O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 02, 2011

O COROCEIRO NACIONAL#LIPDUB , BILLARDA#LIPDUB XA!!


Comentaba Sak despois de sentir as verbas do Coroceiro Nacional dirixirse ó páis enterio dende a palestra nocturna do Planeta Furancho que se ó can de palleiro só lle faltaba falar...ó grande Ivan Puente proclamado en Conxo Coroceiro Nacional, nen iso necesitaba xa que falaba de sobra na pista coa súa actitude e co seu xogo apisoadora. Tele-Varal ofrece unha reseña da súa brutal xeira nista súa primeira tempada na LNB coa que foi capaz de cubirse de xestas e gloria.


A elección de Iván do tema de Obrint Pas para xogar na pista segundo as declaracións do propio Coroceiro Nacional, parte da visión do espectacular LipDub catalá , na GaLiza estase a traballar na realización dun perfomance visual distas características no que a LNB terá un moi importante peso específico , todo iste examio de sons, letras e actitudes dispara a posibilidade para que a LNB realice un LipDub propio no que participarían os palanadores e palanadoras de tódalas conferenicas, arrinca pois a elección de canción para o LipDub billardeiro, para que vaiamos pensando nada mellor que coller e botarlle un ollo ó novo número da revista A Bilharda orientado ó poderoso universo lusófono do que tod@s formamos parte...bilharda sempre , adiante co LipDub!!