O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 02, 2011

AS RESPOSTAS QUE BUSCAS NON ESTÁN NO AR....ESTÁN AGARDANDO POR TI NO FONDO DAS CUNCAS DOS FURANCHOS DE XIL!!


Comeza a conta a trás cara ó tan desexado reencontro da serpe multicor con beizos tinguiidos de violeta nos fantásticos Furanchos de Xil e de toda a redonda. Atención porque os moteores da Guagua xa rumban e piden ruta e viño a regos . Confirmamos que a saída se producirá da estación de Ribadeo ás 8 da mañán do domingo 8 de Maio , con paradas establecidas en Celeiro de Mariñaos, Vilamar, Lourenzá, O Pino e Compostela. Aínda estas a tempo de unirte á expedición que parte do Norte xa que do Sul son multiples os carros xunguidos para achegarse á desputa e desfrute do Xerro . Invadidos ademàis pola febre electoral chamanos enerxicamente ademàis do apoio ás diferentes candidaturas do povo e a todas aquelas nas que palanadores ou palanadoras participen , a buscar a respostas no fondo das cuncas de viño durante a xira dos furanchos , nunha edición na que a conversa será máis fluida ca nunca xa que o xantar será en formato pincheo nun dos furanchos donde os nosos guías de Xil nos leven para acompañados de tortelas , queixo e unhas empanadas para tomar forzas no último furancho antes de lanzarse ó asalto ó Xerro . Ainda estás a tempo de unirse á gran serpe multicor da LNB >> ovaral@hotmail.com / 619.570976.

7 Comments:

Postar um comentário

<< Home