O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 30, 2011

ALERTA ANTE UNHA MOI POSÍBEL INSOLACIÓN BILLARDEIRA EN TRAZO E PIARNU!!



Despois do queime xeralizado nos corpos dos palanadores e palanadoras durante o pasado find na desputa do mítico año da LNB na Devesa non podemos mais que ilustrar iste estalo-axenda coa espectacular xoia de Albert Pla + Kolegas de auténtico luxo titulada Insolación- Tomade precaución e ademáis dos condóns na bolsa de viaxe metede sebo de grilo , pingo ....ou o que utilicedes para untar o voso pelexo para protexervos do sol salvaxe nas pistas de xogo de Trazo e Piarnu . Cunha manchea de proxectos para iste verán fatal na maseira ista find o sábado monopoliza o gran teatro de operacións billardeiras:

Sábado :

-ABERTO DE TRAZO nas terras da Conferncia Centro , apartires das 16 h no campo da Santa Eufemia as estornelas abrirán lume para a noite os irmans de INViVo incendiar o palco da festa.
Contacto: 654.232108

-ABIERTU PITU CALEYA DE PIARNU:
apartires das 11 h. o comando galaico intervirá no torneo da CNL formando unha franquicia para ocasión e apoiar así o poderoso circuito posot en marcha polos irmáns da tribo Liriu para reamtado o embite puntuábel de equipas desputar o mítico Abierto do Pito autoctono asturiano . O Comandante Hevia dirixe as operación niste histórico Abiertu que se desputa no tamén mítico para a Auténtica pobo do concello de Castrillón. Contacto Piarnu: 644.294287 /Contacto Comando billarda:605.316896 ( saida da serpe de carros de Ribadeu ás 9:30 h )