O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 31, 2011

O IMPARÁBEL TSUMANI BIEITEIRO INVADE TAMÉN A CELEBRACIÓN DOS ¨QUIRINAL LIRIU ESPOR¨ CAMPIÓNS NACIONAIS DO CNL DE ASTURIES!!


Imposíbel para o inimigo deter a brutal ofensiva bieiteira que está a invadir a todo o universo billardeiro, de titánico se pode considerar o esforzo dun palanador que ista find asistíu a unha boda e tivo que soportar a terríbel desfachatez dun brinde colonial feito cun cava de fóra , bodas gays , hetero e de gardacivís ( na que fai un par de semanas se puido ver desfrutando¨de lo lindo¨ a un grande palanador dos Lideiras ) NUNCA MÀIS SEN ESCUMOSO BIEITERIO- E para que iso non acontaza a LNB xa estableceu ademáis da xa coñecida base de produccón en Nogueira de Muñiz unha outra factoría do máxico churume en Remourelle para en breves cada celebración que se prece poder dispor en calquera punto do país dos xa indispensábel tsunami de ledicia e emoción que representa cada grolo e moladura de Escumoso Bieitero.

QUIRINAL LIRIU ESPOR , CONFIRMA A GRANDE SORPRESA EN PIEDRAS BLANCAS Ó CONVERTERSE NO CAMPIÓN NACIONAL ASTURIANO_11 DO Conceyu Nacional de Liriu!!


E iste domingo só faltou unha regadura de Escumoso Bieiteiro para no gran teatro dos soños da Auténtida en territorio Asturiano, A pista cuberta de Piedras Blancas, poder celebrar o espectacular triunfo dunha das equipas fundacionais do CNL , Quirinal Liriu Espor , despois de varias tempadas mantendo o tipo foi precisamente nista na que o equipo con sede no barrio da cidade de Avilés logrou conqueirir o triunfo nacional do país Astur. Pravia e o Comanadante Hevia brindaron con sidra autóctona xunto co machetador galaico da súa equipa Xermán nunha nova data histórica para deporte Liriu e adicaron o triunfo ós seus compañeiros e siareiros que arrimaron o ombreiro durante toda a tempada e confiaron dende sempre nista alebrestada proposta na que a principio de tempada naide podía prever iste gran final- Luis de Espora venceu no Aberto posterior , machetador intratábel tanto na serie de equipas coma no abiertu e puxo punto e seguido a unha aventura que moi pronto terá a Auténtica defendendo a Copa Cantábrica....Liriu Sempre, Adiante co Varal!!

5 Comments:

  • At 9:14 AM, Anonymous Dume said…

    Igualdade

     
  • At 9:54 AM, Anonymous Anônimo said…

    ...unha ostia ben dada Antrospinos!!

     
  • At 1:54 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero deixa de dar pena e vem-te pra Xapom. Eiqui polo menos nom nos conhecem.
    Viana

     
  • At 3:29 PM, Anonymous Admiradora said…

    Que guapo sae Villarino nesa foto

     
  • At 11:35 PM, Anonymous Anônimo said…

    e o sombreiro que lle queda moi ben

     

Postar um comentário

<< Home