O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 19, 2011

NO TEMPO DOS SPUTNIKS, LABREGOS E BILLARDAS ALIANZA CONTRA O TURISMO DEPREDADOR ISTE SÁBADO EN BORDÓNS!!

Por desgraza nen O Leo , nen García nen Verio estarán en Bordóns na brava parroquia de San Xenxo nunha nova edición da festa labrega que ista find se celebra nisas terras do Salnés - NO seu lugar e coma mesma intensidade estarán as billardas e sptniks da LNB tatuados coa forza poética de Celso Emilo , billardas sobrevoando o país dos ananos , sachos, gadañas e fouciños para a inmersión billardeira dos astronautas da LNB no planeta Bordóns >> Dia 20, 17h, na igrexa de Bordóns celebraraso o Aberto de Billarda coma actividade da festa labrega que festexan nesa parroquia de Sanxenxo. SEGUNDA FESTA LABREGA; A nosa festa constará de unha importante FEIRA DE ARTESANIA , obradoiros infantís, xogos tradicionais, espectáculos folclóricos, Churrascada a preciós módicos e QUEIMADA GRATIS. Despois haberá música ata madrugada. Animate e acompáñanos O DIA 20 DE AGOSTO. Aberto labrego de Bordóns, contacto>> 649.325103

Por desgraza a nova mutación dos referenciais Ilegível non estarán actuando en Bordóns aínda que si os seus componentes estarán na pista de xogo e inxerindo cubalibres dun trago , botádelle un ollo á brutal axenda dista finde no coran festivaleiro dos irmans de malmequer , unha recomendación xa que na Pontenova que ista tempada estrearase coma sede oficlal con Aberto puntuábel denominado Aberto das Minas , iste sábado celébrase o festival que leva ise nome e que inclúe unha espectacular ruta barítima polas taskas da vila no que as billardas brilarán nas cuncas- E atención xa sabedes que se queredes botarvos ó monte o Manual de urxencia do Activista LNB está o voso dispor para en calquer intre e calquer lugar montar un Aberto Furtivo>> Bilharda: tem passado, tem presente, tem futuro; bilharda.

1 Comments:

  • At 9:00 PM, Anonymous Anônimo said…

    Mi madriña!! Dou grazas por que é curto!

     

Postar um comentário

<< Home