O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 22, 2011

DOCU-ESTALO TXIRIKILA 19N, PREME>> LICOR CAFÉ ZINTZILIK IRRATIA!!

Dúas únicas forzas saíron victoriosas nista pasada farsa eleitorial do 20N , Amaiur e o voto Chourizo na Galiza que abaneron a confortábel estabilidade democrática dista dictatura do capital. O recén nomeado presidente do governo xa anuciou que non se reunirá con nengunha distas dúas forzas polo que se fai máis necesario ca nunca ouvir a explosiva análise da actualidade social e política no estalo do referencial programa Licor Café que fan os membros do comando txirikila-billarda xunto con Carlos o director de Novas da Galiza que un día despois da celebración do Aberto de Pasaia pasaron pola emisora irmá de Zintzilik Irratia para comentar a xogada - Desfurade pois do son e das imaxes dun Aberto que se perfila coma o previo ó Galiza - Euskal Herria que xa está no horizonte... Xosé Miguel o campión do olímpico e do Aberto Aberto de Pasaia asina o fenomenal docu-estalo>> O sábado 19-N a txirikila-billarda voltaba a Pasai Donibane por terceiro ano consecutivo. No día anterior parte da caravana que se dirixía dende terras galegas a Euskal Herría foi interceptada pola Guardia Civil retrasando a súa chegada. En terras vascas pouco cambiaría o conto, xa que na única entrada por estrada a Pasai Donibane había un gran dispositivo policial.

Varios dos palanadores optaron por achegarse en barco dende Pasai San Pedro e aproveitaron a viaxe para fotografiarse coas obras de arte de Pasaia. Un deles foi o palanador uruguaio Gabri.

No concello de Pasaia situabase o centro de operacións da LNB, onde se instalaría a megafonía, que diferencia coas casas do concello galegas nas que ondean bandeiras que non deberían de estar.

A organización montaba o dispositivo básico para os abertos da LNB, varais, bandeiras, marcar as liñas:


Mentres tanto a canteira da LNB vasca adestraba, asegurando así o futuro da txirikila nesas terras.


Chegaban as 11 e tralo sorteo o comandante Mourinho explicaba as normas deste aberto, así coma o sorteo de grupos.
Comezaba o aberto con grande afluencia de público.


Durante o encontro os palanadores puideron disfrutar de balde de chourizo é sidra na cantina LNB.

O palanador galaico-vasco, Paulo de Burela-Errenteria para non perderse o aberto acudiu co seu fillo.

Avanzaba o aberto e ían quedando eliminados case tódolos galegos, ate chegar a unha final a 4 con 1 galego e 3 vascos. Como xa sabedes polo facebook oficial do Varal á primeiro posición de Xosé Miguel da faisca hai que unir o segundo posto de Aitor e na tarseira praza do pódium a Gartzi , neto de galegos polo que a sangue billardeira corre polas súas beas de txirikilari ....

1 Comments:

  • At 9:19 AM, Anonymous Anônimo said…

    O coche da policía vasca é igual que o de Otero.

    OTERO MADERO.

     

Postar um comentário

<< Home