O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 01, 2011

TELE-VARAL E RADIO CABALINHO ....O PULSO ACELARADO PARA AS FINAIS NACIONAIS FEMININA E DE VARADOS!!

Dende as primeiras horas da mañá do pasado domingo moi poucos palanadores e palanadoras puideron dormir tranquilos sen repasar insistentemente sobre o colchón de follas de Millo Corvo imposíbel unha e outra vez os golpexos atinados e errados na pista de Conxo , xogadores , siareiros, árbitros, delegados , coordiandores e un longo insomnio ilegal de etcéteras asexan en foma de pantasma na longa noite de pedra de cadanseu palanador ou palanadora. Reyes, a maxistal palanadora dos Outros proclamada nova campioa nacional feminina nunha espectacular final fronte á emerxente figura da Conf. Centro Raquel , é sen dúbida unha das que escorrentes sen problemas calquera pesadelo xa que o xogo despregado na pista foi sinxelamente arrebatador, unha campiona nacional que xa o era coa súa implicación e o seu xenio despregado en cada Aberto simplemente chegou a Conxo recoller o que dende fai varias tempadas xa lle pertencía. Noraboa a Reyes e a todas as palanadoras cuxa actitude e compromiso é un perpétuo referente e reflexo para toda a serpe multicor da LNB...palanadoras sempre , adiante co Varal!!

E se Reyes afirmaba nos micros de Radio Cabalinho que o seu segredo para voltar cara Ribadeu co título de campioa nacional eran os grelos , o seu veciño dos Billardeiros Musicais Daniel , non destapou a súa pócima segreda cal cal se fixo co título Nacional de Campión de Varados nunha final na que de novo un único varado foi o que chimpou ó máis alto do pódium ó gran palanador Musical e Ribadense. Felicitaciós a eito para todos os especialistas en Varados e atención porque tanto o campión nacional de varados coma a campioa nacional ista find afian as billarda para nas terras do NorLeste iste sábado en San Miguel ( Barreiros ) participar no gran Aberto de Flores e o domingo invadir a feira de xogos tradicionais de Muimenta Xotramu na segunda edición do Aberto da Filloa....Varados Sempre , adiante co Varal!!