O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 19, 2011

DORRÓN PREPARA O CERCO PARA EVITAR UN NOVO ATAQUE DAS AMEIXAS RADIOACTIVAS ÓS PALANADO@S NO FRONTE SALNÉS!!

Dorrón o vindeiro sábado 23 vai ser un fervedoiro absolutO, cara de can en moitos palanadores e palanadoras que queren desquItarse do rodiño que pasou Gines dos Remourella Bulls sobre o céspede artifical de Noalla . Moitísimo malestar nas filas da Faisca por non teren un desfibrilador a pé de pista co que atender ó seu palanador PInto abducido por unha ameixa en pleno desenrolo do xogo segundo as psicofonías captdas polo satélite do varal >> Podemos observar como un palanador sofreu o brutal atauque da ameixa radioactiva e era tal a súa ansia por xogar que non soltou o palán nin ás portas da morte.
TRAMPA E TONGO que Luis de bateas creou para evitar o terreo blando da herba artificial. Un tongo en toda regla que Xan rodiño permitiu, ainda que participantes do torneo mostraron o seu descontento e fixeron mención ó manual de base da LNB. O terreo é o mesmo para todos, hai que xogalo. No próximo aberto en terra levarei unha plaqueta da cociña da miña nai....adiante, billarda ou morte!!

2 Comments:

  • At 3:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Os trampeiros de sempre

     
  • At 1:23 PM, Anonymous Anônimo said…

    Non penso que sean trampeiros, son argücias que permite o valeiro legal das normas do xogo.

     

Postar um comentário

<< Home