O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, fevereiro 01, 2011

PALÁNS , STICKS E EXTREMECEDORES LÓSTEGOS AUDIOVISUAIS!!

Va de Bòlit from joanot on Vimeo.


Coa descomunal pota de caldo fervendo aínda no interior dos participantes no histórico encontro en Sants entre as selccións de PPCC e da Gz atopamos no medio das rabizas revoltas por Ángelo ista espectacular trailer da curta documental Va de Bólit , nun intre no que as recolleitas históricas van agromando no referencial TODO-LNB con Sak comentando o poderoso xermen musical disa conferencia e do comandante Sardinha profundizando nisa esencia musical-billardeiro que forxa tamén o arrinque da Conferencia Bezouqueira co Aberto do Festifolk e coa forza do doce impulso da proia e do espírito contestario do esquíu defendeno cos paláns e as billas o espazo natural do Piñeiral da Magdalena. Vaise forxando pois pouco a poucoise xa tan desexado documental billardeiro que poida percorrer o mundo dun recuncho a outro amosando dende a parede do pazo de cultura de Meira adaptada coma pantalla xigante ate o propio festival de Sundance , as billardas non van parar e non é cuspir para riba xa que iste vindeiro xoves 17 de febreito no espectacular marco do Percebe Son no EIS Audiovisual de Vigo no que Xurxo Souto e demàis convidados e grupos converiran as aulas nun fervedoiro de cultura e sons , pois no medio dise barullo e estudando cunha man na cámara e con outro no palán hai militantes LNB atentos á xogada e dispostos a converterse nise Spike Le galaico que plasme as loita e a tensión nas silveiras do país e nas pistas da LNB. E moita atención á espectacular cámara que ten o rapaz da curta Va de Bóli adosada ó casco na caluga para plasmar a visión real durante o golpexo....



...porque é a mesma utilizada niste explosivo estalo sobre rodas da factoría El Farero realizada fai tan só uns días durante as salvaxes sesións de adestramento da equipa ribadense de Hockey Liña donde tamén militan palanadores. Cando o gosto polo desporto tradicional da Porca e a paixón absoluta pola espectacularidade da NHL se xuntan só poden saír os temíbeis PORCO-TEIXOS DE RIBADEO, unha equipa que xa ten no horizonte rematar coa hexemonía dos Lostregos de Lugo exercen en todo o país galego. O propio Farero que é quen se enfunda o casco coa cámara na testa mentras lle zoupa á bola e se desliza coma un can famento cara ó óso, é un dos impulsores principais dista loucura que se te atreves cada luns apartires das 2o h. poderás tamén formar parte.Percebes, Lóstregos, Porcotreixos e Bacalouras tamén teñen Ribadeo coma nova casa xa que xa é ofical que a tenda Ramos-Complementos na rúa Viejo Pancho ( fronte á pasteleiría Candelaria ) é distribuidor oficial de Rei Zentolo na Mariña de Lugo e será ademàis a primeira tenda oficial dos Zentolo na que se poida adquirir os xa famosos Packs da LNB , agardamos pois que ista gran iniciativa pronto se espalle ás demais tendas oficiais da marca galaica en tódalas cidades donde teñen cabozo....Billarda sempre, adiante co Varal!!