O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 13, 2011

O COROCEIRO NACIONAL ESTARÁ NO GRAN ABERTO DA LANZADA COA AMIAZA DE INDEPENDIZAR GZ POR TERCEIRA VEZ SE FAI FALLA!!

Son moitos os frontes nos que a LNB está inmersa e un dos principàis é ise foco de infección turística chamado SanXenXo , mais un ente supremo estará alí , trátase de Iván Puente o recentememe proclamado Coroceiro Nacional disposto a presidir iste Aberto e incluso a independizar Galiza por terceira vez se fai falla... Será iste domingo pois en colaboración cos irmàns da Asociación Xuvenil A Esmorga, colectivo que tivo e seu gran bautismo de sangue billardeira no pasado Xerro do Salnés e que con ista acción en Noalla confirman a súa filiación perpétua coa LNB. Será pois Noalla e o Salnés un dos epicentros dista find mais non o único preparade os makutos porque no serán do sábado un xabarín estará agardando polo campión do xa mítico Aberto do Festival da Chaira na Pastoriza e simultaneamente no festival da Terra e da Lingua de Moinho do Pedroso en Narón estarán as billardas polo ar impulsadas polo espírito indomábel do Comandante Martinho que nos olla dende arriba na celebración dunha nova edición do referencial Aberto ärtabro . Arricamos mollando os pés nas augas da praia de Noalla.

O Coroceiro Nacional di que aínda estades a tempo de anotarvos para o gran xantar de irmandade: / Contacto>>649.325103

Antes do aberto haberá unha comida por 15€, que inclúe:

  • entremeses/pinchos: empanada, tortilla, luras e langostinos.
  • parrillada de carne
  • bebida
  • sobremesa e café
ESPECTACULARES PREMIOS NO ABERTO DE NOALLA:

1º Saco de ostras + bolsa de limóns
2º Caixa de albariño
3º Bolo de pan + chourizo + queixo
4º Camiseta
Varados: botella de viño

E NA CONFERENCIA CENTRO ESPECTACULAR PREVIO EN TORDOIA PARA AFRONTAR O EXPLOSIVO ABERTO DO DÍA DA PATRIA EN COMPÒSTELA!!

Un ano mais a Asociación Cultural Brisas do Quenllo celebra na Pontraga (Tordoia) a Romaría Galega.
Este ano facémola o dia 23 de Xullo e este é o programa:
Grupo de Baile e Banda de Gaitas Brisas do Quenllo
Grupo de Baile Camiño Real de Poulo
Cuadrilla do Pan Quente
Antón Castro "de cantar e de contar"
XII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos...
  • Os Serranos (Águeda)
  • Buxainas (Cedeira)
  • Brisas do Quenllo (A Pontraga-Tordoia)
  • Vai de Roda (Rianxo)
  • Pilarica (Valladolid)
Tropa de Trapo "contos coas mans abertas" O afiador Rodesindo da Barrosa
Flor da Maquía, Faíscas da Pontraga, Charanga "Vai de Roda", Bouba...
Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha pequena mostra de folclore do noso e do resto de tribus ibéricas, escoitar contos, música.. e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.... nós xa imos estar ali!! esperámosvos! *Para máis info neste correo: brisasdoquenllo@gmail.com
Asociación Cultural
Brisas do Quenllo
A Pontraga - Tordoia