O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 18, 2011

A TABERNA DE MONTSE DE ORREA , UN XANTAR DE 5 PALÁNS NO EXPLOSIVO GASTROTOP-BILLARDEIRO!!


Sen dúbida un dos aspectos máis emocionates de cando un palanador bota o pé fóra da casa para dirixirse ás pistas de xogo é todo o espectacular universo que se tece entorno á ida e volta dise Aberto da LNB, sabiamolo ademáis polo fantástico recopilatorio de costilletas literarias que os The Homens teceron nise fundamental espazo no seu web-blog que titularon Gastro-pop donde nos puñen os dentes longos ós seus seguidores relatando sos espectaculares sitios e pratos que degustaban nas súas saídas cando van realizar un concerto ou unha xira.


A sensacional experiencia vital que supuxo o xantar dun comando de palanadores e palanadoras desprazados ó Aberto de Lugo na Taberna de Montse en Orrea ( entre A Pontenova e Meira ) abre as portas á posbilidade de deixar constancia ó xeito de guía-imposibel ó igual que The Homens do fantástico universo Gastro-billardeiro . Un feito que ademáis constata o recentemente proclamado campión da Conferencia Centro , Basilio dos Trouleiros , que nas primeiras verbas verquidas a Tele-Varal despois de ser proclamado campión nomeou coma base dos seus éxitos os excelentes productos consumidos polos palanadores e palanadoras da Conferencia Centro donde destaca o excepcional Cabalo preparado no Restaurante O Cruceiro do Pino.....Como dicía o gran corresponsal de Tele-Varal Juan Pico>> para darlle ben ó carabullo , hai que encher o bandullo!!