O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 15, 2011

NAS PUCHARCAS DO MONZÓN, PALÍLLANSE OS BALÓNS DA EUROPOCA, TXAMPIONS BILLARDEIRA CONTRA A ESFAMEADA FARTURA!!


Cruzar o río é un acto de fidelidade único , pedra , poldra , pasal ou bélit e nun suspiro estamos ó pe do mediterrano asistindo á histórica derradeiroa xogada que catapultou ós Primos coma a equipa vencedora do referencial 7º campinat del món de bélit . A semente da Txampions billardeira prende máis forte que o mesmísimo millo corvo no interior da gran besta ibérica que afronta así un horizonte infindo de posibilidades. E unha das posibilidade que xa nos poñen en bancexa de prata os irmáns do bélit é analizar a posibilidade moi viábel para futuros Abertos a realizar en herba ( coma o do Aberto do festival das Chaira ) en utilizar as bases de madeira que os belitistes cataláns utilizan para erguer de xeito tan espectacular os Bélits.



Un carreiro o do activismo nos paisos cataláns que ademáis do billardeiro tamén se torna referencial na actitude dise colectivo dos chamados indignad@s. Como recordaredes no pasado Play Off nacional unha comisión dos acampad@s do obradoiro achegouse ate a pista de Conxo para durante o xantar de irmandade expor os seus puntos de vista sobre o combulso panorama socio-económico actual ,xunto a eles acampados de Cangas e Ponteareas que forman parte da serpe multico da LNB tomaron parte no animado e interesante intercabio de ideas. Hoxe puidemos ver que os elicopteros e as furgonetas blindadas transportaron ós deputados cataláns ó parlamento , de seguro que son moitos os indignadísmos membros da LNB que encantados porían os seus paláns e billardas a funcionar para que ó igual que nas terras do bélit os deputados e deputadas non puideran nunca máis lixar a moqueta do parlamentiño.

E fornte toda ista marea de pedras e billardas polo ar chamuscado, cara donde se dirixe a túa ollada? ....en Mugardos chega na pista do Casino o agardadísimo Aberto de Festifolk , na centro celébrase a segunda edición do Aberto do Folk en Río no Concello do Pino donde billarda e un feixe de música , cantos e vida de taberna se van dan cita para que che coste manter o equilibrio ó final da xornada e se te atopas con forzas o doming os irmáns do Liriu en Asturies realizan un novo asalto regular da súa competición no mesmo corazón da cidade de Xixón cun Aberto incluido adicado á memoria dos músicos asturianos Igor e Carlos falecidos fai uns anos nun accidente de tráfico. Nenos e maiores xogando á billarda , podería ser Vilagarcía máis é unha vila de Pakistán , o gran ilustrador e debuxante de ilusións chamado Antón ponnos na pista con ista espectacular video-estalo baixo as corrdenadas do Gilli Danda do estilo no que xogaba el á billarda de cativo , algo que nos dixan sen fala ó igual que nos podemos quedar todos cando vos vexades retratados no libro infantil de temática billardeira que Antón está artellando para o que podedes ir seleccionando as vosas melores fotos se queredes saír retratados como palanadores ou palanadoras do gran Play Off Nacional donde o prota do libro participará xunto con tod@s os que lle mandedes fotos o máis claras posíbeis do voso rostro e rasgos, atentos porque seguiremos informando...é un xogo si, màis tamén un amor alebrestrado!!