O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 24, 2011

CHEGA O EXPLOSIVO INTERPARROQUIAL _011 ...ISTE DOMINGO SÁE DO RABAÑO E VENTE Á DEVESA [Ribadeo] , LOITAR POLA AÑO!!


[O interparroquial ao vivo no espazo facebook de O Varal Billarda-]
A poderosa ollada do año da LNB xa está instalado nos desacougantes soños electricos de cada un dos palanadores e palandoras que iste domingo apatires das 11 h. se darán cita para loitar na espectacular pista da área recreativa da Devesa ( Ribadeo )- Ás potentes equipasa parroquiais únese a presenza dunha importanrísima representación dos irmáns do CNL de Asturies encabezada polo Comandante Hevia e o lider actual da Liga Astur , o machetador dos Espora de Uvieu Sergio. Máis non será a única delegación que chega afiando os dentes coma un bravo cannis lupus , atención á posta de largo dos Remourelle Bulls que contarán con tódos seus efectivos excepto os de nacionalidade Vilamartesa , con Ginés e Andrés en plena forma como desmostraron no Aberto do Folk en Río hai que unir a de segura prenza de Milio ( coa súa temíbel billarda Osito ) e o auténtico as na manga que esconden os Búfallos como bérrago no pelexo: a presenza do mìtico e gran palanador dos Bulls do Eo-Navia Muriego que xa leva varios anos sen durmir pensando e analizando as xogadas coas que facerse iste domigo vermello co mini-carneiro embravecido da LNB. Contato directo>>605.316896

EXTENSIÓN AGRARIA-VILAMAR , ESTREA MUNDIAL DE CAMISETA E DO SEU ALEBRESTRADO WEB OFICIAL DE CAPADOR-MEDIA!!

En Ribadeo todo xa se respira a año dende principio de semana , ás potentísima franqucias da Vila se suman na loita na Devesa os míticos palaandores de Barreiros con Flores , Carmiña e incluso a posíbel presenza na pista de Calvete coma directo deportivo marcando o firme paso cara á captura do año , mais uns ex-campións do año prepáranse a conciencia para a esquilar de novo a história , falamos da selección parroquial de Vilamar , que atención contará coa presenza do mítico Edelmiro no que será o seu agardadísimo retorno ás pistas xunto coa súa faria depois de varios anos aletargado agardando o intre perfecto que será iste domingo na Devesa e pese á baixa de última hora da equipa de M de Meira un dos seus palaandores Nacho Eirós estará arrimando o hombreiro á equipa de Vilamar xa que el é o responsábel do espectacular deseño da camiseta coa xogará Vilamar que terá vida posterior coma camiseta oficial do explosivo proxecto sonoro chamado Extención Agraria , nista foto podemos ver en exclusiva mundial ós palanadores de Vilamar na serigrafía Taiwanesa en pleno proceso de fabricación e atencion porque tamén en exclusiva mundial e aínda que en proceso de construcción apresentamos tamén a alebrestara web oficial de Extención Agraria ....non o penses màis e únete á nación das lanternas xordas!!

3 Comments:

Postar um comentário

<< Home