O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 31, 2011

PINGUE-PONGUE NA FAÍSCA E O VINDEIRO XERRO DO SALNÉS EN XIL MARCAN A EXPLOSIVA AXENDA OLÍMPICA DA LNB!!



O espírito olimpico xa impregnou toda acción na delirante activiadade da sepre multicor da LNB , é por elo que os palanadores e palanadoras nun find de calma tansa como o que nos imos enfrontar vaian exercitando os seus outros desportos e actitudes para render nas olimpiadas de Riba D´avia do vindeiro 21-21 de Maio. Atención porque iste sábado no C.S Faisca de Vigo no aberto de Pingue-Pongue xa hai citados dúas franquicias LNB para cunha mesa polo medio saltar os seus enfrontamentos nas pistas da LNB . Os locais da Faisca terán como ribais a palñanadores de Bateas que trocan os paláns pola palas para vingar xugarretas coma a que tivo a Ateo de Ove varias semanas secuestrado e aldraxado nun cabano de Vigo. Ti podes participar tamén polo que ponte en contacto e inscríbete xa e aproveitra para probar as outras actitudes que tes aparte da billardeira porque reiteramos na equipa olimpica da LNB poderás participar en todas as disciplinas ademàis da billarda.

A EQUIPA OLÍMPICA DA "REPÚBLICA DEMOCRÁTICA BILLARDEIRA" CONCENTRARASE EN XIL O VINDEIRO 8 DE MAIO NA DESPUTA DO XERRO DO SALNÉS!!
Non colle a niguén de sorpresa que elixamos a Abebé Bikila , o Maratoniano Ethíope coma gran referente para a selección nacional olímpica da República Billarda, espectacular o seu triunfo en Roma correndo descalzo caputado niste emocionate estalo que ten que despertar a furia necesaria para alistarte na fronte olimpica da LNB , varios frontes xa abertos polo que rogamos vos dirixades ós coordinadores de conferencia para ir organizando ista loucura que xa sabemos se está a desatar na Conferencia Sur e que amiza con extenderse por todas as conferencias xa que xa se viron na Norleste activistas da LNB correndo polas leiras pasándose cenouras practicando o 4 x 100 relevos , palanadores na Bezouqueira enganchados a altas horas da madrugada practicando loita galega, xogadores da Centro lanzando sachos de horta en horta para o concurso de lanzamento, palanadoras da NorOeste con tirafondas tirándolles fisgas ós paseantes fronte Riazor...o verme do olimpismo xa está no corpo como a vérrago no interior das vacas polo que hai que darlle saída competindo en Riba d´avia e atención porque a selección olímpica da LNB xa ten marcado o seu explosivo punto de concentración será o vindeiro 8 de Maio en Xil ( Meaño ) durante a desputa do agardadísimo XERRO DO SALNÉS donde durante a ruta de furanchos se establecerán as estratéxias olímpica da República Democrática Billardeira. Para inscribirse e organizar a viaxe dende as conferencias e o xantar de irmandade en Xil pregamos que se poñan en contacto para ir trazando is trazando os regos >> ovaral@hotmail.com / 619.570976

E coa boráxine no corpo remitimos xa vindeiro estalos que se van producir e que tinxen o horizonte se vistoria contra as forzas do mal:

PONTEVEDRA 9 DE ABRIL: SIAREIR@S GALEG@S- LNB E ORAL NAS XORNADAS DE LUITA E LEZER!!

O vindeiro sábado 9 de Abril Siareir@s Galeg@s organiça umhas jornadas em Ponte Vedra. Com o fim de espalhar as nossas reivindicações ao longo do ano e do país, convidamos-vos a participar nesta jornada de luita e lazer. Contaremos também com a colaboraçom da LNB (Liga Nacional de Bilharda) e do Centro Social Revira. Haverá actividades durante todo o dia que constaram num torneio de futsal, um jantar popular, um aberto de bilharda e regueifa.

Este é o programa completo:

10:00h – Torneio de futebol de salom no pavilhom do I.E.S. “Xunqueira I”

Preço da inscriçom (equipa de 6 pessoas): 12€

Prémios: Garrafa de licor café e lote de material de Siareir@s Galeg@s para o primeiro classificado. Garrafa de licor café para o segundo.

15:00h – Jantar popular no Centro Social Revira

Preço: 5€ (Bebida incluida)

18:00h - Aberto de Bilharda da LNB no Recinto Feiral

Participaçom gratuita. Regalo dumha garrafa de LK para a pessoa ganhadora

20:00h – Regueifa com Bieito Lobarinhas e Josinho da Teijeira no C.S. Revira

Haverá bocatas de chouriço.

Para fazer a inscriçom do jantar ou do torneio de futsal mandar um correio a ssggpontevedra@gmail.com ou fazê-lo no C.S. Revira.


------------------


E como ademáis de suores a LNB tamén busca as gorxas de vendaval que iste venres se porán a ventar en Noia na Casa da Cultura Poeta Avilés de Taramencos, or ismáns de Acha Escrava Editora convidan a toda a tribo LNB e despregan todo o seu potancia poético para nun futuro rrealizar acción conxuntas...


Acto conxunto do Colectivo Literario Sacou e a Porta Verde do Sétimo Andar.

Recital poético, presentación de poetas, debate, etc.

Este vindeiro venres (1 de abril de 2011), ás 21:00, na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" en Noia: o Colectivo Literario Sacou organizará un acto literario xunto coa "Porta Verde do Sétimo Andar". No evento falarase sobre o pasado e futuro de ambas asociacións culturas, presentarase a obra dos respeitivos membros e farase un recital poético para finalizar a sesión. O nome da xuntanza será "Cartafol do serán" en homenaxe a aqueles recitais que, ás tardiñas, Sacou realizaba semanalmente.

Entre outros estarán: Alberte Momán, Soutelo Vazquez, Betula Alba, Nacho Suarez, Anxo Otero, Manuel L. Rodrigues, Oscar Sendón, Rosa Enriquez, Ramón Blanco, Manolo do Río...

1 Comments:

  • At 8:35 PM, Anonymous Ortega said…

    O mes de maio de 2011 vai ser o mellor momento da miña vida (sen esquecer aqueles dias que pasei metido nun zulo). Vou gañar o Xerro e vou ser campión olímpico e nacional.

     

Postar um comentário

<< Home