O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 16, 2011

A NOSA OFICIALIDADE FACÉMOLA NÓS...LNB2012 DESPERTA DO TEU SONO!!

Foi unha espera terríbel , naide quería coller o palán sen o chamado a filas xeral do xa mítico video oficial que se produz tódolos anos dende a productora Pincha-Viçom - Se Pulp Fiction recuperou a Travolta para o resto dos seus días , o Tarantino de Mos recupera despois dunha xeira en series B producidas en televisions locias coma da de Lourenzá ou Macedonia donde pensaban en Elvis como a seu novo salvador da patria ó estilo do baloncestisca Bo McCalebb, chega o despertar dunha estrela absoluta, o primeiro plano fortal de Elvis fronte á cámara sitúao ó caron dos grandes intres do cinema galaico coma o de Mamasucion diante do lume da lareira . Lume é co se resolve ista auténtica xoia de Pincha-Viçom , un lume coma o varado de Elvis se vai espallar dende xa por todas as conferencias na màis importante competición galega e unha das màis potentes do mundo dun desporto de seu...abre os ollos , xúnguete á LNB!!

Apresentamos tamén o posíbel cartón Billarda Sempre que a LNB estuda espallar por todas as pista para a un prezo de módico entre tod@s apoiar a autoxestion do seguro que cubre ista competición que racha moldes e dentes, porque non imos agardar por naides ...A NOSA OFICIALIDADE FACÉMOLA NÓS!!

E o priemeiro xostregazo como non podía ser doutro xeito o dá a conferencia mae , arrinca pois no NorLeste co mírico Aberto do bonito a celebrar o sábado no porte de Burela a competición oficicial na LNB un aberto que ademàis terá unha explosiva refesta o domingo coa celebración do Abertinho do vermú en Remourlle apartires das 12 h donde o Abertinho será desamenizado por Extensión Agraria o grupo entorno á LNB que vai estrear as brutais composición que xa chegaron e que ti aínda lles podes mandar para ir confecionando un repertorio co que traben os micros coma os cnas collen as morrallas , non reteñas máis o teu impulso e manda a túa composición>> ovaral@hotmail.com - Mais depsois do vermú e ada tempestade sonora de Extension Agraria chegará a calma en forma de xantar de irmandade na Taberna de Lola...que alegría, alegrote, o rabo do año parroquial estará no pote!! e ademáis co manxar o Pitu Caleya e moi posíbel esteña acompañados por membros do Liriu que crucen a poza e esteñan no xantar e festa de irmandade encabezando o comando polo Comandante Hevia que ademáis chegará a Remourelle coa mente aberta para tentar pechar a actuación de Extensión Agraria no primeiro gran festval do Liriu-Rock que se celebrará en Piarnu entorno á celebración do prócimo Pitu Caleya. Contacto: 605.316896

Pregamos puntualidade para a desputa do Aberto do Bonito en Burela xa que hai moitas posibilidedes de cobertura televisiva do arrinque de tempada da LNB . O Colectivo Buril un ano máis e sempre , serán os ollos da serpe multicor da LNB que iste sábado invadirá Burela para unha vez mais trocar o touciño entrefrebado polo fantástico bonito, e xunto con eles ir artellando un novo recibimento do vindeiro ano pola hora galega e bañados en Escumoso Bieiteiro_ Contacto: 636.843377 / E atención porque a tribo da Conf.NorOeste informa que iste domingo vai haber no parque de Santa Cristina Abertinho e reunión para xestion da tempada>> O domingo no Parque de Santa Margarida realizaremos unha asemblea aberta para que se achegue todo o mundo que queira participar este ano na V edición da nosa liga. Falaremos de datas e localizacións para os abertos deste ano, e por suposto, tamén xogaremos un pouco. O domingo ás 17 h tod@s ao Parque!!


Foron os irmáns de Tropa Lixeira de Meira quen nos apresentaron o explosivo sabor e poderío brutal do Escumoso Bieiteiro e son eles os que dende o seu xa refencial web-blog lanzan baixo licenza Lixeira un explosivo video-estalo de presentación de franquicia . A tención porque M de Meira son pioneiro no circuito de festivais de cine alternativo fóra dos marco das grandes cidades achegando a creación audiovisual mais contemporaneo ó rural e serán un dos puntais na tentativa do tribo billardeira a asaltar festivais tan potentes e referenciais coma o de cans , ánimo e caldo de forza para todas as franquicias da LNB e para o noso ciclista Rubén Sanchez co que tod@s pedalemaos nista volta a galiza porque se todos ergurmos os paláns á mesmo tempo o mundo treme...Billarda sempre, Adiante co Varal!!

2 Comments:

  • At 12:58 PM, Anonymous Anônimo said…

    O aberto do Bonito fai referencia á beleza de Gil da conferencia sur?

     
  • At 4:08 PM, Anonymous Anônimo said…

    http://chuza.gl/story/lnb-2012-liga-nacional-bilharda

     

Postar um comentário

<< Home