O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 01, 2011

XOSÉ RODIÑO DOS BATEAS, TETÉ DE LA COURSE EN CASTRELOS E NO ABERTO DA FÁBRICA DE TABACO DA CORUÑA!!


Nen a xenial empanada de galletas que o palanador dos Lideiras coñecido xa coma Robocop , distribuíu entre os participantes no Aberto Vigués de Castrelos co que o referencial activista billardeiro Tiago, quixo compartir na súa celebración de cumpreanos coa poderosa tribo pincha , puido frear o imparábel ímpetu da poderosa equipa dos Batea , unha furia coa que conseguiron catapultar a Xosé Rodiño coma vencedor do Aberto na Conferencia Sur do sábado e repetir no máis alto do pódium ó carón da fábrica de Tabaco da Coruña ó día seguinte , iste domingo 1 de maio no tramo final tamèn da Conferencia Noroeste que xa estuda con sesión dóbel de mañán e tarde para o vindeiro domingo 15 de Maio pechar dunha tallada as dúas xornadas puntuábeis que lles restan. Xosé Rodiño enfúndase pois con iste golpe de efecto un dos maiots de favorito na Teté de Course billardeira cara o arco do triunfo do Tour de Conxo arroupado ademàis por unha equipa de luxo que nen o Liberty-Seguros na época de Manolo Saíz e Eufemiano Fuentes. Dopaxe e do bó vai ser co que a serpe se atope a serpe mulicor da LNB o vindeiro domingo 8 de Maio coa celebración dunha nova edición do Xerro do Salnés en Xil ( Meaño ) en sesión de tarde posteriro ó xa mítico Tour polos Furanchos donde de novo se porá en marcha a inscripción restrictiva de catro cuncas de viño mínimo para poder coller o palán ( excepto doentes e menores de idade) ....comeza a conta atrás para que Robocop e todo e poderoso exercito Biorobótico da LNB engraxemos as vielas co mellor viño do país e do mundo enteiro , Tod@s ós Furanchos, Tod@s a Xil !!

4 Comments:

  • At 11:41 PM, Anonymous Anônimo said…

    A empanada de bolachas fixoa Ana, ela é a que ten o mérito e non quen a distribuiu

     
  • At 2:06 AM, Anonymous TodoLNB said…

    Con esa victoria, Xosé Rodiño fixo historia ao converterse no primeiro gañador do grand slam da billarda. Ten victorias en xornadas de todas as conferencias.

     
  • At 7:49 AM, Anonymous Anônimo said…

    Parabéns Xosé!

     
  • At 11:37 AM, Anonymous Xose Rodiño said…

    Grazas.
    E grazas a Ana pola sua tarta e sin esquecer a Tiago pola sua labor de marcaxe de campos no día do seu cumpreanos.

     

Postar um comentário

<< Home