O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 14, 2011

O CICLISTA RUBÉN SANCHEZ REPRESENTARÁ Á LNB NA VOLTA A GZ , COÑECE Ó NOSO CICLISTA NA ESPECTACULAR ENTREVISTA A FONDO DE TRONZADORES DE CUNETAS!!

[Espectacular saudo de Rubén Sanchez a toda a tribo-LNB]

POÑÉDEVOS CÓMODOS PORQUE A LNB DÁ UN NOVO GOLPE NA MESA , MENTRAS DENDE O SUR ULTIMAN OS PREPARATIVOS DE ARRINQUE UTILIZANDO O FÚTEBOL CON B.S.O DOS TERBUTALINA PARA ESCUPIR SOBRE ISE ANTI-DESPORTO CONVERTIDO EN MERCADORÍA , POLO OUTRO HEMISFERIO DO PAÍS, APRESÉNTASE A FIGURA DO PRIMEIRO CICLISTA-LNB QUE VAI PARTICIPAR DURANTE ISTA FIN DE SEMANA NA VOLTA CICLISTA Á GALIZA REPRESENTADO A TODA A TRIBO INDOMÁBEL BILLARDEIRA. EN EXCLUSIVA MUNDIAL APRESENTAMOS A ENTREVISTA CONCEDIDA POR ISTE XA REFERENCIAL CICLISTA GALEGO Á XENTE DOS TRONZADORES DE CUNETAS, O COLECTIVO FORMADO ENTORNO Á LNB DE APOIO ÓS CICLISTAS GALEGOS EN TÓDALAS VOLTAS DO MUNDO. POR MEDIO DO FACEBOOK DO VARAL E POR ISTE MESMO MEDIO , SEGUIREMOS A BRUTAL AVENTURA DO NOSO CICLISTA NA VOLTA QUE ARRINCA ISTE VENRES EN NARÓN, TODA A LNB CON RUBÉN...CICLISMO E BILLARDA SEMPRE!!

Tronzadores de Cunetas >> Hoxe entrevistamos ao ciclista afincado en Santo Adrao Ruben Sanchez, do Clube Ciclista Ourensán. Fai uns anos cambiou o palán pola bicicleta. Logo de participar nun aberto en San Xurxo (Lourenzá), no primeiro ano de existencia da LNB e facer un varado no seu primeiro golpexo preferiu tentar a sorte enriba da bici, e logo de gañar varias etapas e de dar moita caña por todo o estado español, o venres comeza a sua andadura na Volta a Galiza. A LNB quere darlle o seu apoio:

1) Como chegas de forma a volta a galicia 2011?

En principio moi ben, tras o primeiro pico de forma de xuño (que saíu bastante peor do que me tería gustado), o segundo pico de forma xiraba en torno a esta Volta. Os entrenos foron ben e a única percance que tuven en carreira, en Vigo, quedou nunhas queimaduras co asfalto e pouco máis.

2) Que che parece da reducción dunha etapa, disputandose nesta edicion tan so 3 etapas?

Pois unha mágoa. Que unha volta que en 2009 constaba de 5 días este ano sexa de solo 3. Máis días de competicón dalle máis valor a propia Volta en si. Ademáis cantos más días, máis oportunidades de victoria, este ano solo se poñerán en xogo 3 victorias de etapa e a victoria na xeral.
Pero mellor que sexan 3 días a ningún, que coa situación que vivimos coa escasez de probas...
Por outro lado, para min hai unha ventaxa con menos días de competición, porque é máis fácil manterse cos darriba 3 días seguidos ca 4, cousa de limitacións que asumín e manteño ainda hoxe, no meu xeito de afrontar este deporte


3) Ante a desinformación que existe ante esta volta, coñeces ben o trazado?

Ainda confirmei onte (o luns), que habían ser 3 etapas en lugar de 4, así que imaxina se coñezo... Do pouco que puxo de información a Federación galega na súa web, vexo que pouco coñezo na bici de por donde discurre a carreira. Quédome con que a segunda etapa é pola costa da morte, crequiña de Cee donde gañei etapa o ano pasado en Volta a Coruña, a ver si me sigue esperando boa fortuna por aquela zona... jeje. O que espero é que o recorrido sexa selectivo como para que a carreira estea entre os máis fortes, con eso confórmome.

4) Que obxectivo te marcas na volta?gañar unha etapa ou loitar pola xeral?

Gustaríame mellorar o 20º posto do ano pasado e loitar polo maillot celeste de mellor galego. Pero hai que ir coa ambición de loitar por todo canto se poida. Pero xa se encargará a carreira e nos irá poñendo no lugar que corresponda, en función de eso haberá que ir vendo porque se pode loitar



5) Sabes o nivel de participación que vai haber?

Non sei moito, pero ante a escasez de calendario a xente non pode deixar escapar as poucas oportunidades que hai, así que a participación seguro que será importante. Froiz será o equipo a batir, Guerola seguro que ven forte, non sei si Caja Rural e Azysa virán, os rusos do Lokomotiv, os portugueses do Loulé co galego Salgueiro á cabeza, os portugueses do Liberty que veñen de arrasar na Volta do futuro (Volta a Portugal sub 23)...

6) Como ves as escadras mais potentes do panorama galego como SuperFroiz?

Froiz sigue a ser a escadra máis potente de España non solo de Galicia, ainda que este ano non están a gañar con tanta facilidade os seus 4 fantásticos, pero para esta Volta... De Segovia ven de gañar a Volta a Salamanca, Vallejo quererá pechar ó grande a súa andadura no ciclismo, Dueñas que é salmantino intentará desquitarse da Volta da súa rexión, De Mateos é o vixente campeón e sabe estar sempre diante, Aser Estévez acaba de gañar o campeonato galego tanto en línea como en crono e de facer boa Volta a Valencia... O Cambre - Renault Caeiro cimentará a carreira en Adolfo Vicente e Maroño. Spol - Novacaixagalicia ben cun xove Raúl Medín que fixo boa Volta ó Futuro e con Gustavo Rodríguez (ex de Xacobeo) que sigue estando diante ainda que agora se dedica ó duatlón. Aluminios Cortizo chegará con Nohales como referencia e os 2 rapaces que fixeron bo campionato galego Riaño e Sousa, a ver que poden facer. No Vigués Asier Fernández, Mariño e o israelita Yoav, conforman un bloque de bastante garantía. A ver que tal se nos da.

7) Sería positivo para o ciclismo galego que a Volta fose dunha semana mezclando escadras profesionais e amaters, como por exemplo se fai en Asturias?

Teño que matizarche que en Asturias sucede eso gracias á participación de seleccións xunto cos equipos profesionáis. Así que tan solo os rusos do Lokomotiv participando como selección e a selección española que escolle De Santos para esa carreira, levan corredores amateurs. Pero é unha volta profesional. Do que ti queres falar realmente é das Voltas continentáis como o Circuito Montañés. Son Voltas nas que compiten equipos continentáis e amateurs, non poden nin continentáis profesionáis nin Pro Tour. Explícoche hai 3 categorías de equipos profesionáis: Pro Tour (como Movistar e Euskaltel), despois tan os Continetáis profesionáis (como Geox, Andalucía - Caja Granada e Caja Rural, a esta categoría pertenecía o Xacobeo Galicia) e por último os continentáis (como Burgos Monumental e Orbea). Desde logo que é bon unha volta máis importante! Eso significa crecer, pero como falábamos antes mellor que polo menos resista como amateur. Falábache antes do Circuito Montañés, unha Volta de en torno a unha semana que se facía en Cantabria e que era a carreira máis importante do calendario español, pois esta no non se fixo pola incapacidade para sacar adiante o séu impoortente presuposto. Para que vexas a importancia da carreira decirche que 4 dos gañadores das últimas 5 edicións foron: robert Gesink, Bauke Mollema, Tejay Van Garderen e Fabio Duarte

8) Mirando xa cara o futuro . . . ves posible dar o salto cara o profesionalismo?

É complicado porque empecei moi tarde nesto con 22 anos, polo que sendo o meu 5º ano xa son 26, así que pasar con 28... Conformaríame con ter por fin a oportunidade de correr nun amateur punteiro e nas condicóns que creo merezo, estaría ben poder disfrutar de eso unha temporada


9) A desaparicion do Xacobeo Galicia como equipo profesional foi moi negativo para a xente coma ti que espera ter unha oportunidade a nivel profesional?

A escasez de equipos en xeral, porque eu preciso da confianza de alguén para dar o salto polo que che dixen antes. Pero hai rapaces novos ós que se lles ve a proxección a leguas e como non hai equipos para darlles oportunidades... Como leín un día unhas palabras de Carlos Sastre; "o ciclismo é unha proyección da sociedade e está salpicado polos mesmos males ca ela" (Bueno a él leinllo en castelán que si escribe en galego, polo menos aquel día no fixo, claro... jaja. Pois eso, que hai crise, hai tramposos, embusteiros, ladróns... Como no resto da sociedade

10) Como esta o nivel da canteira ciclista galega?

Esta resúltame delicadilla porque non me gusta a resposta. Aser Estévez xa foi Élite este ano (a categoría na que nos catalogan ós mallores de 22 anos) e fixo boa temporada pero non rematou como gañando como facía en 2009. Adolfo Vicente e Sergio Míguez teñen bo nivel pero non chegan ó nivel dos punteiros españois sub 23, además creo que é o último ano sub 23 de ambos. A partir de ahí non vexo moito máis, os rapaces fixeron bo campionato galego pero era unha carreira de un día e non moi esixente. O maior telento que tiña era Pedro Macía que se viu afectado coma min pola desaparicón do Cidade de Lugo e prefiriu aparcar a bici un ano para centrarse na súa carreira de Medicina. O que me lembra a outra víctima máis da desaparición do Lugo, Jose Cerezo, que ainda con 26 anos xa, foi dos 5 mellores amateurs españois o ano pasado e non tuvo oportunidade profesional nin tampoco a de seguir no Lugo intentandoo outro ano. Ese caso quitalle un pouco a moral á xente que intenta ser profesional.


11) Sería posible implantar o modelo Euskaltel en Galicia?

O País Vasco está a outro nivel deportivamente do resto do país. Teñen unha cultura deportiva que non existe no resto. Polo que calquera deportista mesmo dos seús deportes tradicionáis (como sería o voso caso) e moi recoñecido. Así é máis fácil que a xuventude quera ser deportista. E hai máis de donde tirar á hora de montar unha estructura deportiva con equipos dende a base hasta o cume do deporte. Ademáis agora que se deixaron de intereses e parece que reman todos na mesma dirección aproveitandose da xente de todo o País Vasco e non sólo dos das estructuras que teñen convenios con eles... Por eso dera tumbos Gorka Izagirre hata chegar a Euskaltel, pero agora xa firmaron a Omar Fraile de Seguros Bilbao (cousa que non puideran facer no seu día con Gorka) quen debe seguir os pasos de Antón, Nieve, Landa. Recálcoche o da cultura e a cantidade de talentos na rexión porque tes o caso de Andalucía Caja-Granada que de cara ó vindeiro ano para rexuvenecer o equipo tirou de Román Osuna, campión de España sub-23, este si; pero os outros... Chacón, un ex-profesional medio murciano que tampouco fixo gran temporada este ano como amateur; Aguilar, xa lle deran fai tempo a oportunidade en algunha carreira e este ano a pesar de non andar moito acábano subindo e "roubáronlle" ó Caja Rural do equipo amateur a un catalán como Jordi Simón. O que quere decir que para subir a andaluces conformáronse co que había e ainda tuveron que ir buscar cousas fora, porque non os lembro eu outros anos buscando xente de fora de Andalucía. Polo que un modelo como o do Euskaltel é sempre xenial, pero donde mellor funciona é donde hai gran afición e xente que se poida involucrar coa estructura e sobre todo rapaces novos que medren en torno a ela.

12) Quen pronosticas que pode gañalo mundial en Dinamarca dentro de duas semanas?

Parece que a cousa vai de sprinters e si ten que ser así ogallá sexa Freire, pero Sagan, Bennati, Petacchi, Cavendish, Husvod, mesmo o mellor ciclista do ano Gilbert ou Cancellara intentando desquitarse probe algo.

3 Comments:

  • At 10:19 AM, Anonymous Anônimo said…

    FORZA RUBEN!!

     
  • At 11:43 AM, Anonymous Anônimo said…

    Moi boa entrevista Xermán. Saudos e ánimos para Rubén, desexándolle a mellor das sortes na volta nacional. LNB co ciclismo galego. Aguriño.

     
  • At 12:03 PM, Blogger ZIMMER103 said…

    A espectacular entrevista á froto dos xeniais "Tronzadores e Cunetas" Marcos dos Bulls e Valoría o Ultimo supervivinte de foz-santo adrao

     

Postar um comentário

<< Home