O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 26, 2011

PLAY OFF NACIONAL _O11 ....SERÁ UNHA INVASIÓN MÁIS!!


XA NON HAI VOLTA ATRÁS , O GRAN TEATRO DOS SOÑOS E PESADELOS DE CONXO AGARDA POR VÓS PARA VOLTAR SER INVADIDO POR PALANADORAS , PALANADORES , SIAREIR@S E ACTIVISTAS FAMENTOS DE EMOCIÓNS QUE SURXEN DO MÁIS PROFUNDO DA TERRA E DO SER BILLARDEIRO CANDO SE BUSCA A GLORIA INFINDA QUE SUPÓN FACERSE CO TÍTULO DE CAMPI@N NACIONAL EN CALQUERA DAS CATRO CATEGORÍAS EN XOGO.

De novo o referencial Nachok volta condensar nunha aterradora creación visual o pánico da vértixe infinada quie sinte o palanador e a palanadora a noite antes de enforntarse ó seu destino marcado ista nova edición do gran Muiñada polo intre culmen absoluto de vestir a coroza do poderoso ser coñecido e retratado por todos vós maxistralmente coma o Coroceiro Nacional que o acredite coma campión nacional da LNB.

CAMPO DE FUTBOL DE CONXO ( COMPOSTELA )

sesión de mañá:
-Final Absoluta feminina ( as 5 primeiras clasificadas por conferencia )
-Final Nacional por Equipas ( as 2 primeira equipas por conferencia)

sesión de tarde:
-Final Nacional de Varados ( 5 primeir@s clasificad@s por conferencia)
-Final Nacional Absoluta ( 12 primeir@s clasificados por conferencia + os dous primeir@s clasificacos do Aberto da Repesca celebrardo no contexo das olimpiadas populares galegas o 21 de maio en Ribadavia)


Debates e micros abertos haberá en Conxo como no Obradoiro e no resto de acampadasgz de indinad@s aproveiitando o inmersión en Conxo a LNB establece contactos co campamento base do Obradoiro para cesión de material para aposíbel a organización de Abertos no contexto de reflexion en voz alta na que toda a sociedade galega está inmerso. Mais non só de reflexións vive o Coroceiro Nacional que como sabedes en Conxo ás 14 h. se pechará o concurso de microrrelatros billardeiros referidos ó Coroceiro nacional cuxo gañador ou gañadora levará un par de espectaculares espigas de Millo Corvo e unha garrafa de Licor Café , festa e loita é o que a serpe multico quere e o que se constata coa incursión do Play Off Nacional coma un dos actos maís das Festas Populares de Compostela atentos ó programa de festexos:
27 de maio / 21,30h. / Poncho K (Sevilla): Una historia hecha con las manos (flamenco/rock)
SALA NASA

22h00 / concerto de K-rraxe (hardcore-metal de Cerzeda) / C.S. O PICHEL


Sábado 28 / 11h00 / Día Internacional do Xogo: con xogos tradicionais, xigantes e de taboleiro
Praza da Quintá / ITACA

21,30h. / Ghastas Pista? Jam de novo circo e cabaré / SALA NASA

Domingo 29 / Todo o dia / Play Off Nacional de billarda '011
Campo de futbol de terra do Conxo
LNB [ Liga Nacional de Billarda ]


E para quentar motores o día antes da Gran Muiñada de Conxo , sábado 28-M, coordinado polos irmáns do Ferbedoiro e Siareir@s Galeg@s realizarse unha xonada de mañá e tarde con xantar de irmandade e Aberto de Billarda ás 18 h. no campo de A Ran ( Cuntis) . Contacto directo: 678.187973

1 Comments:

  • At 10:23 PM, Anonymous Mourinha said…

    Por que somos as primeiras? eu quero durmir.. Por que? por que? por que?

     

Postar um comentário

<< Home