O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 19, 2011

NO PUNTO DE SAÍDA CARA CONXO>> 4 PISTAS SIMULTANEAS E A COMISIÓN DE DELGAD@S [ 1 por conferencia ]


Espectacular a instantánea elexida pola triboo da Conf. Sur para ilustrar a última parada do tren LNB que con dirección a Conxo ten Ribadavia iste sábado polo serán como gran esceario para a desputa do Proba Olímpica de Billarda + Aberto da Repesca. Dúas prazas as dos primeir@s clasificad@s que xunto con todo o resto de clasificados das conferenicas LNB pisarán a terra batida do espectacular Estornópolis de Conxo que xa ultima a súa preparación para acoller ista nova e aterradora nova edicón da gran Muiñada. ----

-4 PISTAS SIMULTANEAS
Os técnicos de Conxo xa teñen establecido o espectacular redeseño do campo de fútbol con catro pistas LNB en disposición de seren utilizados simultaneamente. ---

-COMISIÓN DE DELEGAD@S
Ademàis a LNB para a mellora do control de xogo e xestion de pista vai nomear antes de comezar o Play Off Nacional unha COMISION DE DELEGAD@S que estará formada por 5 persoas (1 por conferencia). Este comité de delegados reunirase antes de empezar a competición e aportará o nome de cinco persoas da súa conferencia que estarán dispostas a colaborar como xuíces, como mesa, megafonía....

-FUNCIÓNS DA COMISION DE DELEGAD@S

A partir de aquí distribuiranse as tarefas de cada un. Este comité tamén se encargará de resolver as posibles reclamacións, queixas e conflictos relacionados cos aspectos da competición. Mención especial tamén dista "Comisión de Delegad@s" vai ser a de mirar polo cumprimento das medidas regulamentarias de paláns [ 60 cm] e billardas [ entre 18-25 cm ] ambos elementos cun diámetro de entre 1,5 a 3 cm. O que subxase dista proposta é mellorar no posíbel a xestion dos acontecementos para que entre todas as conferencias asumamos as responsabilidade na organización do campionato....que pase a história que cuspa nas mans!!

4 Comments:

  • At 12:44 AM, Anonymous Anônimo said…

    Os que lle cadre de fronte o sol, vailles dala risa.

     
  • At 6:46 PM, Anonymous Anônimo said…

    Esta idea foi cousa de homes pero non das mulleres.........

     
  • At 1:37 PM, Anonymous Anônimo said…

    Ta claro que si fora cousa de mulleres as pistas tarian postas como o ano pasado,ta claro que as mulleres son mais previsoras

     
  • At 11:23 PM, Anonymous Anônimo said…

    DESEMPATE.
    O lanzamento realizarase desde o cadrado de saída, e gañará o xogador que faga o lanzamento máis longo coa billarda. A medida farase desde a intersección das diagonais do cadrado de saída ata a billarda, calquera que sexa a posición desta dentro do campo de xogo. No entanto, considerarase como lanzamento máis longo en todos os casos cando se faga varado no lanzamento. No caso de que non exista zona de saída, a medición farase dende o punto medio da liña de saída.

    É A MELLOR

     

Postar um comentário

<< Home