O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 09, 2011

INTERCONEXIONS SONORO-BILLARDEIRAS CON CUNTIS DE NOVO COMA EPICENTRO DO FERVEDOIRO!!


Falabamos fai uns días do espectacular estalo e o poderoso paso adiante que os irmáns do Ferverdoiro de Cuntis deron ó subir a faixa do Aberto de Billarda ó esceario sendo iste evento o eixo central dun explosivo festival na noite . Iste venres de novo a festa invade Cuntis e de mans da referencial Brisas do Quenlla da Pontraga -Tordoia- , asociación formada por palanadores e palanadoras do Sporting da Pontraga da Conf. Centro que en Cuntis trocarán paláns por ferriñas , imposible non facer referencia ás potentes pandereteiras Bouba que forman parte da expedición e imposible non recordar aquel histórico Aberto de Lituano coordinado por elas>> "Coma nos vellos tempos ,Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras. Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado...calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño.

Así, inspirándonos nesas xuntanzas, xurde A Rúa de Cuntis. Este venres 10 de Xuño ás 22h a Praza das Árbores, onde a Biblioteca Municipal “Roberto Blanco Torres” (antigo Hospitalillo), será o esceario sobre o cal se tentará recuperar o espírito daquela Rúa de Vilariño e de tantas outras rúas e ruadas.

Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada. Bótalle un agarradiño, bótalle un agarradiño que van entrar a bailare os mozos de Vilariño”

DO DUF 2011 - festa para o diálogo intercultura Ó AMAL para o encontro billarda-gilli danda!!


E de interconexions entre universos paralelos coma o de oriente e occidente é tamén do que trata o festival para o diálogo de culturas que ista find se desenrola na Coruña, alí estivo o directos do festival de cinema árabe de Compostela AMAL no que de seguir asía as cousas sería un marco perfecto para o encontro Billarda-Gilli Danda.

DUF Foro Hora: 19:30. Centro Ágora
“A Música como fenómeno transcultural” Diálogos, concerto-exprés e proxeción de audiovisuais
+ Ghaleb Jaber Martínez (Director do AMAL, Festival Internacional de Cine Euro Árabe) , consulta o programa completo porque iste venres na espectacular grella de saida están os irmáns billardeiros de Maghua.