O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 17, 2011

OS EIDOS DE NOVONEYRA PRESENTES NA ACCIÓN DE XUSTIZA POÉTICO-BILLARDEIRA NO ABERTO FEGALCAT DE PIORNEDO!!

Terras outas e soias / Terras longas mouras!/ Eu son esta coor de soedá / Ancares soñados co lonxe! / Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do / Candedo ás Moás! ..... Sen dúbida na nosa brutal acción de XUSTIZA POÉTICA non podemos esquencer os clásicos e ó carón da màis raibosa actualidade que deixan os regos no océano da Tinta de Lura temos que reivindicar hoxe màis ca nunca activistas da palabra tan referenciais coma Uxío Novoneyra , poeta do Courel e por extensión dos Ancares que estaría e de seguro está orgulloso de accións biltardeiro-poéticas tan potentes coma a realizada por toda a tribo LNB a semana pasada priemiro en Cerventes e despois en Piornedo como amosan a impactante docu-reportaxe de TELE-VARAL. Os irmans de FEGALCAT puxeron o cebo e a LNB puxo a poética , así se poden construír grandes cousas , se queres podes polo que se queres patrocinar , artellar ou interaccionar coa LNB aínda estás a tempo, ponte en contacto, mentras nós xa tatuamos Os Eidos e o Vietnam Canto na pel ardendo das nosas billardas...Piornedo, Xustiza Poética-billardeira!!