O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 22, 2011

FESTA DA BILLARDA DE CERCEDA NO PLANETA FURANCHO E TODOLNB EN VERSIÓN DIXITAL NO GALIZA-LIVRE!!


Todo preparado para iste sábado comberter Cerceda no epicentro mundial do universo billardeiro, baixo o espectacular nome de Festa da Billarda a tribo do NorOeste traza un espectacular foco de tensisón e atracción xunto cos irmàns da Asociación Lucerna que xa teñen a vila patas para riba cortando rúas e acendendo mechas que estourán iste sábado apartires das 12 h. nista histórica acción cuxo aberto será ademáis puntuábel para a conf. noroeste. Rogamos que a xente que vaia participar no xantar de irmandade vaiades confirmando asistencia >> aclucerna@gmail.com ou nos telef. 679908773 (David Fontán) ou 658847377 (Roi Moris) . Hoxe martes, no micro-espazo República Billarda inxertado no programa Planeta Furancho da RGM apartires das 23 h . farase un espectacular percorrido polo Planeta Cerceda con David Fontán, palanador dos Filloas de Sangue coma guía de luxo que nos conducirá dende as loita perpétua das Encrobas , pasando pola chuvia de folerpas da central de Meirama para baixo unha brutal b.s.o creada por bandas autóctonas esfollar o explosivo programa dista espectacular festa do deporte nacional galego , é dicer....festas moitas , pero coma as da billarda poucas!!



Descarga>> revista_todo_lnb_1.pdf
E coma os foguetes van estouras no ceo de Cerceda , os regos escritos da referencial revista TodoLNB con estoura das mans dos palanadores e palanadoras á rede por medio da xestión do irmáns de GalizaLivre que na pista de Mondoñedo selaron ista alianza para a tan desexada distribución dixital dista publicación que racha moldes. Deixamos a espectacular Nota de Redacçom/ A Liga Nacional de Bilharda continua a afiançar-se na recuperaçom do desporto tradicional galego por excelência. Agora publicará mensalmente a revista TodoLNB, na que irám escrevendo "as memórias deste coletivo de mulheres e homens, de nenas e nenos, que decidírom dedicar parte do seu tempo de lecer a jogar à estornela, à pinca, à bilharda, à cachiça, ao pateiro". Neste primeiro número que adjuntamos, tendes o calendários das vindeiras competiçons, a história dos Remourelhe Bulls, as classificaçons de todas as conferências, e umha cheia de fotografias.