O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 20, 2011

EN XANEIRO , A LNB PON OS PES NO BRASEIRO!!


Sen alento, e facendo un chamamento ó aprovisionamento de víveres para como pasou na xornada por exemplo de Castro da semana pasada moitos palanadores e palanadores ante a intensidade non probaron bocado en todo o día , atención porque a sementeira arrinca o sábado nas leiras da Conferencia Centro ás 16 h no IES Viaño Pequeno en Trazo , colabora xunto coa LNB o concello de Trazo, un feito do que deberían tomar nota o resto de concellos nos que as billardas e estornelas toman terra, xa sabes.... iste sábado xunquete á arado no Aberto de San Mateo de Trazo porque se queres ter pan dabondo, esterca ben e ara fondo , contacto directo>> 653.643034

DOMINGO 16 H>> A CONFERENCIA NOROESTE RETORNA Á SARDIÑEIRA!!

Non podía ter mellor guinda unha find de intensidade máxima que experimentará un brutal chimpo coa patada a seguir da tribo do Noroeste, a conferencia asentada na cidade da Coruña volta á Sardiñeira e faino o domingo e en horario de tarde , ás 16 h . para facilitar a tan desexada volta dos palanadores e palanadoras da histórica franquicia da Treu que van voltar a por os seus puños e os seus paláns donde sempre tiveron, na grella ardendo ó carón dunha revolución que ó igual que a música dos irmàns dos Tres Trebóns iste vindeiro sábado 22 retumbará na casa das Atochas para evitar o desaloxo ilegal , as billardas da NorOeste e de todo o país están tamén listas para cando os Okupas chamen á nosa porta . Contacto directo>> 679.908773

CATALUNYA Vs GALIZA >> BARCELONA ACOLLERÁ A 1º FERRADURA MEDITERRANEA DO BÉLIT-BILLARDA O VINDEIRO SÁBADO 29-X!!


Non sabemos cal será a mellor postura , ergueitos , deitados ou sentad@s para posicionarse á hora de recibir ista brutal confirmación que xa podemos realizar, o vindeiro 29 de Xaneiro estaremos estribindo outra páxina histórica no desporto galego e dos paisos cataláns xa que mediante a xestión da LNB capitaneada polo representante bilhardeiro en Barcelona Ángelo se vai materializar un soño durante moitos anos perseguido. Mais non só será un partido entre dúas seleccións irmàns o que vai pasar en Sant iste vindeiro fin de semana , palestra e mesa redonda centrada na revolución billarda no contexto galego actual e futuro será o tema do debate paralelo realizado no centro cultural que acolle iste explosivo couce mediterraneo. Será Sak , o mítico palanador dos Filloas de Sangue e conductor do referencial Radio Oceánica da RGM, a quen Flores lle encargou a xestión deportiva da Auténtica que vai tentar facerse con ista 1º Ferradura que se desputará como non podía ser doutro maneira ó xeito Bélit e será tamén Sak xunto con Ángelo os voceiros oficiais da LNB nos foros e palestras paralelas a iste brutal encontro Bélit-Billarda. Aténtos ás pantallas por que a Auténtica prepara as albardas para dende os paisos cataláns lanzar ista súa nova e poderosa couce internacionalista!!

1 Comments:

  • At 12:14 PM, Anonymous Anônimo said…

    Alégrome de que saia este torneo de bélit-billarda, mais a ver se a próxima vez (que espero que sexan moitas) se avisa con máis antelación para poder planificar a viaxe e poder participar. De todas formas, parabéns por conseguilo!

     

Postar um comentário

<< Home