O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 30, 2011

RIBA D´AVIA ACOLLERÁ O "ABERTO DA REPESCA" NO EXPLOSIVO MARCO DAS OLIMPIADAS POPULARES GALEGAS!!

Daquela Os Resentidos cantaban que Vigo 92 non sería a cidade elexida para as olimpiadas , hockey sobre pes descalzos , manoneo por relevos , marathon do desemprego ou manicomios polideportivos eran algunha das disciplinas e escearios que Reixa soñaba con que agasallar ós atletas desidratados que participaran nas imposbles olimpiadas de Vigo 92 . Choveu un pouco e Reixa anda istes días Doente por Málada máis a súa mensaxe olimpica non caeu en saco roto porque como xa viñamos anunciando a Billarda é xa oficialmente Olímpica xa que será unha das disciplinas nas que se compitan nas I Olimpiadas Populares Galegas . Tolo listo pois para que iste vindeiro 21-22 de Maio se convirta nunha data histórica para o deporte nacional galego polo que a LNB ademàis xa estableceu o mítico Aberto da Repesca que se celebra en terras da Ouriense inxertado no Aberto Olimpico polo que atentos e atentas os que non entren de xeito directo entre os 12 primeiros clasificados de conferencia terán no estadio Olimpico de Ribadavia o derradeiro tren para a estación de lume e xeo de Conxo.

Xa podedes ir apuntándovos para o histórico Aberto Olímpico , se pertencedes a un dos centros sociais ou entidades que participan na competición podedes facelo defendo as súas cores e se sodes entidades ceives podedes solicitar a inscripción adscribíndovos como pertencentes á Liga Nacional de Billarda. Impresionantes os trofeos para os campi@ns que xa está a amosar o comité olímpico no seu referencia web-oficial que xunto coa espectacular transformación da Veronza Nova en Vila Olimpica forman un explosivo coctel de impredecíbeis consecuancias. Iago, un dos coordiandores olímpicos , estivo no Aberto de Cerceda e amosou a súa total confianza en que a Billarda sexa unha disciplinas estrela dista competición que ergue o puño coa luba tricor da bandeira galega>> olimpiadaspopularesgalegas@gmail.com


3 Comments:

  • At 10:32 AM, Anonymous Pinto. said…

    Que bateas explique porque non quere confirmar ou desmentir a súa presenza no torneo de Pingue-Pongue da Faisca!!

    Bateas cobardes!!


    Sodes galos sen cresta!

     
  • At 2:10 PM, Anonymous Fame said…

    Hai que ir preparando a equipa LNB para as olimpiadas populares. Xa esta anotado Luis Bateas para loita galega.

     
  • At 2:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xa está confirmada a asistencia de Bateas a través dunha mensaxe ao correo de FAISCA.
    E a pesar das infamias e calumnias que saen das xemas dese amanuense febril, non nos damos por aludidos e acudiremos como se doutro reto deportivo calquera se tratase: chegar, ver, vencer! e xaxún.

     

Postar um comentário

<< Home