O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 12, 2011

CARTA NA FIND DO RESTAURANTE LNB: DE PRIMEIRO FOUCIÑO DE OURO E DE SEGUNDO I ABERTO-CROSS SAN CAETANO SEMPRE, O POSTRE NO MANUAL DE URXENCIA!!

Todo xa prepado nos teritorios da Conferencia Centro para unha nova edicón dun dos Abertos imprescindíebis do verán , iste sábado apartires das 16:30 na Carbaleira de Vimeiro ( Lardeiros) e mergullado no marco do festival Pino Folk , as estornelas da LNB collerán vóo para dilucidar a gran custon que ten en vilo istes días a moitos palanadores e palanadoras..quén se segará o seu orgullo interiro cos míticos fouciños de bronce, prata e ouro)) - Todo disposto , contacto directo: 654.232108


E dun festival o sábado a outro o domingo, do Pino a Celeiro de Mariñaos e tiro por que me peta . Fai uns anos a festa entorno á capela do San Caetano estivo secuestrada por apropiación indevida aos veciños de territorio comunal , despois de que moitos palanadores e palanadoras acudiran daquela á chamada da razón e porse diante das escupetas que nos amosaban os apropiadores , a victoria como non podía ser doutro xeito caeu no bando dos veciños e o San Caetano voltou celebrarse tendo a festa da tortilla de novo coma gran emblema. Atención o sábado espectacular festival na Carballeira con Habelas Hainas, os explosivos e referenciais Tumba e Dalle que inician minixira que ó día seguinte nunha minixira galaixa estarán en Vilagarcía de Orousa e pechando a noite estarán os brutis Cuchufellos que interpretarán ao vivo o seu tema da República Billarda - Con iste previo moitos xogarán de resaca no I Aberto-Cross do San Caetano Sempre, un aberto de manual ( de urxencia do activista LNB claro) que non sabe de obstáculos para avanzar por riba de valados, coios e desnibéis posíbeis e imposíbeis...San Caetanos Sempre , Adiante co Varal!!- Contacto: 605.316896