O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 10, 2011

IMPRESIONANTE, INTERVIÚ?? ....NON. TODOLNB CON NOVOS NUS HISTÓRICOS E SAÍDA EN PAPEL ÁS PISTAS!!

As alarmas nos principais grupos editores do estado e do continente europeo saltan polo ar ante o novo atrevemento dos comandos itinerantes da LNB , nun intre de crise xerealizada nos medios escritos e cando os xornais tradicionais buscan novos vieiros para captar lectores , dende o web-blog de análise histórico TODO-LNB ademáis de apresentarnos nistes intres de resaca entorideira un par de impresionates novas xoias do alumeamentos da civilización billardeira anuncian a inminente chegada ás pistas dunha edición mensual en papel formato fanzine para que mentras bruan as billardas poidamos informarnos e criar opinión e análise sobre a revolución na que estamos inmersas. Para ir facendo boca urxente inmesión no Todo-LNB dixital para ver os estalos producidos no NorLeste da mítica Carmiña e do histórico palanador David Díaz alma mater da primeira franquicia LNB "Os Petapouco" e flamente primeiro presidente LNB da equipa "Bíteres-Ekipa" .

SALCEDADA ENTROIDEIRA NO FOTO-VARAL....MÁIS BRAVURA E FURIA-GALAICA QUE AS FORMIGAS AVINAGRADAS DE LAZA!!

Impresionate , recordaba o gran referente moral e folosófico da LNB no exilio Toño Randeeira nun dos seus maxistrais twitts que a fiscalía debería actuar de oficio vendo algún dos disfraces da desfile de Ribadeo . Naturalmente Toño referíase a ise hipotécia fiscalía da xustiza revolucionario-galaica que é a mesma que premiou e desfrutou a eito co apoteósico paseo-entroideiro de palanadores e palanadoras da LNB que desfilaron pala pasarela de toxo e lama diste pasado sábado en Salceda, siplemente alucinate , non te perdas o explosivo Foto-Varal completo diste fantásico Aberto coordinado polos poderosos treze-catorce que deixa profunda semente e fariña de victoria...entroido sempre, adiante co varal!!

1 Comments:

  • At 1:54 PM, Anonymous Anônimo said…

    ese interviú esta moi abrigado, querémolo espido0o0o0!!

     

Postar um comentário

<< Home