O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 18, 2011

O CONCELLO DE LALÍN DESPREZA AS CARREIRAS DA LNB E PATROCINA OS HOME-ROUNS!!

De novo temos que ceibar o porcoteixo enfurecido que levamos dentro contra unha institución que coma aconteceu no concello de Lugo fai uns anos, dilapida cartos nunha infraestructua inútil coma un descomunal campo de beisbol . Sería moito máis productivo para a cidadanía ter unha larada de porcos que mandatarios coma os que hai en Lugo ou Lalín , que é a vila na que os membros da Asociación Venezolana do Deza terán un emprazamento para as súa pachangas antes de que o prado se bote a bravo, así se prantexou o macro-proxecto beisboleiro patrocinado polo concello de Lalín no programa da galega a Solaina donde uns nenos manipulados polo anti-chavismo , serán os supostos beneficiarios da infraestructura. Sobran comentarios porque a realidade dunha situación económica tan crítica para toda a populación galega e unha baga de lume tan brutal como nós está atacando ante a parálise total das nosas institucións impiden incluso facer bromas co tema...as chanfainas e o touciño, para que saiban riquiños, hainos que coller cos dedos e os cachelos co garfiño, billarda sempre , adiante co varal!!

3 Comments:

  • At 11:58 AM, Anonymous Anônimo said…

    Son de Lalín e apoio totalmente a nova publicada, a cambio do voto para o PP nas eleccións do 20-N por parte da Asociación Venezolana do Deza o Concello cedelles terreos públicos para facer un campo de beisbol e oscurantismo tremendo nos medios de des-información

     
  • At 1:11 PM, Anonymous Anônimo said…

    Eu son de San Xoan de Rio e apoio totalmente os comentarios censurados hai duas semanas

     
  • At 3:41 PM, Anonymous Anônimo said…

    ¿Nom será o alcalde o auténtico cocido de Lalín facendo tal barbaridade?

     

Postar um comentário

<< Home