O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 11, 2011

O BRUAR DAS BILLARDAS NA PASTORIZA E MANZANEDA ECIPSAN TOTALMENTE A SILVERSTON!!


PODIDIUM DO ABERTO DO REQUEIXO NO CIRCUITO DA PASTORIZA....só faltou a botella xigante de likor café a presión co que regarse uns a outros e ós centos de afeccionados de cada unha das escuderías: Bateas , Os Outros e Remourelle Bulls!!


O circuito da Pastoriza confirmou o que xa tod@s intuínaos....os motores do tractores e das billardas atornaron a chaira e fixérono para quedarse. Luis dos Bateas que saía coma un dos favoritos da grella de saída confirmou os pronósticos e untouse de requeixo no màis alto do podium, mentras na altirude de Manzaneda Xosé Migule e Lito conformaron un tandem que xa fai acender o lume cara á invasión do espazo ourense. Exitazo sen paliativo niste arrinque de varán fatal e para mostra unha bosta xa que e breves imos despatar o explosivo crónico do Aberto de Manzaneda con fotos exclusivas e cun intenso aroma a merda de vaca emanado do espectacular soporte que utilizan nisas latitudes para facer de base dos bolos, Atentos ás pantallas !!