O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 11, 2011

ISTE SÁBADO EN CASTROFEITO A CONF. CENTRO ACENDE O LUME DO CHISQUEIRO!!

Fai uns anos Antón Reixa dirixíu unha mítica película titulada internacionalmente Light My Fire ( destrozada no estado bixo o título de Hotel Tíboli) , nela , relátase as peripecias internacionais dun chisqueiro que pasa de man en man e país en país, con ista arrebatadora imaxe do gran palanador dos Trouleiros Basilio vestido de azul-grana confirmamos o que o mítico palanador dos Petapouco afirmaba no seu estalo histórico de TODOLNB cando comentaba remitíndose á filosofía do Barça que a Billarda é moito màis ca un deporte. Iste sábado apartires das 16 h. de seguro que será un bo intre para constatalo no aberto puntuábel da Conferencia Centro na pista central da Magdalena en Castrofeito, e porque non comezar coa rodaxe do Light My Fire en clave billardeira tendo coma indiscutíbel protagonista ó chisqueiro de Basilio , fumadores de cigarros , puros, farias ou relado constatan tamén a cara sempre comprometida da LNB apoiando ós colectivos inxustamente perseguidos, se fumas , gostas de beber ó ar libre ou ambas cousas á vez ....na LNB es benvid@!!

AS TRIBUS IBÉRICO-BILLARDEIRAS AFÍAN BÉLITS E LIRIUS!!

Estará xa o chisqueiro de Basilio acendendo a lapa do bélit? o de Basilio non pero o de Ângelo si xa que é o capitan da equipa do Casal de Sants que vai competir na nova edición do campionato do mundo de Bélit título que sustenta a poderosa franquica dos Minibons ataviados coma Basilio coas cores azul-granas . Un lume o da Auténtica que arde aínda nas terras dos Paisos Cataláns nisa histórica fazaña perpetrada polos corpos de élite dirixidos polo comandante Sak , unhas lapas que dende o principio a Auténtica lanzou cara ós irmàns da veciña Asturies que tamén ultimas a súa posta en marcha para afrontar unha nova e apoixoante tempada no universo co CNL ( Conceyu Nacional de Liriu) que despois de recibiren o premio do público ó mellor blog en lingua asturiana afrontan os retos de futuro artellando tamén espectaculares concursos de longa distancia e encastraus.

FAUSTINO SANTALICES , HOULING WOLF E ATOMIC TOM , UNHA HISTORIA DE MÚSICA FICCIÓN!!


E ista find. non poderiamos pasar por alto a celebración en Ourense do Congreso en torno á figura do imprescindíbel Faustino Santalices, a zanfoña , instrumento que utiliza a mesma forza motriz para soar que as billardas para avanzar , foi peza básica no repertorio dista mestre referencia absoluta do entramado musical galaico , se estás pola cidade das burgas pásate para coñecer e profundizar no que poderiamos considerar o Howling Wolf da mísica galaica . E para despdir ista conexión só nos resta lanzar unha reflexión de múcia ficción xa que nos gostaría saber qué facería o grande Faustino Santalices coa súa mestría no manexo da zanfoña de ir montado canda os Atomic Tom no metro de Nova Iorque??