O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 14, 2011

O MÍTICO XABARÍN DO FESTIVAL DA CHAIRA FAI SALTAR TODAS AS ALARMAS, MECAGO NA CONA...MORTE AO SEPRONA!!


Por fin chegou o gran día , será iste sábado 16 na xa mítica praia fluvial da Riboira , en Baltar na Pastoriza donde cheiro da xabarín embravecio se misture de novo cos sons e suores de palanadores , palanadores, músicos e festivaleiros que unha nova edición acudamos famentos de festa emoción fortes ó referencial Festival da Chaira artelado polos irmáns da Chainza.

Atención porque se che parce forte o cartaz no que os Billardeiros Zënzar far,án returbar a chaira enteira fóra de cartaz agárdanse sorpresas xa que despois do xantar de irmandade e entorno ás mesas de Madia-Leva e M de Meira se fará unha gran rolda conxunta de cafés e chupiños da terra ao que todos os comensais da acampada están convidados e palanadores e palanadoras que cheguen antes das 17 h. para ir quentando a boneca na explosiva sobremesa República Billarda.

E de seguro que un dos estalos que sairán despois de mollar os beizos co licor café será o espectacular paso adiante que os irmáns da equipa de futbol da Pastoricense proxectan por en marcha xa que nos Aberto do Xabarín será donde debute mundialmente a sección de billarda diste xa referencial clube que ó contrario que o Barcelona eliminando seccións eles dan o paso de ser o primeiro clube de futbol do mundo en ter secciñon de Billarda_

Mais tampouco queda haí a cousa xa que será durante a desputa e previso do Aberto de Billarda no espectacular marco de Baltar ó carón do río , donde faigan a súa presentación mundial o aterraodres EXTENSIÓN AGRARIA , un grupo formado entorno ó univeroso da LNB cunha incendiaria sesión-ensaio a pñe de pista de toma de posicións sonoras e que fará o mesmo efecto no publico que nas troitas se se lanzara un cable de alta tensión á auga.....Mecago Na Cona , Morte ó Seprona!! ise será un dos temas que Extensión Agraria interpretarán ao cru en protesta pola situación de fuxido na que ten que estar o xabarín polo que o gañador ou gañadora non o poderá levar no intre senón que a posteriori se lle darán uns parámetros para atopar o zulo da liberdade donde está o xabarín fóra das poutas dos miserables do Seprona- Contacto directo: 699.362061


Foi o primeiro dos Abertos celebrados nun festival , e como non podía ser doutro xeito continúa mais vivo e latexante ca nunca, cun espectacular cartaz que pecharán a festa Os Dios ke te Crew que cos primeiros xostregazzos do seu novo disco xa están a deixar sen fala incluso ós ouvintes de radio 3 , e abrindo na tarde do sábado as billas da bezouqueira da LNB coa mesma forza e ilusión que o gran comandante Martinho nos ensinou cando nos abríu por primeira vez as portas do Moinho do Pedroso porase en marcha unha nova edición do Aberto ártabro de bilharda- Contacto_ 636.280513

E DENDE O VENRES TODA A FIND , O SALNÉS ARDE CO FESTIVAL NOALLA VIVA!!
Or irmans da Asociación Xuvenil A Esmorda non se andan con comedias , venres e sábado festivalazo cun cartaz de infarto e o domingo de Abertazo de billarda>>


E para repor forzas despois dun sábado con máis electricidade ca unha silla electrica , que mellor que o domingo achegarse á beira da praia da Lanzada para ó carón do Coroceiro Nacional atreverse dende as 18 h. a loitar polo saco de ostras e sobre todo desfrutar dun marabilloso serán cun entorno e cunha compaña de luxo. O Aberto de Lanzanda marca ademáis a inmersión defintiva coma franquicia LNB da Asociación Xuvenil A Esmorga que amiaza con infeactar de billardas o Salnés enteiro. Contacto_ 649.325103