O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 18, 2011

PRACTICA LOCK PICKING BILLARDEIRO, RACHA AS FECHADURAS DAS PORTAS DA ADINA EN SANXENXO E DE MONDOÑEDO!!

Todo listo na Adina para o gran desenlace diste sábado apartires das 16 h. como afirma un dos referenciais libros de Ramón de Valenzuela , escritos que xace a tan só uns metros da pista de xogo , Non agardarei por ninguén , polo que apurade para chegar a tempo ó control de inscripción. Contacto: 676.632552

O dulce sabor da victoria , ise é o que sentirá o campión ou campioa do Aberto de Mondoñedo cando iste domingo 20 recolla a espectacular Tarta de Mondoñedo que o acredite como tal. A cita apartires das 16 h. na Alameda Mindoniense ó carón do curro donde as bestas das San Lucas lucen en plenitude, alí estarán bruándo as billardas da LNB. Contacto: 619.570976

BUKANEROS DO RAYO VALLECANO patrocinan a tarta de Mondoñedo da LNB!!
E por se non fora pouca a rede de alianzas que a LNB está a tecer polos silveiros do país , temos que destacar a ledicia enorme que nos supón que os siareiros do Rayo Vallecano , equipa que está a viver tempos difíciles pola nefasta xestión dise bufón chamado Ruíz Mateos , a representación galaica da súa fronte de siareiros coñecidos internacionalmente coma BUKANEROS con representación na vila de Cunqueiro, son os que patrocinan a tarta de mondoñedo que recibirá o campión ou campioa diste aberto da NorLeste. Debería copiar as afección dos equipos galegos dista fenomenal xogada dos irmáns Bukaneros polo que convidamos a toda a xente a que iste sábado acuda ás espectaculares xornadas de apoio á Okupación na Casa das Atochas da Coruña donde apartires das 13 h. se dará un explosivo obradoiro de LOCK PICKING , ou arte de abrir pechaduras.... colle as billardas e abre a túa mente!!

1 Comments:

  • At 2:06 AM, Anonymous R*B said…

    GRANDES BVK!
    Vallekas libre!

     

Postar um comentário

<< Home