O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 06, 2011

OS BRUTAIS ACONTECEMENTOS DO I ABERTO DO COUS-COUS DE MARRAKECH ENSOMBRECERON Ó DERBY DO MAGREB ENTRE MARROCOS E ALXELIA!!


Foron centos os incrédulos que se rías polo "baixini" cando se anuciou o Aberto do Cous-Cous en Marraquech , pois ben , clavade ben os ollos niste visión aerea da espectacular plaza Djemaa El Fna coa mesquita de Koutoubia ao fondo , xa que ó caron da mesquita se desenrolaron as alebrestrados acontecementos que case ramataron nun conflicto diplomático entre Galiza e Marrocos . Nistes intres está no ar a pomba que trae a espectacular crónica da primeira acción LNB en territorio africán e musulmán , unha aposta polo reforzamento do eixo de mal no cal a billarda é un punto de conexion irreflutábel entre culturas irmáns coma a galaica e a bereber, máis xa podemos adiantar que a intrusión de elementos externos coma o partido de futbol clasificatorio para o Copo de África entre Marrocos e Alxelia puido marcar o primeiro secostro express de activistas LNB no magreb, canto estaría disposto a pagar Feijoó de producirse a detención distes palanadores xa que ó ser confundidos con siareiros da seleción alxeliana tiveron que facer fronte a varioas ducias de marroquís enfervorizados , isto unido á defensa á ultrnnza da independencia dos irmáns Canarios xa que ó principio de acordo para a celebración do Aberto no que a LNB asumía a marroquidade de Ceuta e Melilla os guias e demáis palanadores marroquís empeñábanse en meter ó povo canario ante a total oposición dos activistas LNB que defendían a livre autodeterminación das illas , todas istas discusión con paus e billardas polo ar fixeron que aparecera en escea axentes da xendarmeiría marroquí....sen dúbida se os irmáns de Filmika Galaika queren argumento para unha peli , o alakrana ó carón disto dunha auténtica pijada, atenos porque en breve as explosivas imaxes e o crónico do máis perigoso Aberto de todos cantos se ralizaron ate o de agora na LNB , pega os fuciños porque chega a brutal foto-reportaxe do I Aberto do Cous-Cous de Marraquech!!


Sen dúbida o poderoso universo musulman comeza a afiar as billarda e a LNB cada vez está máis preto de establecer contactos co integrismo billardeiro ,e non só iso xa que atención porque non podemos mais que agradecer o enlace do web-blog irmán virxe do karma que nos puxo sobre a pista dunhas fotografías capturadas por el en plena rúas da cidade sagrada do hinduismo Varanasi para demostrarnos que o Giili Danda coma a Billarda está mais vivo e belixerante ca nunca ...Musulmáns, Hindús e galaikos unidos pola revolución billarda!!