O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 28, 2011

LNB NEWS CONVERTE A CASCARILLAS, NA PRIMEIRA MEGA-ESTELA BILLARDEIRA NO MERCADO SAXÓN DOMINADO ATE O DE AGORA POLO FUTBOL , O RUGBY E O CRICKET



É dificil defender unha trincheira e esperar que o corazón che pase a ITV, - Temos necerariamente que recurrir ós versos do gran poeta galego e arxina de adopción Calros Solla , para definir a brutal embestida por iste xerro de auga fervendo que deixa sen pelo o gran marrau do audiovisual galego. Tropa Lixeira BT moven os chantos de novo e invaden as leiras co primeiro parte billardeiro-internacional servido pola conxunción de Sky News e Tele-Varal International , convertindo ó palanador dos Tropa Lixiera , Cesar Cascarillas , no Fernándo Torres galaico cun tirón comercial impresionante nos paises de influencia británica que nos empurra xa a pensar en posíbeis Abertos a altas horas da madrugada para que o mercado sudafricán, asiático e das antípodas poidan ver en directo as evolucións de Cascarillas e do deu BT....billarda forever, Meira go up!!