O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 29, 2011

AS ESTORNELAS E OS INVIVO EXECUTARÁN ISTE SÁBADO EN TRAZO O BRUTAL APOSTOLOCAUSTO BILLARDEIRO-SONORO!!


De novo iste pasado martes no micro-espazo República Billarda do Planeta Furancho da RGM os activistas da LNB voltaron atoparse con compañeiros de batalla riba e abaixo dos escearios , á presentación da espectacular posta de longo do proxecto post-Pereiro de Das Kapital tivo coma contrapunto as experiecias billardeiras de ida e volta dun lume que non cesa e veu a sumar unha peza mais ó gran puzzle sonoro e de alianzas que se iniciou fai unhas semanas coa coincidencia nas trincheiras radiofónicas do Furancos co brutal exercito de watios antixacobeos de Invivo. Iste sábado na pista de Santa Eufemia de Trazo e coordiando polos irmàns da Asociación Cultural A Aldraba consolidarase o abrazo da serpe multicor da LNB ós mástil da guitarra do sempre Túzaro Mario Cesar que estara ó fronte dista potente formación Compotelá de metal crú. Afiade pois os ouvidos e as estornelas porque iste sábado nas terras da Conf. Centro vai haber kanfurnada matálico-billardeira a eito que xunto co Abiertu do Pitu Caleya nas míticas terras de Piarnu en Asturies van converter ista nunha find màis a lume da corozo..

Fai boca sintonizando cos xostregados de INVIVO!!

Banda galega de metal crú formada en 2006 e composta por Mario César á voz e guitarra, Roberto Couto ás guitarras, Roberto Filgueira ao baixo e segundas voces e Ricardo González á batería.

En 2007 danse a coñecer coa participación no disco compilatorio Apostolocausto.

No 2008 gañan a terceira edición do concurso Millarock, ceden un tema inédito para o disco compilatorio Derrameidea e comparten escenario con bandas como Hamlet, Estirpe, Berri Txarrak, A Palo Seko, entre outras.

En 2009 publican o seu primeiro disco, Introvisión (Producciones Malditas) gravado e mesturado por Iago Pico nos estudos Pousada Son de Ames (GZ) e masterizado por Peter In de Betou nos Tailor Maid Studios de Suecia.

No 2010 colaboran no disco compilatorio A Bola de Metal.

Tras ducias de concertos nas súas costas en 2011 presentan o seu segundo disco, Dogma (ACI), gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico nos estudos Pousada Son.

1 Comments:

  • At 6:05 PM, Anonymous Anônimo said…

    Adiante coa LNB!

    A xente de Trazo fíxonos montala ben o pasado sábado!

    Estornela, bravos/as de Trazo e Invivo, inflamables se son mesturados!

    Unha aperta, bilhardeiros!

    INVIVO GRUPO

     

Postar um comentário

<< Home