O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 29, 2011

TÓMALLE A ARRINCADEIRA O SÁBADO EN DORRÓN POLA CONFERCIA SUR E O DOMINGO EN NANTES POLO ALUMEAMENTO DA CONF. SALNÉS!!


Non hai verbas para expresalo , hai xa viño LNB fermentando no barrico e un novo e despiado video-estalo da factoría Tropa Lixeira para anucialo e celebralo- Iste sábado 1 de outubro ás 16 h. en Dorrón arrincará a competición regular na referencial Conferencia Sur [ 647.190789 ] e faino en territorio ConSal para apoiar precisamente só unha horas depois o nacemento do gran monstruo salgado cuxo alumeamento será o domingo 2 de outubro a na parroquia de Nantes donde a Conferencia Salnés [649.325103] comezará a súa andaina- E ademáis de poder seguir en tempo real os resultados da xornada no frenético facebook do Varal poderedes como se pode ver no xostregazo audiovisual chegado dende o BillardaLab de Meira , seguir tamén no Galizia en Goles da Radio Galega o acontecido nas pistas da LNB durante todas as intensas findes, pega a orella >> sábados ás 23:50 h / domingos ás 22:50 h!!

TXIRIKILA ETA LNB...DENOK GARA KUKUTZA!!

E non podemos quedar cos paláns no chan mentras en territorios irmáns coma o da Txirikila acontecen episodios tan terríbeis coma os sucedidos en Bilbo polo desaloxo do Gaztetxe KuKutxa, iste pasado xoves multitudinaria manifa para condear o desaloxo e derribo dun dos puntos clave en Euskal Herria nos que xa estabamos traballando para a presentación do disco República Billarda , derribarán o edificio mais non as ilusións deles e nosas polo que cos compañeir@s de KuKutza co disco e co palán na man pronto estaremos , de momento xa lanzamos a nosa txirikila no manifesto de condea a iste novo atentado do capital donde nos atopamos coa presenza dos irmáns de SIROKA, o grupo que representará ó euskera por primeira vez no próximo Liet International de Udine e que xa nos enviaron unha espectacular entrevista que moi pronto poderemos desfrutar para coñecer de preto a ista nova banda que está a revolucionar o panorama do rock euskaldum...JoTaKe, KuKutxa sempre!!