseudo folkie escocesa de Rachel Walker sempre é unha opción a ter en conta màis nun contexto coma o de Lorient donde istes sons están sempre a flor de pel.

EQUAL SOULS , FRISIA >>

Unha das apostas a todas luces favorita son a opción Frisia representada polos Equal Souls, solvencia e presencia que deixan ás claras que a proposta provinte do Liet primario ten moitas opcións de levarse o triunfo final na categoría de público e xurado.

MARIA PIA HOLMGREN, SAMI>>

Da escola da grande Mari Boine é a representante sami que vai estar iste sábado no esceario do Liet, a cultura e a sonoridade da gran referencia Sami estará nos escearios galaicos o vindeiro 12 de marzo con Mari Boine na edición 2011 de sons da diversidade en compostela, os amantes do son do xeo teñen unha cita xa iste sábado no liet cunha das súas alumnas aventaxadas: María Pía Holmgren.

segunda-feira, novembro 22, 2010

VEÑA...CHAMADE Á XENTE QUE FACEMOS UNHA FESTA!!

Inmersos como estamos no universo da línguas e linguiaxes minorizados , depois de toda ista find utilizar o euskera e a lingua das estornelas arrincamos a semana cun desconcertante e atroador video estalo atopado nunhas das escavacións nas terras da Conferencia Sur, antes de inventarse o lume e a roda , os antepasados das actuais estrelas da LNB Fuco e Gil, xa tremían un detrás do outro , sen dúbida estades ante unha descuberta prehistórica que rematerá en desfeita total e absoluta na gran festa que iste domingo se vai producir en Salceda. Ise mesmo domingo na Bezouqueira tamén ensinarán os dentes , toda e info sobre o acontecido na xornada dista find e sobre os abertos que se aproximan no Galiza en Varados de hoxe ás 21 h, dendo agardamos logo poidan ser convidados os protanista dista polémica polo seu alto contido sexual curta prehístórica da LNB.

XERA ASTURIES>>

Mentras vos recuperades do impacto comezamos o especial Liet no que amosaremos algúns dos grupos que acompañerán iste sábado 27 de novembro a Mafia Galega e á LNB na súa gran acción no festival internacional de linguas miniritarias que se celebra en Lorient. Comezamos polo nosos veciños Xera, os asturianos parten coma un dos favoritos co seu tema "Tierra" no que afondan nisa súa querencia pola mistura do étnico e do técnolóxico que tanto nos presta, sorte e adinte!!

THE TEMPORARY, IRLANDA >>

Os irladeses a primeira vista son o grupo máis xoven de todo o festival mais traen consigo unha aposta explosiva dabondo para rachar coas táboas do palco de Lorient, trabalan en dóbel clave , acusticos ou enchufados sorprenden por igual e utilizando o gaélico coma bandeira de seguro que farán estragos no Liet diste ano elixan a proposta que elixan...


domingo, novembro 21, 2010

SEMENTES DE VICTORIA>>Galiziako jokoa Donibanen!!


Fato Cultural Daniel Castelao elkarteak antolatuta hainbat ekintza egiten ari dira aste honetan Magosto edo Gaztainerre ekimenaren baitan. Horietako bat II. Pasaiako Badia Tririkila Txapelketa da, eta Donibaneko Santiago plazan aritu dira hainbat herritar Galiziako jokoa praktikatzen.Arratsaldean gaztainerre herrikoia egingo dute Trintxerpeko frontoian, 18:30etik hasita. Bihar itsasoan hildako arrantzaleei omenaldia egingo diete San Pedroko Dorrean 13:00etan hasita. Eguraldi txarra eginez gero, lonjan egingo da omenaldia (7. atean). Ordu laurden lehenago, kalejiran irtengo dira parte-hartzaileak Trintxerpeko azokatik.


Cun Aberto salvando todas as adversiades na Conferencia Centro que ó final se converteu nun dos máis numerosos e intensos de todos cantos se teñen desputados na área estornela ademáis de estrear pista alumeada na inmensidade pola luces da paixón e estreando ademais vencedor como pasou con Sanchez que venceu á Campiona nacional Carmela nunha intensa final que podedes ver en toda a súa plenitude no Thriller-Franquista da xornada. E como sabemos que son moitos os que se preguntan e preocupan na conferencia sul e centro polo paradeiro do gran activista e palanador da Faisca Xosé Miguel ( tamén coñecido por Moaña) pois ben , aquí o tendes.....afeitado para eludir os controis policiais e dandoo todo unha vez máis nun dos comandos itinerantes da LNB para dirixir e formar ós txirikilaris euskaldúns no seu manexo do palán e no asedio ó Varal no multitudinario II Aberto de Pasaia. Con Xosé Miguel á fronte unha vez màis da impartábel embestida internacionalista dos bois da chega da LNB todo pode ser posíbel, incluso que as billardas poidan invadir o vindeiro sábado o esceario do liet con Mafia Galega ....xa nada poderá deternos!!

sábado, novembro 20, 2010

ESTE DOMINGO SINTONIZA A TDT, RADIO OU COMPUTADOR PARA O ESPECIAL PREVIA DO LIET 2010 EN Radio Oceánica da RGM!!


A boráxine brutal na que estamos inmersos fai que na resaca do exitazo sen precedentes acadado con case medio cento de inscritos no Aberto de Pasaia se pense irreversibelmente nunha posibel expansión txirikilari por todo o continente euskaldun, nun día no que a intenside chegou a límites descoñecidos no local de ensaio imaxinario da LNB situado a máis de 1000 km entre Suiza e Galiza mais interconectados pola paixón e os berros que o vindero sábado se van descargar a partitres das 20 h no esceario do festival do Liet Internacional de Lorient , pode ser que ista alta tensión correndo polas torres de electriciade da LNB que conectan Euskal Herria , con Xenebra e que tenen a sú toma de terra na Galiza sexa a que desestabilizaron ó gran franquica nómade da LNB na súa enganchada iste sábado na Conferencia Centro, a debacle dos Bateas no Pino de seguro que será un dos temas estrela do Galiza en Varados diste luns, polo momento recomendamos a toda a tribo coller alento e iste domingo sintonizar coa Radio Oceánica de Sak na frecuebncia da Radio Galega Música no teu transistor, computador ou aparello de TDT para apartires das 22 h. coñecer os entresixos dun histórico estalo que moi pronto vai estourar ...Billarda sempre, adiante co Varal!!

REFREGADE OS OLLOS...IKER DE TXIRIKILA BAI VENCE A TIAGO NA GRAN FINAL DO II TXIRIKILA TXAPELKETA!!


Malísimas novas para o inimigo, a Txirikila colle unha forza e amiaza conducida pola man de xeo e lume de Mourinho e do lendakari Filipe con consolidar unha competición con Abertos regulares en Euskal Herria., o sentimento de irmandade internacionalista eusko-galaico foi tan poderoso en Donibane que decididamente os txirikilaris queren optar por botarse ó monte pacer da mesma herba do campo liberado do que se alimenta a LNB. Xosé Miguel, Ana e a Tiago´s family foi a poderosa e inmellorábel representación da LNB que a istas horas aínda respiran e comparten o seu alento de loita por conquistar o soño da liberdade dos povos irmandada pola txirikila e a billarda. Unha selección basca de txirikila cuxa constituxión xa está no horizonte polo que Flores xa azuza ó seu asesor técnico Pinto para que ademáis de comentarios no blog do sul comecen a preparar a ofensiva billardeira fronte ó posíbel desafío dos palanadores da terras bascas....( atentos porque se preparan video-estalos e crónicos que axiña se irán destapando dista histórica enganchada)


Os tres primeiros foron:

1º Iker (EH)
2º Tiago (GZ)
3º Kampano (EH)

Xogouse distinto, primeiro en grupos de 6 dúas carreiras, dos que pasaban 4. Despois outra vez por grupos e así até unha final entre 4, onde se decidiu o primeiro, segundo e terceiro postos.

sexta-feira, novembro 19, 2010

O SÁBADO A VELLA PENEIRA A NOITE NO PINO E EN PASAIA ( EH )....E O DOMINGO EN RADIO OCEÁNICA DA RGM!!

Temos obrigatoriamente que recurrir ós grandes referentes literarios do país para amosar a inmesidade e podería dos estalos que temos diante, o referencial e imprescidíbel poemario de Xabier Cordal " A Vella Peneira a Noite " sirve de metáfora perfecta para describir a xeada de estrornelas que ista sábado a partires das 16 h vai caer sobre a pista do pavillón de Arca no concelo do Pino puntuábel para a Conferencia Centro.

ABERTO DE TXIRIKILA-BILLARDA ( PASAIA)

Un pouco màis lonxe do Restaurante Cruceiro donde como sabedes os amantes dos manxares equinos se saborean posbelmente as mellores tapas de potro do páis está Joma Mourinho dirixindo a indomábel tribo da Txirikila Bai que iste sábado a partires das 12 h prepara o asalto txirikilari á vila de Pasaia , palanadores e palanadoras da Faisca e dos Bateas botáronse ó monte e estarán cos seus paláns apoiando a emerxente insurxencia en Euskal Herria , ti aínda está a tempo>> 635.276663

MAFIA GALEGA NO LIET....TEREMOS O NOSO WATERLOO BILLARDEIRO!!


E por se non fora pouca intensidade o domingo tes obrigatiroamente unha cita coas ondas de Radio Oceánica, sintonizando o teu receptor de radio, mediante a web da Radio Galega ou simplemente concectando no teu aparello da TDT coa Radio Galega Musica ás 22 h sentirás un estourido histórico xa que entorno a ise gurú da música galaico-contemporanea se xuntará toda a equipa que está a preparar a irrupción billardeira no Liet Internacional do vindeiro sábado 27 en Lorient, Mafia Galega dende Suiza cun pé en Xenebra e outro na Galiza invadirán de furia e carraxe galaica todo o esceario e ti poderás ser testido delo segundoo pola páxina oficial do liet de feito o pai da criatura , Xabier Cordal dende os penedos de Montealto xa chama á movilización social comparando incluso a acción brutal do "Billarda Sempre" de Mafia Galega co Waterloo de Abba >> espállao ti tamén dende a túa fiestra dixital :BILLARDA SEMPRE, ADIANTE CO VARAL!!

quarta-feira, novembro 17, 2010

PRIMEIRO TOMAREMOS PASAIA E LOGO TOMAREMOS LORIENT!!

Primeiro tomaresmo Pasaia e depois An Oriant ( Lorient) a cidade Bretoa que acolle o festival Liet nista edición do 2010. Xa rumban os motores para o venres partir cara Euskal Herria se queres unirte ó comando galaico que parte de compostela>>627.780891 e se queres pedir zulo para dormir na vila de Pasaia akí o contacto para tamèn inscribirte no Aberto de Txirikila-Billarda no que de seguro que as grandes estrelas da Txirikila coma Filipe voltarán brilar coma o sol na folla da brosa, contacto>635.276663

MAFIA GALEGA E A LNB, O SÁBADO 27 NO LIET INTERNACIONAL DE AN ORIANT!!

Mais o fito internacional rachará calquer teito imaxinábel cando as furiossas billardas da LNB invadan xunto co grupo-suizo galaico Mafia Galega o esceario do Liet para interpertar nunha brutal intervención etno-hiphopeiro-billarda o Himno da Auténtica composto por Xabier Cordal, atención porque como podes supor isto non se retransmitirá pola Galega poderás seguilo ao vivo na páxina do Liet Internacional ademáis doutras canles internacionais coma a CNN mentras lle prendes lume ó teclado do computador votando e apoiando a histórica acción do comando suizo-galaico da LNB....Billarda Sempre, adiante co Varal!!



terça-feira, novembro 16, 2010

A PRESENZA DE DAVIDE , O PALANADOR DOS FIILLOAS DE SANGUE NO ESTUDIO DE GZ EN VARADOS FAI RACHAR AS AUDIENCIAS!!


Xosé Rodiño, de Os Bateas de Portonovo, veu a Foz, lanzou a cana e levantou diante dos fuciños de Reyes e Guille o chicharro lañado. E se queres ver o biopic- bateeiro da conquista chicharreiro akí tes o impactante video-estalo pillado a pé de pista con tanta intensidade que se respiras fondo poderás ulir o penetrante olor salgado dos chicharros.

E ademáis dos chicharros de Foz no NorOeste celebrouse como sabedes a arrincadeira no parque de santa Margarida e a presenza ontes do gran palanador dos Filloas de Sangue no programa Galiza en Varados fixo durante a súa intervención rachar o pico histórico de audiencia niste espazo feito ao vivo dende Compostela que racha moldes. A poderosa e mítica Conferencia Noroeste volta á carga desafiando as audiencias e a chivia fina, ademáis Gliza en varados estreou sintonía co estalo billardeiro doa Maghua que con Serxio á fronte na pista reivíncade a diario co pandeiro e co palán....billardas e olas de 12 metros invaden A Coruña!!

segunda-feira, novembro 15, 2010

O REFERENCIAL "MANISTA.COM" INAUGURA A TAN DESEXADA ALIANZA ENTRE O UNIVERSO PELOTARI E A LNB!!

ESTALO ABSOLUTAMENTE HISTÓRICO É QUE PODEDES DESFRUTAR Ó VER COS COSOS PROPIOS OLLOS A ESPECTACIULAR RESEÑA SOBRE O ABERTO DE TXIRIKILA-BILLARDA SE FAI NO REFERENCIAL ESPAZO NA REDE DO DEPORTE DA PELOTA BASCA, MANISTA.COM É UNHA REFERENCIA ABSOLUTA, UNHA ESPECIE DE DEUS NO UNIVERSO DO DESPORTO DE ESENCIA TRADICIONAL EN EUSKAL-HERRIA E NO MUNDO QUE NOS AMOSA O XEITO CORECTO E PRECISO DE EXPOR E TRATAR NO SÉCULO 21 UNHA DISCIPLIA TAN PODEROS E CON TANTA HISTÓRIA E COMPLEXIDADE VITAL COMO SON AS DISTINTAS MODALIDADES DE PELOTA BASCA. Pasaia prepárase e desde manista.com espállase o lume txirikila que vai invadir ista find toda euskal herria , ademàis se te queres botar para aló non esquezas descargar a espectacular guía da Ruta dos grandes campións pelotaris editada por manista.com

II "PASAIAKO BADIA" TXIRIKILA TXAPELKETA Azaroak 20 11:00tan Santiago Enparantzan (Pasai Donibane) GAZTAINERRE HERRIKOIA Azaroak 20 18:30tan Trintxerpeko pilotalekuan Antolatzailea: Fato Cultural Galego "Daniel Castelao" Babeslea: Pasaiako Udala


domingo, novembro 14, 2010

HHCH , O RECOPILATORIO DE HIP HOP SUIZO ABRE A GRAN XEIRA DE ACCIÓNS INTERNACIONAIS DA LNB!!


Un bar , un mostrator e unhas mesas nun currunco do país soportan o peso brutal da imparábel expansión internacional do proxecto deportivo e cultural da LNB, niste mostrador bebeu Joam Mourinho coordiandor do Aberto de Pasaia que iste sábado 20 terá a súa segunda edición e aquí tomaron o habitoallamento o comando de palanadores que na pasada edición particiaparon do encontro salvaxe de txirikila e billarda. Nunha distas mesas como Paco de Mafia Galega afirma iste domingo na presentación do disco recopilatorio de grupos de hip hop suizo en Radio Oceánica da RGM, teceuse sen sabelo nen imaxinalo cunhas cervexas e aceitunas coma únicos testigos a explosiva irrupción diste vindeiro 27 de novembro no festival do Liet Internacional . Menos mal que por ista Taberna do Povo tamén pasaron os escalo-palanadores da Conferencia Sur da LNB que nos deixaron cordas e ganchos suficientes para asegurar calquera das nosas escaladas internacionais , ademáis duns misteriros pós brancos que non sabemos se é para botar nos fuciños ou para refregar as mans para non resvalar nos perigosos penedos.....

OS BATEAS GOLPE DE ESTADO NO NOROESTE E NORLESTE!!


Domingo de doblete para os Bateas , a máis nomade franquia da LNB con sede en Portonovo e multitude de zulos espallados polo pais puxo á súa dobel_X a funcionar , na mañá no Aberto en Santa Margarida no arrinque da Conferencia NorOeste foi Xan Rodiño fronte a Lois dos Filloas quen se fixo co trinufo e no serán en Foz foi o menor dos Rodiño, Xosé que se fixo cos chicarros lañados. Atención porque A Nosa Terra abre espazo de información billardeiro con datos dos resultados da xornada.

O SELECICIONADOR NACIONAL FLORES , SUPERVISA O PRIMEIRO ENSAIO DO HIMNO DOS BATEAS!!


Con emisión no seu horario de luns ás 21 h Galiza en Varados de seguro que poderá ofrecer un adianto do explosivo estreo do himno dos Bateas realizado ó final do Aberto do Chicharro , súmanse así os Tres Tenores do Salnés acompañados de Daniel dos BM á gran bola de lume do proxecto de activación sonoro-cultural polo que a LNB leva loitando tan intensamente e que en exclusiva mundial no concurso de Gz en Varados poderás conseguir un adianto en formato maqueta do que será o gran barreno chamado República Billarda....iste luns ás 21 H do luns tes unha cita ineludíbel con Galiza en Varados!!

PACO GALEGO E SAK ARRINCAN A NAVE DE BUXO INTERNACIONALISTA DA LNB EN RADIO OCEÁNICA DA RGM!!


Iste domingo apertires das 22 h. na frecuenciua da Radio Galega Música e no programa Radio Oceánica conducido por Sak, palador e dj da LNB que terá no seu referencial espazo de música avanzada a Paco Galego , palanador do Olimpique de Xenebra e membro de Mafia Galega representantes galegos no festival de Linguas Minoritarias Liet Internacinal que se celebrará iste vindeiro 27 de novembro en Lorient . Iste domingo ao vivo e en directo dende Suiza Paco falará do recentemente editado recopilatorio de grupos de Hip Hop suizos editados polo seu selo Faya Records que está a causar furor en centroeuropa, coas billardas bruando en Pucela levados polo comando de siareiros de apoio á Celta que iste domingo se enfronta ó valladolid inauguramos a quincena internacionalista que terá os seus epicentros absolutos no Aberto de Txirikila-Billarda en Pasaia (Euskal-Herria) o vindeiro 20 de novembro e a participación de Mafia Galega-LNB no festival do Liet Internacional do sábado 27 de novembro...a gran peromance internacionalista da LNB bota a andar , sube á nave de buxo que arrinca ista domingo ás 22h na Radio Oceánica da RGM!!

sexta-feira, novembro 12, 2010

ULTIMA HORA>>SANTA MARGARIDA POR LABAÑOU NO NOROESTE E NO SAHARA PALÁNS ERGUEITOS CONTRA A MASACRE!!


Atención, palanadoras e palanadores! Vémonos obrigados a trasladar o comezo da Conferencia NorOeste a outro punto estratéxico da Coruña, o parque de Santa Margarida! Labañou, así como outros barrios koruñentos, prepáranse porque terán a súa oportunidade de ser sede da liga cando as cousas estean aínda máis quentes, toda a información no noso blogue e facebook! Súbete ao barco atlántico da LNB-NorOeste! Contacto>> 605.316896

BILLARDA SAHARAUI , A ÚNICA RESPOSTA ANTE A MASACRE!!



Sen dúbida a LNB non pode quedar de brazos cruzados
e debe
estar presente en calquera lugar
onde os dereitos de calquera persoa
a vivir en paz e en liberdade sexan postos en perigo
por outras persoas pola forza.
A LNB invita ferventemente a enviarlle un texto
de solidaridade e respalada ós palanadores
e palanadorasque QUE decidan porse á
disposición destes colectivos para ir
cara o sahara interpor as
billarda ás balas marroquís..HIJO DE PUTA!!

SÁBADO DE RESACA EN MOAÑA E DOMINGO LAÑADO EN FOZ E LAVAÑOU!!

Domingo Sangriento é un término utilizado para describir dous eventos de gran controversia na historia da irmá Irlanda. O primero deles foi a masacre producida en 1920 nun partido de fútbol gaélico en Croke Park, Dublín. De seguro que non chegará o sangue ó ríos iste domingo no Aberto de Foz mais a sangue convertirase en poderoso sal de irmandade entre as equipas e palanadores que ioste domingo apartires das 16n se acheguen ate Foz para ou ben no Capo da Cabana ou n pavillón do CEIP Nº1 desputar o magnícifo feixado de Chicarros Lañados que antigamente tanta fame sacaron e que nistes tempos de escaseza e crise xa se converten en manxar para a mesa que os acolla.

Chove sobre mollado, foi o que pasou o ano pasado niste referencia Aberto na vila de Foz donde a chuvia e a oscuridade acompañou unha magnífica sesion de billarda en toda a súa pleniutude, e atención porque se no adestramento castañeiro os Remourelle Bulls xa amosaron os dentes,e en Foz coa imcorparación da súa irregular mais intimidadora estrela Milio que formará tamdem nunha franquicia ó completo tentarán que algún dos seus palanadores poidan facer doblete xa que Ginés ó posuidor das espiñas dos chicharros. Contacto>> 605.316896

NOROESTE>> I ABERTO DE LAVAÑOU / domingo 12 h
Cunha tan instensa guerra de guerriñas na que a LNB está inmersa nas aldeas , vilas e cidades do país a tribo do norte decide botarse a diante para gañar ista batalla inmensa no loita de billardas barrio po barrio, é por elo que iste domingo ó medio día a mecha arrinca en Lavañou e ti tes que estar aló co palán aceso e a lingua disposta ó idioma Koruño para no seu idioma zouparlle ás billarda indomábeis do NorOeste . Contacto>> 679908773 (David Fontán)

SÁBADO MOAÑA>> SAN RESAQUIÑO.


Comezar a arrincadeira billardeira de resaca é o axeitrado e deixándolle claro ós futboleiros que o o partido Barça-Madrid non se troca para o luns por intereses de emisión senón porque espantados na LFP polo puño na mesa da Conferencia Sur e da Bezouqueira de por os seus Abertos puntuábeis en domingo eles non tiveron màis remedio que transladar a pachaga para o luns....un brinde iste sábado en Moaña cos irmáns da Ghudalla na festa do San Resaquiño por iste truinfo e que os do futbol non nos tenten que podemos por outro Aberto para o luns ás 9 da noite e despois a ver que pasa....polo monento Galiza en Varados vai por as cousas claras e non teme a guerra de audiencias dista luns lañado...

quarta-feira, novembro 10, 2010

A LNB DESAFÍA A SUPREMACÍA DOS DEPORTES STANDARS INVADINDO OS PAVILLÓNS DO PÁIS ENTEIRO!!


Cando a LNB comezou a súa andaina moitos ilusos comentaban que iste era un "xogo" cinxido exclusivamente á época de verán , para realizar nunha festa despois do xantar na casa para entre risos baixar a comida, ises non sabína o que se lles viñan enriba .Dende o inico dos tempos da LNB a cara distes e o seu lema de "unha vez ó ano non fai dano" estiveron no centro da diana.


Tamén parecía incríbel ver a palanadores en pleno inverno xogando baixo a chuvia como se fixo en históricos intres no poderoso volcan en erupción do Norleste que grazas a accións tan brutais coma istas de desafiar sen pararaios os lóstregos e as tormentas inferenais podemos dicer que hoxe estamos donde estamos, cunha find á vista que se abre xa con fenomenal resaca na espectacular festa que os irmáns da Ghudalla artellan para iste sábado ás 22 h na casa da cultura do Abelendo en Moaña, imperdíbel o cartaz que xa está guindado no web da Conf. Sur e que será o exitante previo para o vindeiro "domingo-18 " realizar no Pavillón de Salceda unha nova enganchada regular na conferencia . Mentras e xa cos palán pedindo billardas nas mans estáns os palanadores e palanadoras da NorOeste que iste domingo ó medio-día se estrean en competición regular co Aberto de Lavañou ( A Coruña ) que unhas horas despois ás 16 da tarde en Foz con toda a tribo da LNB do NorLeste corpo presente lañará coma os chicharros que recibirá o campión ou campioa do Aberto o país enteiro. Cando se nos poñían impedimento que nos pavillóns as nosas billardas estropeaban o chan poucos dises carceleiros deportivos podían prever que ó ritmo que imos donde xoguen as billardas non poderán voltar botar as pelotas dos deportes coloniais. Ó ar e a cuberto a gran nave de buxo da LNB conquista o mañá!!

terça-feira, novembro 09, 2010

OS TAMARA E A LNB CO POVO SAHARAUI , QUE MARROCOS SAQUE AS SÚAS MANS DA FLOR QUEIMADA POLO SOL!!


A flor do deserto á que o grande Pucho e os seus Tamara xa cantaban xa fai décadas volta arder mais dista vez polo lume das balas da miseria opresora e colonial do governo marroquí, ontes no Galiza en Varados nunha nova e histórica emisión con apertura de corresponsalía na base antártida de Portonovo , lanzouse a idea compatida por toda a rabuda audiencia de condear tanto nos abertos establecidos do domingo en Lavañou e en Foz coma en calquera outra acción que membros da LNB poidan establecer, a brutal agresión á que está a ser sometida a populación saharaui polo inxerencia do exercito alauita.

Lazos negros, bandeiras do Sahara ou calquera cousa que se vos ocorra para condear ista brutal acción do estado marroquí será benvida ás pistas da LNB , non é a primeira vez que a os palanadores e palanadoras amosamos a nosa solidaridade como canta Pucho coa terra favorita do sol porque ademáis de seguro que non será a última porque o que estamos ver no Aaiún non é nengún espellismo no deserto abrasador...paláns e ballardas co povo saharaui!!