O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 04, 2011

A HERBA DO CAMPUS DE LUGO CONFIRMA A IMPARÁBEL INMERSIÓN BILLARDEIRA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS!!

A febre billardeira exténdese imparábel polas universiades galaicas , despois de vibrar coa emoción do Aberto da UNiversidade de Vigo , cháganos o impresionante que confirma o inevitábel , que nas universiadades do país a inmersión billardeira non ten marcha atrás. Cun campo base estábel na USC en Compostela o campus de Lugo dependente dista universidade tampouco se quere quedar atrás e volta ás andadas despois daquela previa ó inicio do curso anterior, cos ollos chantados no horizonte dos xogos galaico-dourienses donde a Billarda é desporto oficial chéganos o impresionante crónico e documento fotográfico realizado polo pateiro nômade do Aberto perpetrado fai uns días no campus universitario de Lugo:

Na tardiña do xoves houbo un aberto de billarda no campus universitario de Lugo. Foi en herba e nel participou só xente non relacionada coa LNB, e en case todos os casos xente que non tiña xogado nunca. A única que tivera contacto foi Alba (palanadora asturiana que xa competira por unha praza nos xogos galaicos-durienses do curso 2009/10).

Houbo unha final a 3 na que participaron Almudena (2ª), David (3º) e Alba, que foi a vencedora absoluta. Tamén houbo proba de longa distancia, na que gañou Gonzalo. Foi unha grande e divertida xornada na que se puideron ver bos golpes. Alí houbo cazatalentos da franquicia Bateas e xa houbo negociacións con diferentes palanadoras. Demostrouse en Lugo e en Vigo que o futuro da LNB pasa polas universidades.

1 Comments:

  • At 10:07 AM, Anonymous Luís said…

    Que parvo son, non foi sábado. Foi onte, xoves. Sábado estabamos no allstars.

     

Postar um comentário

<< Home