O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, fevereiro 27, 2011

"DANIEL DE FESTI-FOLK" FAISE COA CACUCHA DO ALL STARS BEZOUQUEIRO NO MEDIO DUNHA BRUTAL CHUVIA DE BILLAS , ESTRELAS E WATIOS!!


E como non podía ser doutro xeito ....as cachuchas non pararon nista nova e explosiva edición do Billa-RDA All Stars na pista de Porto no concello de Cabanas en territorio da emerxente Conferencia Bezouqueira. O amlísomo repertorio de actividades troixo os seguintes resultados:
Campión de varados-habilidades: Daniel dos Billardeiros Musicais , Campión de Mates : Ivan Bateas , gañador de lanzamentos de longa distancia Toño dos Furabolos e campión do Aberto das estrelas e polo tanto posuidor da tan desexada Cachucha do All Stars o palanador da Bezouqueira Daniel do Festifolk , ademáis nista edición nomeouse tamén ó MVP , ou xogador más varioso de toda a xornada , premio que levaba asignado unha espectacular bandexa de tripas salgadas que foron parar por unanimidade ó palanador dos Cernadas Manel pola súa espectacular actuación en tódalas disciplinas inclusive na derradeira e fóra de programa que foi largarse antes de rematar a final do Aberto para o estaido de Riazor e ser parte directa no freado en seco que o Depor lle propinou ós mercenarios de Mourinho. E coma a onda expansiva do ALL Stars chegou incluso á Coruña no Aberto puntuábel diste domingo , final de infarto entre palanadores da e franqucias nómade , Geni dos Roteiros e Xan Rodiño dos batea , despois de varios empates foi o palanador vexetariano que se levou o triunfo niste aberto da Conf. NorOeste.

Unha xornada na que nas probas da mañá , varados-habilidades e Mates a suave caricia do barruzo espeso acariñou o pelezo dos palanadores e palanadoras que aínda que caeran chuzos de punta ían estar na pista de Porto desafianado o temporal . A intensidade do concuros de presión e resitencia na voráxine dun minuto desembocou nunha final para desfacer o empate entre dúas mega estrelas do universo LNB , Daniel dos BM e Rubén Otero desfixeron un empate que se desfixo coa bandexa de rabos na man do palanador do hmisferio norte. Os mates , unha vez maìs foron de impresión nunha intensa mañá na se destilou creatividade a eito na nomenclatura e na feitura dos espectaculares prefomances fronte ó Varal, compromiso coa causa impulsada ademáis por un xurado implacábel que decidíu que por primeira vez na história dos All Stars un mate individual fora o campión dista referencial disciplina billardeira.


Un All Stars no que coma nas anteriores edicións se puxeron sobre a mesa os pilares básicos para afrontar o gran reto de conquistar de novo Conxo na máis intensa e multitudinaria final nacional de todas cantas se teñen desputado que co impulso de toda a serpe multicor da LNB , do compromiso e da auto-xestion sacaremos unha vez máis para diante de xeito exemplar-


Tarde de grandes accións e de horizontes alumeados polas olladas alumeadas polo licor café e o viño do espectacular cocido de irmandade inxerido no restaurante A Lareira e consumido pola forza e a emoción do histórico partido das estrelas de novo na pista de Porto. Unhas facañas que inclusive abriron a fenda para a incorporación de novas disciplinas en vindeiras edicións do All Stars como é a do concurso de tiros de altura na que sen querelo e sen poder evitalo inaugurou o referencial comentarista e dj de Radio Cabalinho Rubén Otero. Mais non foi a única inaudita acción de altura , ate Cabanas chegou tamén Nachok , o fotógrago galaico coma se un reporteiro de guerra se tratara meteu a súa cámara de novo entre a chuvia de billas do partido das estrelas mentras que o seu compañeiro e cantante tamén no mítico grupo xunto a Nachok, Diglósicos e Porco-jones , realizaba o histórico primeiro mapa sonoro dun partido de billarda cuxos estalos se incluirán coma as capturas de nachok no disco República Billarda.


E coma guinda para unha nova xornada histórica impresionate o concertazo do grupo de Grind Core galaico Ilegível, dende o Salnés e desafianado incluso as baixas de ultima hora na formación realizaron un apabuiante barulho-set que os catapulta xa entre os máis grandes do panorama galego ceives de calquer tipo de complexos que amordaza á maioría das bandas que buscan unicamente no caduco circuito de salas o seu espazo de actuación, ilegível deu o paso para buscar novos vieiros para canalizar os seus brutais micro-ouveos dun feixe de segundos , hai grupos que necesitarían varios discos para chegar a expresar o que ilegível realizan en tan só 8 segundos. Un grupo cuxo son dixital e en k7 se espalla imparábel polo Brasil e por USA e que mediante o terríbel trampolín da LNB realizan o chimpo mortal cara ás augas galegas... perfílanse xa coma unha das grandes estrelas no cartaz da sesión vermute alter-nativa dos play off nacionais de Conxo. Cacheiras, tripas, rabos e uñas.... beizóns a tod@s e adiante!!