O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 08, 2011

BILLARDA SI , PARCELARIA NON....TELE-VARAL AMOSA A BRUTAL ACTUACIÓN DE EXTENSIÓN AGRARIA NO ESCEARIO ESCUMOSO BIEITEIRO DE BALTAR!!

Extensión Agraria puxo riba do prado de Baltar a súa brutal proposta , un paso adiante sen precedentes que consolida as iniciativas criativas entorno ó burbulleante entramado billardeiro , que se pode facer mentras non che toca xogar a túa carreira? .... pois formar un grupo sen complexos e con actitude impulsiva e desafiante ás normas e partituras que mete meto- Tele-Varal ofrécenos en exclusiva mundial ista xa histórica actuación de Extención Agraria erguendo voo no escearaio Escumoso Bieiteiro do festival da Chaira en Baltar , e atención porque se os pillas sen bérragos nas costas quizais poidas contratalos _ chankli_12@hotmail.com

Inundados de enquisas sobre as eleccións xeneralísimas do 20N a gran tribo estornela contraprograma os sondeos oficiais comezando a lanzar sondaxes sobre quen será o campión ou campioa do vindeiro ABERTO do Fouciño de Ouro que se desputará iste sabado 13 no contexto de mítico e referencial Pino Folk . E foi iste domingo cando en San Román en Cervantes as billardas trazaron o camiño que só os mais valentes se atreverán a rematar ó carón da refencial Palloza Museo do mítico Piornedo iste novo Mércores de Txampions , bilardas e dentes afiados de novo para coa máxima intensidade viver un intre máxico no mais alto dos Ancares , será apartires das 17,30 H. no denominado Torneo FELGALCAT de billarda que terá un trofeo que deixará sen alento ós tres palandor@s que consigan podium. Ancares Sempre!! 659.628892


E se a billarda tivo e terá como é lugar compañeiros de viaxe do máis dispar e singular, no referencial San Xoan de Río, concello ourensá archicoñeciño no universo billarda por fai uns anos co anterior governo municipal aplicar todo o presuposto en deporte á practica de billarda, hoxe nise antaño paradiso LNB atopamos ista estampa na que petanca e billarda camiñan xuntas polas silveiras. A implicación absoluta do actual campión olimpico Xosé Miguel , aborixe diste concello , para que ista Aberto se denominara I Aberto anti-feixista de San Xoan de Río motivou a suspensión do mesmo na data orixinaria da pasada find para poder gañar tempo e desnaturalizar a activiade axuntándoa coa petanca nun día tan hostil para tribo proletaria da LNB coma un mércores ás 18,30 h....San Xoan de Río billardeiro Sempre, nen un paso atrás nen para coller impulso!!