O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 10, 2011

NO PUNTO DE SAÍDA CARA CONXO>> A XESTIÓN DOS TROFEOS NACIONAIS SERÁ REALIZADO POLAS CONFERENCIAS LNB!!


Toda a maquinaria humana e animal está en marcha preparando xa a nova eición da Gran Muiñada de Conxo diste vindeiro 29 de Maio. Ista find vanse dar adamáis peche ás competición regulares nas conferencias LNB que restan e con elo comezará para os elexidos pola gloria e o resto da serpe multicor o desafío brutal de sacar unha vez màis de xeito auto-xestionado o agardadísimo Play Off Nacional_011. É por elo que lanzamos para a xestión nas diferentes pistas dos asuntos que nos diferentes Abertos Nacionais se foron acordando para entre tod@s poder sacar adiante iste gran acontecementos que os medios públicos que unha vez máis se negan a apoiar. Lanzamos o compromiso de xestion de trofeos polas conferencias como xa se realizou en anteirores edición do Play Off :

-TROFEO PARA CAMPI@N NACIONAL ABSOLUTO ( específico dista edición ) : CONF. NORLESTE

-TROFEO PARA CAMPIOA NACIONAL : CONF. CENTRO

-TROFEO PARA CAMPIÓN NACIONAL DE VARADOS: CONF. NOROESTE

-TROFEO PARA CAMPIÓN NACIONAL POR EQUIPOS: CONF. SUR

A CONFERENCIA NOVEL DA BEZOUQUEIRA APORTARÁ CATRO PEQUENAS FIGURIÑAS CONMEMORATIVAS PARA OS SEGUNDOS CLASIFICADOS.

EN CASO DE NON PODER XESTIONARSE ISTE ASPECTO POLA CONFERENCIA EN CUESTIÓN QUE O FAIGA SABER O MÁIS ANTES POSIBEL PARA ARTELLAS ALTERNATIVAS>>ovaral@hotmail.com

AXENDA DE PECHE DE TEMPADA REGULAR:

-Sábado 14 :

CONF. SUR >>Aberto e festa de peche en Marín coordinado polo referenciais Almuinha

CONF. CENTRO>> Aberto e festa de peche na pista da Magdalena ( Castrofeito )

-domingo 15

CONF. NOROESTE
: dóbel sesión de abertos en sesión de mañá e tarde en Celas de Peiro

CONF. NORLESTE: xantar de fin de tempada na taberna de lola , desputa do aberto do coello de Suso en Remourelle e posterior festa de entrega de premios na Taberna de Lola.