O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 17, 2011

A RODA D´ATRÁS PELDE...E PERDEU NO BRUTAL FIN DE SEMANA BILLARDEIRO-FESTIVALEIRO!!


Non estades a delirar non, é Flores invadindo o esceario duranta e proba de son dos irmáns de Zenzar que estaban a interprepar o seu terma billardeiro composto por Toño Randeeira , nun intre de confusión e baixón polos fallos no equipo de son, o noso seleccionado nacional subíu ao escarario para a atraer a xente adinte durante a súa interpretación de dous impecábis chistes que se pode dicer que fixeron renacer o ánimo a toda a xente para afrontar un gran festivla que nis intre estaba no ar. Preme e desfruta co brutal video-estalo de Tele-Varal que captan ista intenso acople Flores con Zenzar e que coma xeito promonitorio fala dun chinés nun intre no que se traballa a reo no primeiro Aberto de Billarda no continente asiático que será na cidade xaponesa de Tokio- O como de haikus temos que empaparnos lanzamos tamén os twitter-estalos chegados dende a pista de Lanzada no Aberto de Noalla:
Tele-Varal informativos, despois dunha longa ausencia por mor dun retiro espiritual, Pinto reaparece nas pistas do Salnés, para a desputa do aberto de Noalla-Xan rodiño parécese cada vez máis a Castelao - Condicións metereolóxicas , rachas moi fortes e vento . A pista é de herba artificial , todo un reto! -primeira polémica, hai xente que quere utilizar bases para a billarda, tongo na Lanzada gritan dende o graderío - Xan rodiño sáe voando e haino que ir buscar a Poio-Luis Bateas enfróntase ó seu pai e iste ameaza con botalo da casa- / ó final no Aberto da Lanzada Gines dos Remourelle Bulls conseguíu o histórico primeiro triunfo dun palanador do norte nas terras da Conferencia Sur como se puido ver de madrugada confimado polo noso referencial O Varal Facebook>> En Noalla no Aberto disputado dentro do festival Noalla Viva saiu vencedor Ginés, dos Remourelle Bulls, seguido de Iván dos Bateas, e terceiro Luis Camiña, de Almuinha - / O sábado as billas da Bezouqueira tamén estiveron no Aberto ártabro no festival da Terra e da Lingua de Narón-


Impresionate os tres trofeos cos que unha edición máis o refencial festival da Chaira permiaba ós tres primeiros clasificados, ó xabarín escondido nunha corte engadíase a estatuiña representativa para o gran campión do multitudiario aberto, pero outra gende sorpresa estivo presente , foi a primeiro irrupción brutal no universo LNB do xa coñecido coma ESCUMOSO BIEITEIRO , o cava galego que fixo auténticos estragos durante e non fin de festa durante a entrega de premios que moi pronto imos destapar os frontes burbulleiros que en Baltar se abriron ..


Unha pequena representación dun aberto nos que os pariciapantes despois das xa clásicas molladuras de viño, cervexa , cubalibres, chupiños .....tamén foron todos empadados en auga polo intensa chuvia.


Para mostra un botón, os centos de siareios situároinse na calidaz da cantina e resgardados da chuvia seguiron a intensidade dun dos grandes Abertos do verán billardeiro


Do acolledor clima que reinou nas primeiras carreiras á treboada final que puxo en perigo incluso a celebración do festival , o empurre de músicos e organización á imaxe e semellanza dos palanadores e palanadoras da LNB que nen por un instante pensaron en suspender o Aberto fixo que todo seguira o seu curso natural e implacábel..

E á hora do xantar a intensidade chagou a límites insopeitados , xa que no espazo de M de Meira creouse un Set LNB no que despois do xantar e durante o café e chupiños prioduciuse o agardadísimo e brutal debú ao vivo de Extención Agraria , o grupo formado por palanadores da LNB realizou un asalto sonoro dos que deixan pegada , haberá un especial con videos e impresions dista acción sonora que nun instante logrou atraer ó set da LNB a toda a xente das mesas e do entorno do esceario principal facendo incluso que músicos antes de probar son se unirán ó delirante proxecto Extención Agraria formando así un Som Sistema lexendario , atentos ás pantallas para coñecer o explosivo single que apresntaron con letra de Suso dos Remourelle Bulls: gústasme.... coma os cochos a merda!! e a versión instrumental en clave afro-beat do seu éxito "Parcelaria non" -

Festa rachada antes do Aberto, Extensión Agraria como non podía ser doutro xeito deixou semente de victoria e un dos grupos emerxentes de Meira colleu os instrumentos e continou a festa na previa ó gran Aberto da Chaira.


Iván de Bateas e Coroceiro Nacional proclamouse vencedor niste Aberto de Xabarín ampliando así a súia lenda tamén a terreos tan complicados coma o da herba e a lama , Reyes dos Outros estivo a piques de dobregar ó do Salnés pero non puido ser e Xermán de Ekipa-Bítere continúa demostrando o seu gosto polo pasto fresco pacendo coma quen non quere a cousa o terceiro posto, atención porque foron moitas e intensas cousas as que se realizaron baixo a chuvia de billardas no gran festivla da Pastoriza que pouco a pouco imos ir lanzando....ruxe a chaira, adiante co Varal!!

2 Comments:

  • At 2:05 PM, Anonymous yeltsin said…

    Benvido spartak de muimenta

     
  • At 2:13 PM, Anonymous Pinto said…

    Paseino moi ben no aberto da Lanzada. O mellor foi cando fun facer surf na praia.
    Busco moza con coche. Non importa o físico.

     

Postar um comentário

<< Home