O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 21, 2011

A TARTA DE MONDOÑEDO SELOU O FANTÁSTICO REGRESO Ó FUTURO DE MÍTICOS NOMES DA LNB!!


Sen dúbida o Aberto da tarta de Mondoñedo foi a cereixa precisa a unha nova find de acción billardeira que arrincaba o sábado na Adina. A presenza a xeito de retorno de palanadores e palanadoras miticos da LNB fixo que o aberto celebrada na vila de Cunqueiro adquirixe una marabilloso ton máxico que vai continuar impreganando moito tempo os estalos da conferencia primara do Norleste. Atoparnos de novo nunha pista da LNB con Ana e Servando supuxo un estourido de emoción para todos os que comatiron estalos no pasado e para os que só coñecían as súas fazañas pola tradición oral transmitida de varado en varado. Foi ademáis un dos grandes palanadores das terceira xeración Mondoñedo, ademáis coma o seu nome de guerra indica nativo mindoniense , quen se quixo retratar con iste mito da LNB que sela o seu retorno ás pistas da LNB das que só o traballo fóra da galiza puido afastar.


Que pase a história que cuspa nas mans...non foi Servando o único que volotou escupir nas mans coma canta o himno da LNB , o mítico palanador galico-luso Xulio acompañado da súa medrada criança Bruno retornaron tamèn ás pistas da LNB para unirse de novo a unha serpe multicor da que sempre formaron parte , Xosiño quixo retratarse con ista figura absoluta da Bilharda , non podemos deixar ademàis de lanzar unha poderos mensaxe a todas as palanadoras e palanadores que participaron en Abertos da LNB para que volten sentir o bruar das billardas xunto co resto da tribo porque as sensacións para tod@s son moi poderosas

DOS MISIS CONTRA LIBIA , ÓS FOGUETES DE CERCEDA!!



E como non podía ser doutro xeito a máis rabiosa actualidade tamèn estivo presente nas pistas de xogo da LNB, en Mondoñedo , sectores pro-Gadafi contrarios á intervención militar internacional contra Libia alzaron a súa voz en forma de billardas verdes-antiaereas , unha acción que se complementou ó final no terceiro tempo coa sesión de chistes verdes de Flores ó pé da barra do bar de enfronte da pista. Uns bombardeos pero de foguetes billardeiros son os que o vindeiro sábado van invadir o ceo de Cerceda coa posta en marcha da fantástiva Festa da Billarda coordinada pola Conf. Noroeste xunto cos irmàns da Asociación Lucerna, festas moitas pero coma istas poucas!!