O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 23, 2011

TENDA-GALIZA DÁ UN NOVO PASO Ó FRONTE DISTRIBUÍNDO A NOVA EDICICÓN DE PACKS-LNB!!

Cun novo exitazo de xestión e participación no Aberto da Conferencia NorOeste no Fronton de Riazor no que Xosé Rodiño foi enfundou a espectacular Monteira da LNB que o mrca para a posteirdade coma o primeiro Monteiro de Riazor da Historia. Unha iniciativa surxida dos Irmans da Tenda Galiza que xa invadiron de monteiras todas as conferencias da LNB xesto co que exemplifican a súa total implicación no proxecto global billardeiro maís só a primira pedra dun gran edificio que xunto con outras marcas comerciais estase a organizar entorno á LNB , de feito Tenda Galiza está a estudar a coordinación dun fronte comercial conxunto de marcas comerciais para impulsar e difundir a billarda e o consumo responsábel , é por elo que se queres que a túa marca , prducto ou actividade se una á fronte comercial no dubides porte en contacto_


E para mostra do compromido total coa revolución LNB, Tenda Galiza tanto na súa tenda física en Hío ( Cangas ) coma na súa tenda on line XA se poden abquirir os famosos Packs-LNB a un fantástico prezo nas súas versión billarda clásica de dúas puntas ou na mono-punta. Ó carón das pelotas de Celtc Rugby , da camisola da selecicon galega de futbol e rugby están xa as billardas porque Tenda Galiza leva a Galiza a calquera parte do mundo donde esteñas e dende agora tamén che leva as armas para que te unas á imparábel revolución LNB- E atención porque na brutal engranaxe alternativa xa están en marcha os impactantes pins-enxebres da LNB que moi pornto os poderedes atopar nos diferentes Tops-Mantelos que invadirán o país enteiro...República Billarda , Sempre!!