O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 21, 2011

EXTENSIÓN AGRARIA COLLEN O RELEVO DO CICLISTA LNB E POSICIONANSE COMA POSIBEL BANDA PARA A SINTONIA DA VOLTA CICLISTA GZ_2012!!


Impreiisnate actividade entorno á fuxida cara diante de Extensión Agraria , xa tendes ó vosa dispor o alebrestrado segundo asalto da acción sonora perpetrada no Abertinho de Vermú de Remourlle, nista ocasión os Extensión versionean un dos exitazos da priemiura etapa do grupo con campo base en Meira- E Atención porque a fervenza é tal que o caldo de forza fervendo na pota escorrega por tódolos lados e lévanos a anuciar que despois do exitazo colleitado na Volta ciclista a Galiza ista find por Rubén Sanchez, o ciclista-LNB , axilízanse as xestións para que Extensión Agraia sexa o grupo que poña B.S.O ó volta a gz do vindeiro ano donde en cada vila de chegada , se contempla a posibilidade da celebración dun Aberto de Billarda para revivier a xostradas ista mítica cita ciclista que se está a esmorecer-

RUBÉN SANCHEZ, O CICLISTA DA LNB , ACADA O OBXECTIVO DA VISIBILIDADE NA VOLTA Á GZ!!

De lamentábel teriamos que falar ó referirnos á cobertuda dunha volta ó pais galaico que se descoidan non sáe en tres etapas da mesma parroquia . O valenciano José Belda, un dos que partía coma favoritos, logrou o primeiro posta na xeral máis a quen carallo lle importa iso? Dende logo os nosos ollos estaban postos na figura de Rubén Sanchez, o xa mítico ciclista LNB, que representaba a toda a LNB e nós a cambio lle proporcionabamos un fantástico touciño entrefrebado para impulsar a bicicleta cara ó infinto- Nas dúas primeiras etapas Rubén non acabada de atoparse e en ambas estivo por debaixo do posto 50 máis na terceira foi a definitiva para a visibilización dista grande aposta da LNB , á hora de afrontar iste gran reto a idea que se lle transmitíu é que tiñamos que vencer a indiferencia do groso do pelotón polo que , se viamos perigrar o primeiro posto en algunha etapa, optar con todas as nosas forzas polo derradeiro , e así foi , como se pode observar na clasificación final da terceira etapa ....obxectivo cumprido, ciclismo e billarda sempre, adiante con Rubén e o ciclismo con dopaxe billardeira!!