O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 31, 2011

SEN POESÍA, MULLERES, BILLARDAS E ZOMBIS NON HAI REVOLUCIÓN, SALVATERRA 3-9-11 OU O THRILLER DA LNB SUR!!!!


A Conferencia Sur da LNB elixe como non podía ser doutro xeito o mítico aberto do Festival da Poesía en Salvaterra para iste sábado por en marcha toda a súa infernal maquinaria para o arrinco dunha tempada regular que promete grandes xeiras , e para facer saltar as alarmas utilizan a estélita e a ética de Gilli Danda para lanzar o corido e arrepiante video-estalo bollybudense no que mergullan as terroríficas facianas de zombis asexando para inscribirse nos abertos da conferencia abrazando o estilo no neo cine de terror-tropical que ten o estreo dista fita LNB e a primeira película de zombis realizada integramente en Cuba coma máximos referentes- ATENCION porque Xan da Morte asexa na arrincadeira previa ó incio de tempada na Sul , un festival o de Salvaterra no que ademàis dunha impresionante nómina de grupos e poetas riba do escerario , contará coa presenza dos irmáns do colectivo poético e de acción Tinta de Lura cos que iste pasado sábado xa estivemos nun micro-cosmos luro-billardeiro construíndo de madrugada e a uns km máis aló da Ponte dos Santos redes comúns de aramios de punta, polo que en Salvaterra de seguro serán tamén parte da gran asemblea aberta para a planificación diste gran lume chamado LNB2012...

E non será só a Sur a que se sitúe xa no trampolín para guindarse da cabeza no gran ----- dista nova e bulideira tempada regular billardeira repleta de emocións e sorpresas- Fai uns días puidose ver a palanadoras e palanadoras dos Remourelle Bulls realizando un satff técnico a centros de metros de altitude no mítico monte de Corneiría que deu nome tamén fai uns anos a outra franquicia referente total que foron os Corneiría-Team, ogallá que palanadores e palanadoras disa franqucia se animen a acudir iste vindeiro sábado ó Torneo das festas Patronais en Ribadeo que se celebrará ista edición en formato Aberto iste sábado 3 apartires das 16:30 h.na herba do CEIP Gregorio Sanz- E dende o web-blog da Conf. Centro xa nos lanzan o aviso para o próximo sábado 11-S estar preparados para participar nunha gran foliada na que a estornela será tamén un dos eixos principais , a cita en Castrofeito!!


Cunha actividade que bota por fóra non é de estranarse que nos teñamos que remitir á gran actividade colateral billardeira , o absolutamente referencial crónico en tot-belit de videos e verbas de lume no derbi catalá e ver a MARTI realizar isa xa mítica entrevita no Canal de Noticias de TotBelit remita á imediata irmandade estilistica e filosófica con Tele-Varal , linguas e billardas polo ar , non hei mellor horizonte posibel para pensar en arrincar unha nova edición da LNB a lume de carozo é por elos que xa se suceden roubos e espionaxe industrial entre palanadores o relatado polo gran palanador astrugalaico de Tapia de Casariego, Muriego mentras meditaba en que torneo da tempada obsequiar cun dos seus exquisitos manxares que distribue baixo a denominación de El Viejo Pescador , agasalla a todos os Varal-adict@s con ista gran crónca do suceso extraida dos seu facebook oficial>> Os Chanfonetas Remourelle OLA DE ROBOS.Un tsunami de robos tase producindo en Galicia, primeiro foi el Códice Calixtino y ahora os planos del novo palán d'os Bulls. El Centro de Análisis d'as Pereiriñas (Remourelle), uno de los mas modernos y mejor dotados y con mayores medidas de seguridad del Hemisferio Norte foi víctima d'un dos mayores robos jamas producidos. El equipo Bulls, un d'os mas laureados da LNB perde unha d'as suas principales bazas cuando ta próxima a empezar a liga.