O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 21, 2011

BURELA...BONITO E BRAVO É!!!!

Non había mellor peirao que o de Burela para a LNB-NorLeste botar a súa nave de buxo cara á gran trabesía dunha nova tempada regular . Xa ó teu dispor o video-estalo de Tele-Varal que procalmou a Guille campión vestindo a Monteira da TendaGaliza e a Martinho dos Bulls reivindicando o poder dista mítica e grande franquicia de Remourelle que sufríu dúas inesperadas baixas niste incio de tempada mais suplidas xa por dous fichaxes que van dar moito que falar na súa gran xeira búfala-

E que mellor que cargarse de boa música e de pan de barco para aguantar semellante viaxe cara a terra de Conxo , Marosa jazz project , o grupo no que o palanador do Buril participa, realizan ise fumeante e portuario beboop galaico que nos conecta cos escuros clubes de Nova Iorque e as Bahamas donde Oscar Peterson , Dexter Gordon , Dizzy Gillespi ....e tantos outros sementaron para que agora Roberto Bouça e a súa banda de cool jazz recollan. E atención porque con ista inmellorábel B.S.O preparamos as furgonetas coma os irmáns de Akelarre Muimenta porque seguindo as coordenadas do mapa trazado no varal-international sob un espactacular análise da billarda en Indonesia igual en breve temos que tirar cara alí , mais donde seguro temos que tirar é iste sábado cara Marin xa que alí coordinado polos referenciais Almuinha, se vai celebrara o gran e agardadísimo aberto previo ó inicio de tempada na brava Conferencia Sur da LNB....Pincha, Konda-Kondi e Billarda sempre, adiante co Varal!!

3 Comments:

  • At 8:25 AM, Anonymous Anônimo said…

    Geni patriota galega. A billarda é mais que un xogo e conseguiu que Geni xa fale galego

     
  • At 1:49 PM, Anonymous Anônimo said…

    Geni fala galego cando lle parece, como debe ser

     
  • At 4:33 PM, Anonymous Anônimo said…

    Geni fai moitos anos que fala galego, que eu sepa lo menos 31, o que pasa e que fala o galego que se entende, non o de moda,jiji
    MARKYTOS

     

Postar um comentário

<< Home