O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 22, 2011

INDONESIA ...."KONDA KONDI" NEXT BILLARDA STATION!!


O lume novo que prendeu en nós fai xa moitos anos arde implacábel no noso interior e xusto no día no que as fogueiras e as sardiñas invaden o país enteiro o noso irmán e militante belit-billardeiro Angelo Pineda empéñase en apagar as brasas con gasofa chegada dende a mesmísima Indonasia póndonos a toda a tribu LNB alerta sobre a existencia dunha civilización irmán no continente asiático que resposta ó nome de KONDA KONDI , un desporto asentadísmo nise pais para o que incluso ängelo nos amosa un espectacular enlace sobre normas e construcción de material. De seguro que no próximo Aberto de día Patria en Compostela estará gran belitista de Casus Belit co que tod@s poderemos intercambiar imopresións entre outras cousas a idea que xa está no ar do primeiro Festival Internacional de Cine Billardeiro donde ista espectacular fita dos irmáns da tribo Konda Kondi será de seguro unha das grandes estrelas...


É pois urxente ista noite de San Xoan depois de comer unhas sardiñas e chimpar as cacharelas botarse ó carros para ter a donde desprazarse niste intenso verán plagado de Abertos que amizan xa chegar ate as terras da irmá Al-Ándalus, e se vos pillan non vos preocudedes xa que os servicios xurídicos da LNB ó igual que xa exercen a defensa do palanador Senegalés detido na Coruña por agredir a 5 axentes e que posteriormente esixíu declarar en basco , defenderate a ti tamén dos leóns ante calquer acción billardeira por entolecida que pareza... é un xogo si, mais tamén un amor alebrestrado!!

22 Comments:

Postar um comentário

<< Home