O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 05, 2011

O POETA GALEGO VICENTE ARAGUAS APADRIÑA CUN ESPECTACULAR E EXCLUSIVO HAIKU BILLARDEIRO O COROCEIRO NACIONAL FACTS!!

Son xa centos os impresionados estalos que chegaron preguntando pola explosiva nova edición do concurso de microrrelatos billardeiros posto en marcha polo portal Latri.ca ista vez en formato Fats referido á ateradora figura do Coroceiro Nacional, un ser mitolóxico que cubriremos coas vosas necesarias e impactantes xestas literarias que xa podedes deixar no espazo habilitado para elo. E motivado polo impresionate empurre e por petición popular nos mails de ovaral@hotmail.com e ovaral.international@gmail.com e incluso escritos en papel nos diferentes abertos se recolleran os Facts Coroceiros para guindalos no espazo Latri.ca. Moitos foron taménas cuestións referidas á noramtiva do concuros e coma unha das xoias que xa forman parte da restra de facts que di: O regulamento da Liga Nacional de Billarda é o papel hixiénico do , o regulamento do concurso de facts tamén é utilizado coma papel hixiénico polo coroceiro nacional e por todos os seus facts, polo que adiante e sen medo utilizando a palabra "Coroceiro Nacional" realiza o teu incendiario micro-estalo facts!!

A POLO "MILLO CORVO" DO Coroceiro Nacional Facts!!

Arrinca o a nova edición do concurso de microrrelatos billardeiros en galego ( en tódalas súas normativas ) e en línguas de paises sen estado referidos ó persoaxe mítico do Coroceiro Nacional da LNB.

O xurado billardeiro elexirá ó estalo vencedor depois do xantar de irmandade na pista de Conxo durante a celebración do Play Off Nacional de Billarda do 29 de Maio.

O vencedor ou vencedora do concurso recibirá un par de espigas do mítico "Millo Corvo" ( poderoso simbolo co que ó igual que os Oscar ou Goya, istas espigas mouras orixinarias de Bueu serán a marca de identidade de todo entramado literario de latri.ca- LNB no presente e no futuro) + Garrafa de Licor café e lote sorpresa.

O escritor Vicente Araguas que publicou no 1999 o poemario A Billarda , apadriña ista nova edición do concruso de microrrelatos latri.ca-LNB cun espectacular e exclusivo haiku Billardeiro

"Haiku da billarda"
É xogo, si
mais tamén un amor
alebrestado.

Vicente Araguas